Asociación Galega de Fútbol Gaélico

Asociación Galega de Fútbol Gaélico

Compartir

FB oficial da Asociación Galega de Fútbol Gaélico. Entidade que regula o deporte en Galicia formada polos clubs federados na GAA e LGFA.

08/09/2026

Preguntas rápidas con , xogador dos .lorchos de Boiro 🏐💪🏻

Photos from Gaelic Games Council of Britain's post 07/09/2026
Photos from Asociación Galega de Fútbol Gaélico's post 07/09/2026

🏐 UNHA VIAXE PARA LEMBRAR | GALICIA SUB-17 ✈️

A aventura do Galicia Sub-17 en Manchester foi moito máis ca un torneo. Foi unha experiencia de equipo, de convivencia, de aprendizaxe e de crecemento.

A viaxe comezou o venres pola tarde cun amigable fronte ao St Peters GAA Manchester , club local, no que os nosos conseguiron a primeira vitoria da fin de semana. Un primeiro contacto co fútbol gaélico británico que serviu tamén para comezar a vivir o que sería unha fin de semana inesquecible.

Xa o sábado chegou o gran reto. Na competición Cup (máxima competición), Galicia enfrontouse a dous dos condados máis potentes de Gran Bretaña: Official Warwickshire GAA e London GAA Dúas derrotas, si, pero tamén dous partidos nos que o equipo competiu, loitou e nunca deixou de plantar cara.

E aínda quedaba o mellor.

Na final Shield, fronte a Hertfordshire GAA🏐 , o Galicia Sub-17 protagonizou un partido espectacular. Igualdade máxima, emoción ata o final e unha batalla que só se decidiu nos derradeiros intres da segunda parte da prórroga e por dous puntos. Esta vez a vitoria escapou por moi pouco, pero o equipo deixou unha mostra enorme do seu carácter.

💙 Porque esta viaxe non se mide só en resultados.

Mídese nas horas compartidas, nas novas amizades, na camaradería, nas experiencias vividas xuntos e en todo o aprendido dentro e fóra do campo.

Moitas grazas a Gaelic Games Council of Britain polo convite e excelente trato, agardamos poder voltar en sucesivos anos.

Orgullosos deste equipo. Orgullosos de Galicia.
Real Federación Galega de Fútbol - Futgal Gaelic Games Europe World GAA Acontravento Galiza Puntogal Dominio Galego

06/09/2026

Well done to our Hertfordshire u17s team and management on winning the Shield at this year's PBC International Tournament in Manchester yesterday. The boys played Lancashire u17s in the semi final winning 2-15 to 3-05. In the final they came up against a very resilient Galacia GAA (Spain) . The final game needed extra time to separate the sides with Hertfordshire winning by 2 points. Well done to all Involved and to all the parents that travelled and supported the boys. A special thankyou to Lancashire GAA for hosting this years competition. 🟢🟡👏👏

02/09/2026

🎙️ CHRIS COLLINS | Gaelic Games Europe

Chris Collins, Head of Operations de Gaelic Games Europe, estivo connosco durante a primeira edición da Celtic Cup Sub-17 e comparte a súa visión sobre a importancia de crear competicións internacionais que permitan ás novas xeracións competir, aprender e medrar dentro e fóra do terreo de xogo. 🌍🏐

Porque cada partido, cada viaxe e cada encontro con xogadores e xogadoras doutros países forma parte do desenvolvemento dunha nova xeración de xogadoras e xogadores.

E hoxe temos unha noticia que nos fai especial ilusión anunciar:

🔥 A CELTIC CUP SUB-17 VOLVE EN 2027! 🔥

A segunda edición xa está en marcha e chegará con novos equipos, novas caras e un novo formato de competición.

O que comezou en 2026 foi só o principio.

Celtic Cup 2027. See you there. 💙🏐

🎥 Última entrevista da nosa serie sobre a Celtic Cup 2026.



