09/03/2026
Campionato galego promesas 2026 🥋
Este sábado estivemos por Cangas participando nun evento que nos gusta moito. Medallas aparte, que sempre gustan aos rapaces, levámonos para casa un s**o de aprendizaxes e experiencias para moitos deles novas. Agradecer ao por organizalo un ano máis de maneira tan impecable e desexar que este formato de evento que pensa nos máis peques e novos membros dos nosos clubs siga por moitos anos máis e incluso haxa moitos máis campionatos que fomenten o deporte de base. 💪🏼💪🏼
08/03/2026
Tanto dentro como fóra dos tapices queremos unha sociedade igualitaria ♀️💪🏼🥋
26/08/2025
Comezando a temporada con gañas 💪🏼
Un ano máis repetimos a nosa excursión veraniega ao Parque Acuático de Amarante para pasar un día fantástico en equipo. Aínda que falta algún despistado na foto, pasámolo de marabilla e quedamos rebentados de tanto tirarnos polos tobogáns 🛝💧
14/08/2024
Hoxe recibimos unha tristísima noticia, o falecemento de Juan, o director do colexio Quiñones de León, onde o club ten a súa sede. Gran profesional e mellor persoa, deixará un baleiro nas nosas vidas e na dos seus achegados. De parte de toda a familia do Seung Sport queremos mostrar o noso pésame tanto á súa filla Iria e ás súas netas, así coma a todo o equipo docente do centro. Que descanse en paz.
02/07/2024
II Torneo Interescolar de Técnica 🥋
Tiñamos pendente esta publicación porque a verdade que xuño foi un mes moooooi intenso. A principios de mes xuntamos máis de 120 competidores no para facer a segunda edición deste modesto torneo que tanto gusta ós peques e familias. O tempo acompañou e a xornada saíu redonda. Noraboa a tódolos participantes polo esforzo realizado, polas medallas obtidas 🥇(feitas artesanalmente pola nosa ) e ás familias polos seus ánimos dende a grada. Agardamos que o disfrutásedes tanto coma nós. Queremos agradecer ós clubs convidados a súa fantástica participación . Agardamos que o ano que vén podamos repetir 😊 Non podemos esquecernos do noso gran patrocinador do evento, Froitas Katuxa, que colaborou aportando caixas e caixas de froita para que os peques puideran levar a casa despois de competir 🍏🍌 Mil grazas. Tamén agradecer a inestimable colaboración de Silvia e na realización do evento. E por último, pero non por iso menos importante, a tódolos voluntarios que exerceron de xuíces, colaboraron en toda a montaxe e desmontaxe e sempre están ó pé do canón para o que se lles pida. Moitísimas grazas a todos. Sodes TOP !!! 🥰
1...2...3...EQUIPO !!!
16/06/2024
Cto. Escolar Prov. Combate 🥋
Onte estivemos por Ponteareas competindo no penúltimo campionato antes das vacacións estivais. Participaron 6 dos nosos deportistas e os resultados foron:
Medallas:
🥇 Lucas. Precadete
🥈 Xurxo. Infantil
🥈 Antía. Precadete
Gran participación de:
💪🏼 Lía. Cadete
💪🏼 Anxo. Infantil
💪🏼 David Lucca. Infantil
Vémonos a semana que vén en Caldas para o Cto
galego
1...2...3...EQUIPO !!!
01/05/2024
Cto. Galego Escolar de Técnica 🥋
Este sábado repetimos competición en Vigo para pechar os escolares de técnica, esta vez na súa fase autonómica. Participaron 13 deportistas facendo un gran papel e esforzándose ó máximo para acadar os mellores resultados. As medallas conseguidas foron:
🥉 🥉 🥉 BRONCE. Trío xuvenil. Tatiana, Teresa e Yadyra.
🥉 🥉 BRONCE. Parella benxamín. Marta e Álex.
🥈 PRATA. Freestyle Infantil Masc. Lucas.
Gran participación de Ana, Alejo, Álex, Gael, Antía, Hernán e Tiago. 👏🏼😊
1...2...3...EQUIPO !!!!