Racing San Lorenzo

Racing San Lorenzo

Compartir

♥️🖤Dende 1928🖤♥️
⚽ Primeira Futgal
📍 Santiago de Compostela
#osdacarballeira

Photos from Racing San Lorenzo's post 31/08/2026

🔴🔊COMUNICADO OFICIAL🔊⚫

Precisamos de xuvenís ante a marcha de varios xogadores por motivos de estudos. Ponte en contacto con nós!

Imos Racing!!

🖤❤️🖤❤️🖤❤️

29/08/2026

❤️⚽ DÍA DE PRESENTACIÓN ⚽🖤

Hoxe, 29 de agosto, temos tarde de fútbol.
Dende ás 16h ata ás 22h poderedes disfrutar de amistosos dos nosos tres senior.
Primeiro o Femenino, logo o Senior A e por último o senior B.
Ven a acompañarnos neste sábado último de agosto.

Imos Racing!!!

❤️🖤❤️🖤❤️🖤

11/08/2026

🔴🔊 FICHAXE 🔊⚫

Boas noites a todxs!! Outra fichaxe máis para o equipo feminino!
Esta vez falamos de Bea, outra xogadora procedente do Victoria que ven a botar unha man con este comezo histórico do Racing San Lorenzo.
Moitísimas grazas por elexir este destino, estamos segurxs que vas a disfrutar do fútbol neste clube.
Seguimos...

Imos Racing!!!

❤️🖤❤️🖤❤️🖤

10/08/2026

🔴🔊 FICHAXE 🔊⚫

Temos o pracer de anunciar a nosa cuarta futbolista. Unha rapaza que ven do Victoria. Olfato goleador, dianteira pura.
Na mesma tarde leva o balón ao fondo da rede e sorpréndeche pinchando calquer tema novidoso no vestiario. Estamos segurxs que dará moito ao Racing dentro e fora do terreo.
Fora bromas, moi agradecidxs de poder contar contigo esta tempada, desexámosche toda a sorte do mundo nesta nova etapa ao noso carón.

Imos Racing!!!

❤️🖤❤️🖤❤️🖤

09/08/2026

🔴🔊 FICHAXE 🔊⚫

A nosa querida Deni volve ao clube. Únese así a Luchy e Jimena.
Xa son 3 rapazas con pasado no Racing que conseguimos traer de volta.
Estamos máis que contentos de poder contar contigo, e de ver todo o que melloraches estes anos fora do Racing. Procede do Victoria e ven cas mesmas ganas de facer historia que as xa mencionadas.
Moitas grazas por estar con nós de novo, e moito ánimo e sorte este ano!!

Imos Racing!!!

❤️🖤❤️🖤❤️🖤

09/08/2026

🔴🔊 FICHAXE 🔊🖤

Como podedes ver, o noso empeño en traer de volta a xogadoras que xogaron na base do Racing San Lorenzo é moi contundente.
Queremos conseguir un equipo con sentido de pertenza.
Jimena ven do Victoria e únese ó noso proxecto con moitas ganas e ambición.
Estamos super contentxs de poder terte con nós de novo. Esperamos ser de novo o clube que che faga medrar e disfrutar do fútbol.
Grazas Jimena!!

Imos Racing!!!

🖤❤️🖤❤️🖤❤️

08/08/2026

🔴🔊 FICHAXE 🔊⚫

Anunciamos oficialmente a incorporación de Lucía "Luchy", a nosa primeira xogadora confirmada!
Luchy xa vestiu esta camiseta durante moitos anos nas categorías base do Racing San Lorenzo. Tras o seu paso por outros retos como o último "SD Órdenes", volve á casa para ser o alicerce e a primeira peza deste histórico equipo.
Benvida de novo á túa casa, e moitas grazas por estar aquí!

Imos Racing!!!

🖤❤️🖤❤️🖤❤️

Photos from Racing San Lorenzo's post 15/07/2026

🔊🔊⚫NOVO ACORDO🔴🔊🔊

Deslizade ata o final da publicación.

Imos Racing!!!

❤️🖤❤️🖤❤️🖤

13/07/2026

🔴🔴 FICHAXE 🔴🔴

Outra cara nova! David del Río chega como veterano ao Racing para dar veteranía na defensa. O Central de 35 anos ven con ganas e ilusión despois de estar parado este último ano. Conoce a categoría de sobra e seguro que vai a axudar tanto ao equipo como aos compañeiros a mellorar día a día.
Grazas david por confiar no proxecto e moita sorte!!

Imos Racing!!

❤️🖤❤️🖤❤️🖤

12/07/2026

🔴🔴 FICHAXE 🔴🔴

Anunciamos unha nova fichaxe. Neste caso un rapaz xoven que chega do Villestro onde sendo xuvenil no seu momento, xogaba co equipo da base os sábados e os domingos co primeiro equipo durante tres anos. É fácil saber deste xeito que falamos dun xoven comprometido. Curtido xa co Senior, chega ao Racing para subir un pouco o nivel e dar un pasiño máis nesto do fútbol.
Pola nosa parte tes toda a confianza, e estamos seguros que vas a axudar moito na parte defensiva. Sorte e grazas por confiar no noso proxecto.

Imos Racing!!

❤️🖤❤️🖤❤️🖤

¿Quieres que tu empresa sea el Gimnasio mas cotizado en Santiago de Compostela?

Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.

Localización

Teléfono

Página web

Dirección


Carballeira De San Lorenzo
Santiago De Compostela