17/08/2026
📊 RESULTADOS DA XORNADA
Achegamos os resultados dos diferentes encontros desputados a pasada semana
#Carballalnuncaserinde
17/08/2026
📊 RESULTADOS DA XORNADA
Achegamos os resultados dos diferentes encontros desputados a pasada semana
16/08/2026
👑 DIVISIÓN HONRA PRATA | COPA GALICIA
O equipo de división de honra prata estréase este mércores fóra da casa ante o Tesol Lavadores de Vigo
🏆Copa Galicia | División Honra Prata
🆚 Tesol Lavadores Vigo
📅 Mércores 19
⏰ 21:30h
📍Pavillón Municipal Lavadores
Hai tempadas que comezan moito antes de que o balón volva á pista
Comezan nas ganas de volver. Nas primeiras conversas. Nos adestramentos que ninguén ve. Nas persoas que están detrás de cada paso, apoiando, acompañando e facendo posible que este escudo siga medrando
Porque o Carballal non é só quen entra na pista. É quen anima dende a bancada, quen acompaña en cada viaxe, quen traballa en silencio e quen aposta por este proxecto para que poida seguir avanzando
Agora tócanos escribir unha nova historia
Unha historia de esforzo, ilusión, momentos difíciles, celebracións e, sobre todo, de equipo
Que cada partido nos lembre por que estamos aquí
Que cada caída nos faga levantarnos xuntos
E que, cando chegue o momento de mirar atrás, poidamos dicir que demos todo por este escudo
Faite socio/a do AD Carballal 💙💛
13/08/2026
CONVOCATORIAS SELECCIÓNS GALEGAS.
As/os nosas/os xogadoras/es Nerea Graña, María López, Artai Ogando, Patri Teijeiro, Iria Alonso e Sabela Lorenzo estarán entre o venres 14 e o domingo 16 de agosto en Bueu e Pontevedra coas seleccións infantil feminina, cadete masculina e xuvenil feminina. Unha experiencia moi enriquecedora para as nosas/os xogadoras/es, que lles permitirá seguir crecendo tanto a nivel deportivo como persoal. ¡Enhoraboa a todos/as!
12/08/2026
🏆 1ª NACIONAL | COPA GALICIA
Os rapaces do equipo dirixido por Fran González desprazaránse esta fin de semana ata Pontevedra para desputar o seu primeiro partido desta tempada
Un partido para deixalo todo na pista, para pelexar cada balón e para desfrutar de principio a fin
🏆 Copa Galicia | 1ª Nacional
🆚 Teucro Lintel
📅 Sábado 15
⏰ 12:00h
📍 Pavillón Municipal dos Deportes de Pontevedra
12/08/2026
🌱 HORARIOS DA BASE
Esta fin de semana, os nosos equipos masculinos da base, dan o primeiro paso nesta nova tempada
Cada equipo comeza a súa competición, e todos eles farano fóra da casa
Primeiros partidos, primeiro reto… comezamos!
10/08/2026
⚡️AUTONÓMICA FEMININA | COPA GALICIA
Primeiro partido da tempada. Primeira batalla.
A Copa Galicia ponse en marcha e o AD Carballal B xa está preparado para voltar ás pistas
🏆 Copa Galicia | Autonómica Feminina
🆚 Helvetia Saeplast Cañiza
📅 Mércores 12
⏰ 21:30 h
📍 Pavillón O Loureiro
07/08/2026
O primeiro día das nosas rapazas de División de Honra Prata en imaxes 📸💙
Un novo curso, novos retos e moitas ganas de volver á pista. Comezamos a camiñar xuntas cara a unha nova tempada, con ilusión, traballo e a mirada posta en todo o que está por vir
Porque cada tempada comeza cun primeiro día… e este xa queda para o recordo 🤾♀️🔥
03/08/2026
𝐏𝐋𝐀𝐍𝐓𝐈𝐋𝐋𝐀 𝟏ª 𝐍𝐀𝐂𝐈𝐎𝐍𝐀𝐋 𝐌𝐀𝐒𝐂𝐔𝐋𝐈𝐍𝐀 | 𝐓𝐄𝐌𝐏𝐎𝐑𝐀𝐃𝐀 𝟐𝟎𝟐𝟔/𝟐𝟎𝟐𝟕.
El Granitos Ibéricos Carballal anuncia la incorporación del jugador Pablo Gayoso para su equipo de Primera Nacional de cara a la temporada que arranca de forma inminente.
Gayoso llega al club procedente del Balonman Ribeiro, avalado por sus grandes condiciones técnico-tácticas.
El nuevo jugador del conjunto vigués destaca especialmente por su enorme capacidad y potencia en el lanzamiento exterior desde la línea de 9 metros, así como por una excelente visión de juego que aportará fluidez y calidad a la circulación del equipo.
Bienvenido y mucha suerte Gayoso!! 💪🏻
29/07/2026
𝐗𝐎𝐑𝐍𝐀𝐃𝐀𝐒 𝐃𝐄 𝐏𝐎𝐑𝐓𝐀𝐒 𝐀𝐁𝐄𝐑𝐓𝐀𝐒 | 𝐈𝐍𝐅𝐀𝐍𝐓𝐈𝐋, 𝐂𝐀𝐃𝐄𝐓𝐄 𝐄 𝐗𝐔𝐕𝐄𝐍𝐈𝐋.
📅 Do 3 ao 31 de agosto
Gustaríache descubrir o balonmán ou coñecer o noso club? Esta é a túa oportunidade!
Abrimos as nosas portas a xogadores e xogadoras das categorías Infantil, Cadete e Xuvenil, tanto se nunca practicaches este deporte e queres probalo por primeira vez como se buscas un club onde seguir medrando.
Só tes que escribirnos ao 📲 666 071 570 e darémosche toda a información para vir adestrar, g***r dunha tarde diferente e coñecer de preto a nosa filosofía, os nosos valores e o gran ambiente que se vive no AD Carballal.
Anímate a formar parte da familia AD Carballal!
| Lunes | 17:00 - 21:00 |
| Martes | 17:00 - 21:00 |
| Miércoles | 17:00 - 21:00 |
| Jueves | 17:00 - 21:00 |
| Viernes | 17:00 - 22:00 |