Selección Galega de Fútbol Gaélico

Selección Galega de Fútbol Gaélico

Compartir

FB oficial da Selección Galega de Fútbol Gaélico.

Entidade deportiva que pertence a Asociación Galega de Fútbol Gaélico formada polos clubs federados na GAA e LGFA.

27/08/2026

Galicia viaxa a Manchester! 🏐

A Selección Galega Masculina Sub-17 xa ten novo reto. 💙🤍

O vindeiro 4 de setembro, a nosa selección viaxará a Manchester para participar no PCB International Tournament, unha competición que reúne seleccións de diferentes condados de Gran Bretaña e na que Galicia participará como selección convidada. 🌍🏐

Será unha viaxe moi especial: a primeira experiencia internacional da Selección Galega Sub-17, apenas unhas semanas despois do seu debut na Celtic Cup, disputada o pasado mes de xullo.

En Manchester, Galicia afrontará dous partidos na primeira fase:

🇬🇧 Warwickshire U17
⚔️ Galicia U17

E a continuación:

🏴 London U17
⚔️ Galicia U17

Un novo desafío para un grupo de xogadores que terá a oportunidade de competir, aprender e representar a Galicia máis alá das nosas fronteiras.

De Galicia a Manchester.
De debutar na Celtic Cup a competir internacionalmente. 🌍

Lista convocados: Martín Carrillo, Saturnino Penín, Manuel Rey, Xoel Granja, Oscar Pérez, Iker Naveiro, Martín Giao, Hugo Pérez, Antón Ramos, Pedro Muñoz, Anxo Moreno, Simón Rouco, Alexandre Fernández, Santiago Mecías, Alán García, Dani Illobre, Mateo Cabrera, Iker Rodriguez, Yeray Fontela e Rodrigo Sanjuas.

Comeza a viaxe. Comeza unha nova etapa. 💙



Puntogal Dominio Galego Gaelic Games Europe GAA Real Federación Galega de Fútbol - Futgal Acontravento Galiza Deporte Galego Selección Galega de Fútbol Gaélico

10/07/2026

Galiza vai xogar o Mundial, pero non imos aos Estados Unidos 😬

Do 13 o 17 de xullo as nosas seleccións de fútbol gaélico mediranse a combinados de todo o mundo nos World Games en Waterford, Irlanda 🇮🇪

Adiante coas seleccións galegas!! 🤍🩵🤍

07/07/2026

Novas camisolas de adestramento da selección galega de fútbol gaélico 🩵🏐

As nosas seleccións están preparándose para participar no Mundial de Fútbol Gaélico que terá lugar en xullo en Irlanda con esta nova pel preparada por Acontravento Galiza 😎

Dispoñibles a través de:

- O crowdfunding da selección galega 👇🏻
https://tally.so/r/b5v8W7

- Na loxa online de Acontravento 👇🏻
https://acontravento.gal/etiqueta-producto/seleccion-galega-de-futbol-gaelico/

📸 Antía Iglesias
🩵🏐 Asociación Galega de Fútbol Gaélico

Photos from Asociación Galega de Fútbol Gaélico's post 06/07/2026
02/07/2026

📢 Cambio de sede da Celtic Cup Sub-17

Debido ás previsións meteorolóxicas para esta fin de semana, a Celtic Cup Sub-17 que estaba prevista en Santiago de Compostela celebrarase finalmente no Concello de Xove

Queremos expresar o noso máis sincero agradecemento ao Concello de Xove pola súa extraordinaria disposición, colaboración e rapidez. A súa implicación permitiu facer realidade un cambio de sede desta magnitude en apenas 24 horas 👏👏

Podes consultar todo a info do torneo aquí:
https://gaelicogalego.gal/seleccion/celtic-cup-sub17-2026/

Agora só queda g***r dunha gran fin de semana de fútbol gaélico. Vémonos en Xove! 💚🏐



Acontravento Galiza Puntogal Dominio Galego Gaelic Games Europe Deporte Galego Real Federación Galega de Fútbol - Futgal World GAA

25/06/2026

As nosas seleccións de fútbol gaélico atópanse preparando o Mundial que se disputará este xullo en Waterford, Irlanda 🏐💪🏻

Xornadas cheas de compromiso, intensidade, ambición.... e tamén de elegancia coas novas camisolas de adestramento preparadas por Acontravento Galiza 😎

Podedes facervos coas camisolas de adestramento da Selección Galega de Fútbol Gaélico a través do crowdfunding da Selección ou en acontavento.gal

Apoia as nosas seleccións!! 🤍🩵🤍

24/06/2026

O vindeiro 4 de xullo, Santiago de Compostela converterase na capital europea do fútbol gaélico de base coa celebración da Celtic Cup U17, unha competición internacional que reunirá algunhas das mellores canteiras e seleccións do panorama europeo.

🇮🇪 Desde Irlanda participarán clubs de gran tradición como St Michael’s GAC, Naomh Pádraig GAC, St Sylvester's, Kilmacud Crokes, Skerries Harps e Na Piarsaigh Doiretrasna.

🇫🇷 🇩🇪 Xunto a este equipos competirán as seleccións nacionais de Francia e Alemaña, ademais das nosas Seleccións Galegas, nunha xornada que promete emoción, convivencia e o mellor ambiente gaélico.

💙 Unha oportunidade única para ver en acción ás futuras promesas do fútbol gaélico e seguir impulsando o crecemento deste deporte en Galicia.

👉🏽 Marca a data no calendario e acompáñanos nesta gran festa do deporte gaélico.

21/06/2026

Hai visitas que deixan pegada.
Anton Tohill visitou Galicia e quixo coñecer o corazón do noso deporte: as Gaélico Escolas. Un encontro único cos nosos cativos e cativas, que puideron compartir experiencias cunha das grandes figuras do fútbol gaélico.
O futuro está nas súas mans. 💙

17/06/2026

Nova chaqueta da selección galega de fútbol gaélico 🩵🏐

As mellores galas para representar ao noso país no Mundial de Fútbol Gaélico que terá lugar en xullo en Irlanda 🇨🇮✊🏻

Dispoñibles a través de:

- O crowdfunding da selección galega:
https://tally.so/r/b5v8W7

- Na loxa online de Acontravento:
https://acontravento.gal/etiqueta-producto/seleccion-galega-de-futbol-gaelico/

📸 Antía Iglesias
🩵 Asociación Galega de Fútbol Gaélico - Selección Galega de Fútbol Gaélico

¿Quieres que tu empresa sea el Gimnasio mas cotizado en Santiago de Compostela?

Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.

Localización

Teléfono

Dirección


Galicia
Santiago De Compostela