Federacion Galega de Surf

Federacion Galega de Surf

Compartir

Información de contacto, mapa y direcciones, formulario de contacto, horario de apertura, servicios, puntuaciones, fotos, videos y anuncios de Federacion Galega de Surf, Instalación deportiva y de ocio, Calle Fotógrafo Luís Ksado, 17, Vigo.

15/04/2026

🗳️ Eleccións 2026 – Federación Galega de Surf

📌 A Federación Galega de Surf inicia o proceso electoral para o período 2026–2029, no que se elixirán:

➡️ Membros da Asemblea Xeral (20 representantes de clubs, deportistas, adestradores/as e xuíces)
➡️ A Presidencia da Federación
➡️ A Comisión Delegada

📩 As candidaturas deberán presentarse ante a Xunta Electoral nos prazos establecidos.

🏛️ Co inicio do proceso electoral, a Xunta Directiva saliente cesa nas súas funcións e será substituída por unha Comisión Xestora que garante a neutralidade e o correcto desenvolvemento do proceso.

🙏 A Xunta Directiva agradece o apoio recibido de clubs, deportistas, técnicos, xuíces e familias durante a súa etapa de xestión.



📄 Toda a información dispoñible na web oficial “ELECCIÓNS 2026” e na sección de novas.



📅 Datas clave
• 15 abr: inicio do proceso electoral
• 20 maio: candidaturas Asemblea Xeral
• 20 xuño: eleccións Asemblea
• 17 xullo: toma de posesión Asemblea
• 1 set: elección Presidencia
• 9–18 set: toma de posesión Presidencia



Photos from Federacion Galega de Surf's post 24/02/2026

📅 LIGAS GALEGAS DE SURF 🏄‍♂️

Xa temos aprobado es dispoñible o calendario do 2026, donde teremos probas de todas as modalidades.

Pronto comeza o espectáculo! 👌



08/02/2026

🚨 Comunicado sobre as Alertas Meteorolóxicas:

Durante esta semana pasada realizouse unha reunión a tres: federacións náuticas deportivas, Secretaria Xeral para o Deporte e Emerxencias Galicia 112, onde fixéronse avances positivos para a realización dun protocolo axustado a práctica dos deportes náuticos, que por motivos administrativos foron parados e estamos a espera para a súa implementación.

Dentro de este avance establecéronse uns valores específicos de vento, visibilidade e tamaño de ondas para cada disciplina deportiva e, no caso do Surfing, tamén estableceuse unha liña de traballo para definir as condicións de alerta de xeito singular a cada zona de práctica ou praia.

As federacións náuticas queremos mostrar a nosa preocupación pola situación que están vivindo os nosos clubes e deportistas, que de forma incoherente está producindo unha visión de inseguridade dos deportes náuticos, cando en Galicia temos o privilexio de poder practicalos de forma segura casi os 365 días do ano.

Nos próximos días esperamos avanzar no traballo coas administracións, coa finalidade de implantar un protocolo axustado a realidade da nosa actividade canto antes.

05/02/2026

⭐️ Dende a Federación Galega de Surf queremos enviar todo o noso ánimo e forza a Candela , a súa familia e ao seu clube neste momento complicado. Toda a comunidade do surf galego está contigo!!Acompañándote e apoiándote. Seguimos xuntas e xuntos, empurrando na mesma dirección. Moita forza, Candela. 🌊💪

28/01/2026

📢 Actualización sobre o protocolo de alertas meteorolóxicas e a práctica do surf en Galicia 🌊⚠️

Dende que compartimos o noso comunicado en novembro pasado, estivemos en contacto continuo coa Secretaría Xeral para o Deporte, federacións náuticas galegas, UFEDEGA e o Concello da Coruña para falar abertamente sobre como as alertas meteorolóxicas están a afectar á práctica dos deportes de mar.

