01/09/2026
Setembro chega con enerxía… e con el, volta o Verán CampUSC! 💙
Despois da pausa do mes de agosto, o noso campamento urbano deportivo retoma a actividade para vivir unha nova etapa chea de deporte, diversión, compañeirismo e moitas aventuras. 🏀⚽🏊♀️
A partir de hoxe, volvemos g***r do verán con novas experiencias e a mesma ilusión de sempre. 💪
🏃♀️ Preparados/as para volver á acción?
O Verán CampUSC continúa! 💙
13/08/2026
🏛️✨ Descubrindo a historia da USC
Nunha das actividades de xullo, os nenos e nenas do Verán CampUSC convertéronse en auténticos exploradores da historia da Universidade de Santiago de Compostela.
A través dunha visita guiada polo seu patrimonio histórico, coñeceron algúns dos espazos e recunchos que forman parte da memoria da USC, descubrindo que a universidade tamén é un lugar cheo de historias, arte e patrimonio.
📚🔎 Porque aprender tamén é descubrir, experimentar e g***r da nosa contorna!
31/07/2026
No día de hoxe remata a primeira parte do Verán CampUSC.
🏕️ Foron unhas semanas incribles, cheas de xogos, aprendizaxe, novos amigos e momentos inesquecibles. Moitísimas grazas a todos e todas por participar e facelo posible!
Agora toca recargar as pilas, pero vémonos á volta: retomamos a actividade o vindeiro 1 de setembro!
31/07/2026
🥾 Actividade especial de verán: sendeirismo e montaña nos alpes julianos. Eslovenia.
O grupo de sendeirismo da Universidade de Santiago de Compostela, acompañado por persoal da Fundación USC , atópase entre o 24 ao 31 de xullo realizando unha ruta polos Alpes Julianos e os Alpes de Carintia.
Son zonas montañosas de altitudes moderadas, sendo o cumio máis alto o Triglav (punto máis alto de Eslovenia), situado a 2864 m de altitude. Estas rexións alpinas gozan dunha extraordinaria beleza paisaxística con vales, montañas, bosques, serras, lagos e pasteiros de montaña cun alto valor natural.
No seu itinerario realizarán parada na capital, Liubliana, onde visitarán os seus arredores e a parte antiga da cidade.
Máis información en https://aplicacions.usc.es/deportes/publica/actividad/ampliar.xhtml?idobjsel=3236
29/07/2026
A Universidade de Santiago de Compostela , a través da Fundación USC, continúa co programa Verán CampUSC 2026, proxecto de conciliación da vida laboral e familiar.
Os nenos e nenas que participan nesta quenda recibiron este mércores a visita da reitora Rosa Crujeiras e da vicerreitora de Estudantes, Igualdade, Diversidade e Benestar, Lorena Añón. Estiveron ademais acompañadas do xerente da Fundación USC, Óscar Hermida, e do director do programa, Anxo Tarrío.
Neste programa, no que colabora o Concello de Santiago, os rapaces e rapazas coñecen unha importante base de actividades deportivas tradicionais e alternativas, ademais de realizar diferentes obradoiros artísticos e saídas culturais e de natureza, organizadas con criterios psicopedagóxicos e de perspectiva de xénero.
📸 Fotografías: Santi Alvite
Máis información en https://www.usc.gal/gl/xornal/novas/veran-campusc-continua-sua-andaina-conciliando-lecer-valores-civicos
17/07/2026
Xa chegamos ao ecuador do Verán CampUSC! ☀️🏃♀️🏃♂️
Estas primeiras semanas estiveron cheas de deporte, natureza, aprendizaxe e, sobre todo, moitísima diversión. As nenas e os nenos están a g***r dunha experiencia inesquecible, compartindo xogos, facendo novas amizades e descubrindo actividades de todo tipo.
📸 Nesta selección de imaxes podedes ver algúns dos momentos vividos: exercicios de equilibrio, un refrescante baño na piscina, a ruta ás Brañas de Sar, técnica de salto de lonxitude e unha divertida xincana ambiental.
Aínda queda moito Verán CampUSC por diante no que seguirán chegando grandes momentos! 💙💛
23/06/2026
Comeza o Verán CampUSC 2026 con todas as súas prazas cubertas.
A primeira quenda do Verán CampUSC 2026, que se inaugurou o luns 22, rexistrou unha excelnete acollida: cubríronse a totalidade das prazas ofertadas. A boa acollida consolida este programa de lecer educativo e deportivo para nenos e nenas de 3 a 13 anos, deseñado para favorecer a conciliación da vida laboral durante o período estival.
🔗 https://fundacionusc.gal/gl/fundacion/novas/comeza-veran-campusc-2026-suas-prazas-cubertas
05/06/2026
ℹ Xa está aberto o prazo para inscribirse nas actividades da Área Deportiva da USC, impartidas por persoal da Fundación USC.
Pódese elexir entre ioga, kung fu, ximnasia de mantemento, mindfulness, Pilates, tai chi - chi kung, ximnasia terapéutica, natación, aquagym, natación terapéutica, natación pre-post parto e tenis.
🔗 https://www.usc.gal/gl/servizos/area/deporte/actividade-dirixidaescolas
15/05/2026
O grupo de sendeirismo da Universidade de Santiago de Compostela guiado por persoal da Fundación USC, , atópase esta ponte da Ascensión realizando actividades de montaña na vertente asturiana dos Picos de Europa.