⭐️Só os esgrimistas nos entenderán
Cando hai ganas de pista, sobra calquera escusa! Ti tamén tes ese amigo ao que só lle fai falta un pequeno empurrón para vir probar a esgrima?
COMPOSTELA ESGRIMA
ASOCIACIÓN COMPOSTELA ESGRIMA
Adestramentos en rúa Cancelas, 98B. Dende 6 anos ata o infinito.
31/07/2026
E así, entre espadas, risas e moitas experiencias compartidas, pechamos as sacas... e tamén a tempada 🤺
Fixémolo cunha xornada moi especial xunto á rapazada do campamento da Cruz Vermella, no parque do Outeiro de Sar.
Grazas a Xulia, que despois de compartir con nós tantos campamentos de verán, este ano pasou ao outro lado como monitora.
E como xa saberedes, o noso deporte, ás veces ten efectos sorprendentes: causamos sensación entre as monitoras voluntarias que quixeron achegarse pola sala para probar o noso deporte: graciñas Xulia, Cris e Isa 🖤♥️
30/07/2026
Pechamos unha tempada intensa, chea de emocións, esforzo e grandes momentos no Compostela Esgrima.
Esta foi, sen dúbida, unha tempada moi especial e dura. Grazas de corazón a tiradores, adestradores e familias por facer piña, apoiar en cada momento e manter o club máis vivo ca nunca 🤝
Toca descansar e cargar pilas. Desexámosvos un feliz verán a todos e todas. Vémonos en setembro na pista! 🏖️
20/07/2026
🎒 Aquí tendes o resumo da 3• quenda do campamento de verán 📸
Se vos quedastes con ganas de máis ou se vos despistastes coas datas, aínda estades a tempo! Lembrámosvos que as inscricións seguen abertas para a última quenda do campamento, que será na primeira semana de setembro. A opción ideal para axudarvos a conciliar xusto antes de arrincar o novo curso escolar 💪
As prazas voan e son limitadas, así que non o deixedes para o final! 🚀
Escríbenos unha mensaxe privada e reserva o seu oco en dous minutos. Agardámosvos!
Aínda con dúbidas de se a esgrima é para ti? Saca os medos e vén probar sen compromiso! ⚔️😉
Dá igual a túa idade ou a túa forma física, este deporte engancha dende o primeiro minuto. Para poñérchelo doado, tes dúas opcións perfectas:
⚡Este mes: Pásate os luns e mércores de 19:00 a 21:00 h pola nosa sala. Dalle un tente antes das vacacións!
🎒 En setembro: Se prefires deixar os deberes feitos para a volta á rutina, reserva xa a túa praza para probar de balde no inicio do novo curso.
Escríbenos unha mensaxe privada agora mesmo e reservamos o teu oco en dous minutos. Anímate, a pista te agarda! 🤺
09/07/2026
Deixámosvos unhas fotos do noso paso polo IES Francisco Daviña Rey de Monforte de Lemos 📸✨
Para nós é fundamental visibilizar o noso deporte e levalo a lugares onde, doutro xeito, moitos mozos e mozas non terían a oportunidade de coñecelo. Encantounos compartir esta paixón co alumnado! 🙌
06/07/2026
Subcampioa do mundo! 🥈🌍
Araceli asinou unha competición memorable no World Veterans Criterium de París, logrando unha impresionante medalla de PRATA na categoría V3 (+60 anos) ⚔️🇨🇵
Araceli asinou un torneo impecable desde o inicio:
➡️ Pleno de vitorias na primeira fase (6 de 6).
➡️ Avanzou con autoridade eliminando á suíza Moser (10-7) e á belga Van Vergen (10-4).
➡️ En semis, venceu á francesa Hori (10-8) nun final de infarto.
Na gran final, mediuse ante a lenda alemá Frauke Hohlbein. Araceli tivo o ouro a un só tocado nun asalto axustadísimo que rematou cun 9-10. Parabéns, Araceli, es pura inspiración para todo o Compostela Esgrima! ✨🤺
AEVE-Asociación Española de Veteranos de Esgrima Deporte Galego Concellería de Deportes de Santiago de Compostela Radio Líder Santiago
Que son fai unha espada? 🧐
Planteámoslles aos nosos esgrimistas esta pregunta e non hai dúas respostas iguais 😂 Despedimos así a semana, con un pouco de humor e moita orixinalidade ☀️
30/06/2026
Fotos da primeira quenda do campamento de verán 📸 Se te despistaches ou quedaches con ganas de máis, non te preocupes! Aínda estás a tempo de apuntar aos teus fillos e fillas. Temos campamentos ata o 9 de setembro, organizados en quendas semanais para axudarche a conciliar 💪
Anota as próximas quendas e escolle a túa:
📅 Quenda 3: Do 6 ao 10 de xullo
📅 Quenda 4: Do 13 ao 17 de xullo
📅 Quenda 5: Do 20 ao 24 de xullo
📅 Quenda 6: Do 27 ao 31 de xullo
📅 Quenda de setembro: Do 1 ao 4 de setembro / Do 7 ao 9 de setembro
¡Temos as últimas prazas voando! 🚀 Reserva a túa antes de que se esgoten. 🤝💜
28/06/2026
Cambiamos as espadas polos remos para probar as traíñas 🌊
Mil grazas ao Club de Remo Vilaxoán por recibirnos e pola paciencia 😄 Foi unha experiencia 💯
👉 Deslizade para ver as fotos! 📸🤪
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.
Localización
Categoría
Teléfono
Página web
Dirección
Santiago De Compostela
15702
Horario de Apertura
| Lunes | 18:30 - 19:30 |
| 20:00 - 21:30 | |
| Miércoles | 18:30 - 19:30 |
| 20:00 - 21:00 | |
| Jueves | 20:00 - 21:30 |
| Viernes | 18:30 - 21:30 |
| Sábado | 11:00 - 13:30 |