A Morada

A Morada

Compartir

Patio de veciñas onde coidarmos coletivamente en Vigo
🔸️Obradoiros e eventos
🔸️Proxectos sociais

26/08/2026

Para André Adrio, estas aulas son, por riba de todo, lúdicas. Un espazo para pasalo ben, pero tamén para que as alumnas saian cun dominio das ferramentas básicas do baile tradicional e sintan que o baile é un espazo onde poden expresarse e comunicarse libremente.

Por iso, promove a diversidade, a creatividade e a participación activa na colectividade do baile. Porque, ao final, as foliadas e os seráns non deixan de ser iso: unha colectividade onde desfrutamos entre todas de maneira lúdica.

André Adrio

Bailarín vinculado á danza tradicional galega dende moi novo e con formación en danza contemporánea, clásica e flamenco, ademais doutros xeitos de comunicación a través do movemento.

Foi premiado en distintas ocasións, destacando o Premio Especial VigoPorté, con «Flamenkeando», e o Premio Vaidebaile da Televisión de Galicia.

Desde 2013 dedica a súa carreira á docencia, impartindo danza tradicional en asociacións de Vigo e comarca. Agora continúa explorando novas formas de expresión corporal e busca novas vías para transmitir este legado esencial na Galiza.

Varios grupos:

Os luns 18:30-19:30

Os mércores 17:00-18:00 e 18:00-19:00

Os xoves 17:00-18:00 (INICIACIÓN)

Prezo: 28€

As clases empezan a semana do 14 de setembro.

Inscricións: https://forms.gle/hQA6KjgLucK7o7qv7

19/08/2026

Obradoiro de ioga

Neste obradoiro propoñemos unha práctica de ioga pensada para coidar a saúde e o benestar de cada participante, respectando as peculiaridades e os ritmos de cada unha.

Unha apaixonante viaxe cara ao noso corpo e ao noso interior. Unha oportunidade para percorrer as nosas propias paisaxes e descubrir nelas novos matices.

A través das posturas, cultivaremos a atención e a presenza corporal, explorando o movemento e a respiración para atopar fortaleza, apertura e expansión.

Un espazo para conectar con nós mesmas, escoitarnos e habitar o corpo con maior presenza.

🧘‍♀️ María Regueira
Diplomada pola A.I.P.Y.S. en Hatha Ioga (2013).
Desde 2014 continúa a súa formación en Ioga Iyengar, viaxou e practicou en varios ashram da India e imparte clases regulares en centros de Vigo.

Varios grupos:

Os martes : 17:00-18:30 e 18:30-20:00

Os xoves: 12:00-13:30

Prezo: 40€

As clases empezan a semana do 14 de setembro.

Inscricións: https://forms.gle/JHtSqy7KcKPMV9Zg7

16/08/2026

🎭 Obradoiro de teatro social

Neste obradoiro Isolda Comesaña e Amara Pérez propoñen un espazo para explorar, a través do teatro e da reflexión colectiva, outras formas de comprender e transformar as desigualdades que nos atravesan.

A través de xogos, dinámicas participativas e ferramentas do teatro social, crearemos un lugar seguro onde expresarnos, compartir inquietudes e poñer en común experiencias, conectando tanto coa nosa capacidade crítica como coa creatividade e o goce.

Isolda Comesaña e Amara Pérez:

Amara Pérez, técnica de igualdade e apaixonada do teatro, facilitará xogos e dinámicas para descubrir que nos move como persoas e como colectivo.

Isolda Comesaña, actriz e formada en xénero, teatro social e teatro comunitario, achegará ferramentas como o teatro encontro e o teatro foro, técnicas que favorecen a escoita, o diálogo e a procura compartida de alternativas.

Obradoiro trimestral:

Do 17 de setembro ao 17 de decembro

Os xoves de 18:30 a 20:30

Prezo: 30 €/mes · 25 €/mes para matrocinadoras

Trimestre completo: 75 € (pagando ao comezo do curso)

Inscricións: https://forms.gle/KmUuUofYfbZHNtJ38

13/08/2026

✨ INSCRICIÓNS ABERTAS! ✨

Xa podes inscribirte nos obradoiros do curso 2026–2027 de teatro social, ioga, bailes de serán e canto e pandeireta.

