25/12/2025
🎊 FESTA DO CLUB🎅🏼
O vindeiro sábado pola tarde celebraremos a xuntanza de Nadal do noso club. A partir das 17.00h pasaremos unha tarde chea de balonmán con partidos moi especiais. O programa previsto é o seguinte:
17:00-17:30: ALEVÍN MIXTO Vs ALEVÍN MIXTO
17:30-18:00: CADETE MIXTO Vs CADETE MIXTO
18:00-18:30: XUVENIL MIXTO Vs XUVENIL MIXTO
18:30-19:15: BENXAMÍNS Vs NAIS / PAIS
19:15- 19:45: INFANTIL MIXTO Vs INFANTIL MIXTO
19:45-20:15: FOTO DE FAMILIA/SORTEOS/AGASALLOS
20:15-20:45: SENIOR MIXTO Vs SENIOR MIXTO
20:45-21:15: SENIOR MIXTO Vs ADESTRADORES
Teredes a oportunidade de xogar ao canto doutros compañeiros e compañeiras nun ambiente festivo. Durante toda a tarde sortearemos agasallos entre os presentes, teredes a oportunidade de mercar e intercambiar cromos para avanzar na vosa colección, e faremos a foto de familia desta tempada.
Agardámosvos a todos no pavillón de Coia!
22/12/2025
🎊 FESTA DE NADAL🎅🏼
Despois de resolver moitas incognitas, por fin podemos anunciarvos esta gran noticia!
Reservade a tarde do próximo Sábado 27 de Decembro para achegarvos ao Pavillón de Coia para g***r dun clásico da nosa historia:
• Partidos
• Tenda
• Sobres e cromos
• Sorteos
• Foto de Familia
Próximamente máis detalles!
21/12/2025
𝗦𝗢𝗥𝗧𝗘𝗢 🎟️
Xa temos a rifa premiada coa camiseta do 🐃 de Tomiño!
Número premiado: 1483
Fecha límite: 24/12/2025 - 23:59
Ponte en contacto con nos no caso de ter o número agraciado!
10/12/2025
🤾🏻♂️ HORARIOS DA FIN DE SEMANA 🚨
Voltamos as pistas!
Arranca a 2ª fase para os equipos que loitaran pola liga Prata!
Achégate o Sábado a As Travesas para o debut do Infantil Masculino no derbi ante o Reconquista e o Domingo ao Complexo Deportivo Balaidos para alenta ás cadetes fronte ao Caselas!
O Infantil Feminino comezará a loita polo título da Liga Prata o sábado en A Coruña ante o Linea 21.
Moita sorte a todxs! 🤞🏼🩵
.es .oficial
08/12/2025
🔙 RETRINCOS DA LENDA 📜
Aproveitamos o parón para presentarvos a nova sección para as nosas redes!
Dentro da tempada 2025/2026, continuamos FACENDO BARRIO A TRAVÉS DO BALONMÁN, e que millor forma que lembrando a nosa historia.
Cada semana imos repasar eses retrincos da nosa historia, que nos fixeron crecer, onde naceu a lenda e como está a medrar a través dos anos.
Permanece atento as nosas redes para seguir
01/12/2025
📊 RESULTADOS DA FIN DE SEMANA ‼️
Rematamos outra fin de semana de moito balonmán!
Bo traballo rapaces e rapazas! 🩵
.es .oficial
27/11/2025
🤾🏻♂️ HORARIOS DA FIN DE SEMANA 🚨
Nova fin de semana de competición para os nosos equipos!
Moito balonmán en Coia este fin de semana! Derbi para o Cadete de Liga Ouro fronte ao Reconquista e os partidos senior en horario de tarde como pratos fortes do día.
Xa no domingo en Coia destaca o enfrontamento ás 10:00 do Xac Seis do Nadal Xuvenil Feminino que se enfrontará ao Cañiza polo liderato do seu grupo nun partido vital polas aspiracións do equipo! Pola tarde será o turno do Alcampo Seis do Nadal fronte á SAR.
Moita sorte a todxs! 🤞🏼🩵
.es .oficial
27/11/2025
🛒ALCAMPO 🤝🏼 SEIS DO NADAL 🩵
Novo capítulo do
Onte tivemos o pracer de acudir a re-inauguración do centro ALCAMPO de Coia, que investiu nove millóns de euros nunha reforma integral do seu hipermercado. O obxectivo da reforma foi mellorar a experiencia de compra dos seus clientes e aumentar a eficiencia enerxética.
No acto estivo presente o alcalde de Vigo, Abel Caballero, acompañando a José Francisco Pomares, director do centro, entre outras personalidades e representantes de entidades de referencia no barrio de Coia e a cidade de Vigo.
O centro reforza a súa aposta por produtos frescos e de proximidade. Incorpórase un bistró que une cafetería, mostrador de pratos preparados e restaurante no mesmo lugar. Contará cunha panadería con fabricación 100% propia e renováronse as liñas de caixa, así como a central de frío e sistemas de climatización que permitirán un aforro enerxético dun 20%.
O hipermercado ALCAMPO de Coia foi inaugurado no 1981, sendo o primeiro da marca en Galicia e segundo en España. ALCAMPO leva 44 anos sendo un referente na vida do noso barrio, un lugar onde facer a compra e tamén un punto de encontro dos seus veciños.
Queremos agradecer ao seu equipo a invitación o acto de onte e o seu compromiso con barrio e co noso club desde fai anos. Nesta tempada, ALCAMPO volverá a lucir como patrocinador principal nas camisetas dos nosos xogadores e xogadores.
.es
27/11/2025
📅 A COVA DO TRASNO VOLVE A CASA 🤾🏻
O domingo tamén tes unha cita en Coia co balonmán senior!
Dende as 16:15, os rapaces do Alcampo Seis do Nadal, comezan a segunda volta da fase regular fronte á SAR, que chega a Coia como 3º clasificado, con 8 puntos.
Os nosos buscarán a victoria, tras a derrota na Bombonera por 35 a 31 tantos na primeira volta.
, vémonos tamén o Domingo!
Moitas sorte rapaces! 🤞🏼💙
26/11/2025
📅 A COVA DO TRASNO VOLVE A CASA 🤾🏻
O balonmán senior volve a Coia! Tarde de Sábado de balonmán cos equipos de 1ª Autonómica Masculina e Feminina!
Dende as 18:15, os rapaces do Distevi Seis do Nadal, 2º na clasificación, enfróntanse ao Linea 21, 3º clasificado con 2 puntos menos. Os de Jorge Fernández xogaran por seguir loitando polo liderato antes de desprazarse ata Poio, o lider, na seguinte xornada (13/14 de Decembro)
Tras este partidazo, será o turno do PlanCiber Seis do Nadal, que terá un duro enfrontamento ante o Xallas a partir das 20:00! As nosas chegan a este partido como 3ª clasificadas, tras gañar fronte ao Guardés na derradeira xornada!
Dous partidos que prometen moito espectáculo nunha nova tarde de balonmán en Coia.
, toca volver a facer de Coia o nos fortín!
Moitas sorte rapaces e rapazas! 🤞🏼💙