A día de hoxe, o protocolo segue aplicándose tal e como está, baseado nos niveis de alerta de AEMET e MeteoGalicia, sen cambios efectivos que teñan en conta as particularidades de deportes como o surf.

Na última reunión desta semana confirmouse que o proceso de revisión xa arrancou, a Secretaria Xeral para o Deporte está pola labor de adaptar o protocolo ás nosas necesidades; pero aínda non se materializaron as propostas feitas e acordadas para mellorar a situación sobre o terreo.

🔜 Confiamos en que este traballo avance nos vindeiros pasos e sirva para construír un marco máis xusto e equilibrado para todas e todos.

Seguimos defendendo o mesmo que dende o principio: a seguridade é fundamental, pero tamén o é poder practicar o surf en lugares seguros, aproveitando a orografía e batimetría do litoral galego, co potencial de permitir a práctica das modalidades do Surfing prácticamente os 365 días do ano.

💙 Estamos coa comunidade surfista (clubs, federados, deportistas e surfistas libres), e imos seguir empurrando para mostrar a realidade da nosa disciplina co fin que esta situación teña unha solución que nos coide e respecte a todas e todos.

09/01/2026

🏄‍♀️🏄 LICENCIA FEDERATIVA 2026

Disfruta de todos los beneficios de estar federado/a:

✅ Seguro médico
✅ Participación en competiciones oficiales autonómicas y nacionales
✅ Pertenecer a una comunidad de más de 50.000 deportistas
✅ Descuentos FGS+
✅ Y muchos más beneficios

📅 Vigencia hasta el 31/12/2026
👶🧑 Existen distintos tipos de licencia según edades

⚠️ Recuerda: sin licencia en vigor no se podrá competir durante el año en pruebas oficiales.

👉 Tramítala desde el apartado “Federate” da nosa web (link na bio e historia)

📩 Para cualquier duda, consulta nuestros canales oficiales.

09/01/2026

🏄‍♀️🏄 LICENCIA FEDERATIVA 2026

Disfruta de todos los beneficios de estar federado/a:

✅ Seguro médico
✅ Participación en competiciones oficiales autonómicas y nacionales
✅ Pertenecer a una comunidad de más de 50.000 deportistas
✅ Descuentos FGS+
✅ Y muchos más beneficios

📅 Vigencia hasta el 31/12/2026
👶🧑 Existen distintos tipos de licencia según edades

⚠️ Recuerda: sin licencia en vigor no se podrá competir durante el año en pruebas oficiales.

👉 Tramítala desde el apartado “Federate” na nosa web (links na biografía e historia)

📩 Para cualquier duda, consulta nuestros canales oficiales.

26/11/2025

🌊 ENCE Mares de Inclusión 2025

Este ano, máis de 150 nenos e mozas de Pontevedra, Redondela e Tomiño descubriron o surf como ferramentas de inclusión, aprendizaxe e benestar grazas ao proxecto ENCE “Mares de Inclusión”, impulsado pola Federación Galega de Surf en colaboración con Quenlla Surf Clube.

🏄‍♂️ Actividade física, autoestima e valores como o esforzo e o traballo en equipo.
🌱 Educación ambiental con obradoiros e limpezas de praias.
🤝 Un proxecto que fortalece a comunidade, apoia ás familias e promove a igualdade de oportunidades.

Un 2025 cheo de impacto social e boas ondas ✨
Grazas a ENCE, ás familias e a todo o voluntariado por facelo posible! Grazas tamén as asociacións Aldeas Infantiles e Asociación Aldaba ❤️






¿Quieres que tu empresa sea el Gimnasio mas cotizado en Vigo?

Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.

Localización

Teléfono

Dirección


Calle Fotógrafo Luís Ksado, 17
Vigo
36209

Horario de Apertura

Lunes 10:00 - 14:00
Martes 10:00 - 14:00
Miércoles 10:00 - 14:00
Jueves 10:00 - 14:00