Club Deportivo Ourela

Club Deportivo Ourela

Compartir

O C.D.Ourela fórmase para fomentar a práctica da Patinaxe Artística en Ourense, buscando ofrecer

27/08/2026

💫GRUPOS COMPETICIÓN C.D. OURELA💫

No Club Deportivo Ourela, o primeiro club de patinaxe artística da cidade de Ourense, estamos de volta! 🤩

Estamos xa preparando os novos retos que nos esperan este curso💪🏻, no que contaremos con grupos en 3 modalidades:

🌟 Libre: Niveis, Categorías Amateur e Rexional
🌟 Show: Iniciación, Promocional e Cuarteto Nacional
🌟 Solo Dance: Niveis, Categorías Rexional e Nacional

Temos as nosas portas abertas a novas inscricións durante todo o ano. 🫂

Se queres saber máis, podes poñerte en contacto con nós a través do noso correo electrónico:
✉️ [email protected]



💚

21/08/2026

💫GRUPOS INICIACIÓN 2026/2027💫

Queres aprender a patinar?
Presentámosvos os nosos grupos de iniciación para este novo curso 2026/2027, ideais para quen quiere iniciarse na práctica do noso deporte.

Contamos con 3 grupos diferentes:

IES Xesús Ferro Couselo: Luns e Mércores de 18h a 19h
Comisaría da Policía Nacional de Ourense: Martes e Xoves de 17h a 18h
Polideportivo de Taboadela: Luns e Venres de 17h a 18h

Se estás interesadx, podes conseguir toda a información necesaria a través do correo electrónico do club:
📨[email protected]



💚

Photos from Club Deportivo Ourela's post 15/07/2026

💫CATEGORÍA REXIONAL SOLO DANCE 💫

O pasado sábado 11 de xullo desprazámonos ata Candeán (Vigo) para participar na I Fase de Categoría Rexional da modalidade de Danza.🌟

Despois de todo o traballo do ano, as nosas 5 patinadoras estiveron espectaculares. Na Categoría Junior, Aldara 🥇e Vega 🥈conseguiron subir ao máis alto do podio. As Cadetes Sofía Gómez, Sofía Prieto e Luna, finalizaron 6ª, 10ª e 13ª, mellorando as súas puntuacións respecto ao campionato de Preseleccións. Estamos moi orgullosos de vós!💚

Deste xeito rematamos a tempada 2026 da modalidade de Danza, e comezamos a prepararnos para un 2027 que esperemos que sexa mellor aínda.🔝💪🏻

Parabéns a todxs xs participantes, e ao Zaira González pola fantástica organización!🥰



💚

10/07/2026

💫CATEGORÍA REXIONAL SOLO DANCE💫

O próximo sábado 11 de xullo estaremos en Vigo para participar na Fase de Categoría Rexional da modalidade de Danza.🌟

Estaremos representados por 5 das nosas patinadoras, que buscarán mellorar os resultados acadados no campionato de Preseleccións do pasado mes de marzo.💚

Moitas sorte a todxs xs participantes, en especial ás nosas ourelenses!🥰



💚

Photos from Club Deportivo Ourela's post 10/07/2026

💫 FESTIVAL DE VERÁN REVIRAVOLTAS💫

O pasado sábado 4 de xullo estivemos no Pavillón de Valeixe (A Caniza) para participar no Festival de Verán da Patinaxe Reviravoltas 🌟

Foi unha tarde xenial, na que todxs xs patinadorxs estiveron espectaculares💚 (a pesar de que o día se prestaba máis para estar na piscina que no pavillón🫠).

Moitas grazas á A. D. Reviravoltas por contar con nós para este día, pasámolo xenial!🥰



💚

Photos from Club Deportivo Ourela's post 04/07/2026

💫TROFEO VILA DA ROSA💫

O pasado domingo 28 de xuño desprazámonos ata Mos para participar no IX Trofeo Vila da Rosa.🌟

Na última competición do ano, o noso grupo de show finalizou nunha notable 10ª posición coa súa coreografía "El viaje del ticket dorado".🍫

Remata deste xeito a primeira tempada para este grupo renovado, que nos deixa momentos mellores e peores, pero desde logo inesquecibles. Comezaremos agora a prepararnos para os próximos retos.💚💪🏻

Moitos parabéns a todos os grupos participantes, e ao .blossom pola magnífica organización!🥰



💚

Photos from Club Deportivo Ourela's post 29/06/2026

💫CAMPIONATO GALEGO SHOW 2ª CAT.💫

O pasado sábado 20 de xuño desprazámonos ata O Porriño para participar no Campionato Galego de Grupos Show de 2ª Categoría.🌟

Non foi o mellor día para as nosas, que remataron na 22ª posición coa súa coreografía "El viaje del ticket dorado".🍫

Máis alá do resultado, quedámonos co equipo que forman estas rapazas, e o moito que traballaron para chegar ata aquí nunha tempada con moitos momentos difíciles.💚

Parabéns a todos os grupos participantes, e ao Club Patín Porriño pola fantástica organización!🥰



💚

¿Quieres que tu empresa sea el Gimnasio mas cotizado en Vigo?

Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.

Localización

Categoría

Teléfono

Dirección


R/Bedoya, 27 Bajo
Vigo
32004