Tempos e Menssana

Tempos e Menssana

Compartir

Información de contacto, mapa y direcciones, formulario de contacto, horario de apertura, servicios, puntuaciones, fotos, videos y anuncios de Tempos e Menssana, Estudio de danza, Fernando III El Santo, 12. Galerías Valle Inclán, Santiago de Compostela.

Danza del vientre, bailes de salón, ballet, salsa, bachata, moderno, twerk, reggaeton, fitness, entrenamiento personal, pilates, circuito de fuerza, yoga... Busques lo que busques, somos nosotros.

14/08/2026

Marchamos de vacacións, pero o primeiro martes de setembro xa volvemos coas pilas cargadas para inaugurar o novo curso con todos os nosos deportistas, bailaríns e bailarinas. 🔋 En nada vémonos! 😎

Photos from Tempos e Menssana's post 31/07/2026

🗓️ Aquí van os horarios do curso que vén!

Lembrade que iniciamos o curso 26/27 o martes 1 de setembro, e que á volta das vacacións iremos anunciando novas actividades, así que preguntade sempre en recepción para ter a versión máis actualizada dos horarios, que ás veces van mudando ao longo do curso con novidades. 😉

Vémonos en setembro para seguir bailando e adestrando! 🎶

30/07/2026

Novidade para todas aquelas persoas que sempre quixestes facer ballet e nunca tivestes a oportunidade, o curso que vén teremos clases de ballet iniciación para adultos (+30) coa nosa profe Paloma. 😊

Despois das vacacións anunciaremos horarios e cando inician as clases, e lembrade que continúa o grupo de técnica de ballet para quen queira mellorar a súa base de danza ou preparar os exames da Royal Academy of Dance, os venres de 19 a 20 h. 🩰

29/07/2026

BOMBAZO 💣 Volven as clases de West Coast Swing o curso que vén! 🎶

Estade atentos e atentas, porque á volta das vacacións anunciaremos os horarios de West con Fran Vidal, único Allstar en Galicia e segundo en España, e promotor do Arousa Westie Fest, evento de referencia deste estilo de baile na nosa terra. 😃

27/07/2026

Hoxe presentamos á nova profe de danza oriental. Con todas e todos vós: NADIA RILO! 👏🏻👏🏻👏🏻 Baila con Nadia

Nadia leva 18 anos dedicada á danza oriental, e 11 anos impartindo clases, compartindo a súa paixón por esta arte con alumnado de diferentes niveis.

É organizadora do Festival Compostela Raks e da gala anual de danza Shukran, ademais de terse formado como bailarina e profesora con recoñecidos mestres nacionais e internacionais.

Nas súas clases combina técnica, expresión e desfrute, ensinando Danza Oriental tradicional, Folclore Exipcio e Danza do Ventre Fusión, adaptando a ensinanza ás necesidades de cada alumna.

Poderedes asistir ás súas clases a partir de setembro, no mesmo día e horario que os cursos anteriores: os luns de 21 a 22 h. Reserva a túa praza para aprender e g***r deste estilo de danza tan divertido, feminino e poderoso. 🎵🎶

21/07/2026

En agosto baixamos o ritmo. Os bailaríns descansan e temos á maioría do persoal de vacacións, polo que as dúas primeiras semanas do mes aínda poderedes asistir a clases deportivas.

A segunda semana de agosto a escola permanecerá pechada por vacacións, e retomaremos as actividades habituais o martes 1 de setembro.

Proximamente actualizaremos por aquí os horarios de setembro, para que vexades o que temos preparado para o curso 26/27. 😉

13/07/2026
15/06/2026

Este é o horario das actividades deportivas para o mes de xullo! 🌞

Como novidade teremos clases de barre con Memé Martínez, que continuarán o curso que vén desde setembro. 😍

É importante continuar adestrando aínda no verán, para non perder os progresos feitos ata agora. Vémonos pola escola! 😊

12/06/2026

A danza tamén suma contra o cancro 💚✨

Este domingo estivemos presentes na gala de danza organizada pola escola Tempos e Menssana no Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela. Unha cita chea de solidariedade na que participaron bailarinas e bailaríns de todas as idades 💃🕺

No acto estiveron presentes o presidente da Xunta Local de Santiago, Xoán Concheiro, e a vogal, Ana Peinó, acompañando nesta xornada tan especial.

Queremos dar as grazas a Tempos e Menssana por facer posible esta iniciativa solidaria, así como a todas as persoas que participaron e ao público asistente por converter a danza nunha ferramenta de apoio 👏

¿Quieres que tu empresa sea el Gimnasio mas cotizado en Santiago de Compostela?

Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.

Localización

Categoría

Teléfono

Dirección


Fernando III El Santo, 12. Galerías Valle Inclán
Santiago De Compostela
15701

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 22:30
Martes 09:00 - 22:30
Miércoles 09:00 - 22:30
Jueves 09:00 - 22:30
Viernes 09:00 - 22:30
Sábado 10:00 - 14:00