📲 Inscricións : https://www.amoradacooperativa.com/obradoiros

As clases empezan a semana do 14 de setembro.

Vémonos nas aulas! 💜

28/07/2026

☀️ Pechamos por vacacións! ☀️

Do 31 de xullo ao 31 de agosto, botamos o peche por descanso. 💜

Vémonos en setembro cunha enerxía renovada e moitas ganas de volver compartir, crear e coidarnos xuntas.

E de aquí a aló, desfrutade e descansade o que poidades.

Vémonos en setembro, veciñas!
Grazas por estar.

21/07/2026

🎭 Tempos de guerra e outras variedades
Cía. Marinita y sus Maromas ·

Un espectáculo multidisciplinar que mestura humor, danza e teatro para poñer a actualidade diante do espello.

Nun contexto de crecente escalada bélica, a compañía reivindica o escenario como un espazo de reflexión, protesta e liberdade, facendo da comedia unha ferramenta para cuestionar, resistir e imaxinar outros futuros.

📅 Luns 27
🕣 20:30 h
Entrada inversa
🥙 Haberá petiscos

18/07/2026

XINECEO de Diana Longa

Unha avoa ganchilla unha manta para a súa neta adolescente no 2013, un pintor no século X pinta un fresco na igrexa local, unha muller tece un tapiz na Atenas do século V a.C e un historiador compila as biografías de Giotto, Duccio e Arnolfo di Cambio no 1550.

O nexo entre estas tres persoas aparece en Xineceo, unha conferencia espectacular na cal, en diálogo co público, intentamos repostar á seguinte pregunta: que man coloca a etiqueta de artista?

📅 Xoves 23
🕣 20:30
Entrada inversa

Haberá petiscos 🥟

16/07/2026

As sete mulleres do Miño é unha viaxe entre Galiza e Portugal a través da memoria, das historias familiares e da canción de José Afonso.

Contos nacidos do estraperlo e da vida das mulleres que, desde Meder ata o norte de Portugal, coñeceron os camiños da raia mellor ca ninguén.

Amores, traballos, festas, ausencias e desexos atravesan esta sesión de narración oral, onde cada historia agocha un pequeno acto de resistencia.

🎙️ Lorena Pinheiro é unha das novas voces da narración oral galega. Forma parte do colectivo NOGA e do proxecto de intervención comunitaria Pensatempos, e levou as súas historias a festivais como Atlántica, SeteFalares ou Falando a Boca Chea, ademais de bibliotecas, centros culturais e programas da TVG.

📅 Mércores 22
🕣 20:30 h
🥟 Haberá petiscos

Actividade financiada pola Deputación de Pontevedra.

14/07/2026

🎶 MoOoM é unha artista que centra o seu traballo na exploración dos ritmos de raíz atlántica a través dunha proposta sonora e performativa. .atlantica

A súa práctica nace dunha investigación etnomusicolóxica vencellada á súa formación como historiadora da arte, desde a que reflexiona sobre a identidade nos contextos migratorios.

Partindo dunha raíz híbrida, entre Galicia e o Brasil, percorre diferentes tradicións rítmicas e formas de oralidade presentes nas dúas beiras do Atlántico. O seu traballo non busca ofrecer respostas pechadas, senón abrir preguntas sobre a pertenza, a memoria e a transformación cultural, revelando conexións que, ás veces, pasan desapercibidas.

Convidamos ás músicas que queiran vir compartir este espazo de ritual colectivo nunha jam session.

📅 Martes 21 · 20:30 h

Entrada inversa

¿Quieres que tu empresa sea el Gimnasio mas cotizado en Vigo?

Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.

Localización

Categoría

Dirección


Rúa Enrique Xabier Macías, 6
Vigo
36203

Horario de Apertura

Lunes 10:00 - 21:00
Martes 10:00 - 21:00
Miércoles 10:00 - 21:00
Jueves 10:00 - 21:00
Viernes 10:00 - 21:00
Sábado 10:00 - 14:00