01/09/2026

🌍 O gaélico que nos une

Lola Devlin, xogadora Sub-17 de Naomh Pádraig GAC, Co. Antrim, Irlanda, comparte connosco a súa experiencia no fútbol gaélico. 💚🏐

🎙️ Na entrevista, Lola cóntanos como comezou neste deporte, como ve ás nosas xogadoras galegas e, sobre todo, o que significa para ela poder coñecer rapazas e rapaces doutros países que comparten a mesma paixón polo gaélico.

Porque torneos como a Celtic Cup son moito máis que competición.

Son unha oportunidade para coñecer outras culturas, facer novas amizades, compartir experiencias e descubrir que, aínda que veñamos de lugares diferentes, hai un deporte que nos une.

Irlanda 🤝 Galicia

🎥 Dentro da conversa con Lola Devlin.



01/09/2026

🏐 ÚNETE ÁS CANTEIRAS DO TURONIA!🏐

O Turonia Gondomar F.C. abre as portas da súa canteira de fútbol gaélico para nenas e nenos a partir de 10 anos. 💙💛

Un deporte diferente, dinámico e inclusivo no que aprender, divertirse e formar parte dun equipo. 🤝

📅 Xoves
⏰ 19:00 – 20:30 h
📍 Campo das Gaiandas
💶 150 € por tempada (socio/a – formación, con facilidades de pago)
🎉 Primeira semana de proba GRATIS!

Se queres descubrir o fútbol gaélico e vivir o deporte en equipo, esta é a túa oportunidade!💪

📲 Máis información: 674 680 194 (Vítor)

Gondomar ValMiñor DeporteInfantil ÚneteÁCanteira

28/08/2026

🎙️ DANI ILLOBRE | Unha nova xeración de gaélico

Hai apenas dous meses a Selección Galega Sub-17 daba os seus primeiros pasos na Celtic Cup.

Na entrevista, Dani repasa os seus inicios neste deporte e fala da importancia de que Galicia conte con competicións e torneos de nivel que permitan aos nosos xogadores medrar, competir e vivir experiencias que antes parecían imposibles.
No torneo de xullo vivimos o debut desta xeración e comezamos a escribir unha historia que continúa en Manchester.

De Xove a Manchester. Seguimos medrando. ✈️🏐

27/08/2026

Galicia viaxa a Manchester! 🏐

A Selección Galega Masculina Sub-17 xa ten novo reto. 💙🤍

O vindeiro 4 de setembro, a nosa selección viaxará a Manchester para participar no PCB International Tournament, unha competición que reúne seleccións de diferentes condados de Gran Bretaña e na que Galicia participará como selección convidada. 🌍🏐

Será unha viaxe moi especial: a primeira experiencia internacional da Selección Galega Sub-17, apenas unhas semanas despois do seu debut na Celtic Cup, disputada o pasado mes de xullo.

En Manchester, Galicia afrontará dous partidos na primeira fase:

🇬🇧 Warwickshire U17
⚔️ Galicia U17

E a continuación:

🏴 London U17
⚔️ Galicia U17

Un novo desafío para un grupo de xogadores que terá a oportunidade de competir, aprender e representar a Galicia máis alá das nosas fronteiras.

De Galicia a Manchester.
De debutar na Celtic Cup a competir internacionalmente. 🌍

Lista convocados: Martín Carrillo, Saturnino Penín, Manuel Rey, Xoel Granja, Oscar Pérez, Iker Naveiro, Martín Giao, Hugo Pérez, Antón Ramos, Pedro Muñoz, Anxo Moreno, Simón Rouco, Alexandre Fernández, Santiago Mecías, Alán García, Dani Illobre, Mateo Cabrera, Iker Rodriguez, Yeray Fontela e Rodrigo Sanjuas.

Comeza a viaxe. Comeza unha nova etapa. 💙



Puntogal Dominio Galego Gaelic Games Europe GAA Real Federación Galega de Fútbol - Futgal Acontravento Galiza Deporte Galego Selección Galega de Fútbol Gaélico

24/08/2026

Preguntas sobre a nosa selección desde os en Irlanda con , xogadora de e integrante da nosa selección feminina 🤍🩵🤍

¿Quieres que tu empresa sea el Gimnasio mas cotizado en Santiago de Compostela?

Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.

Localización

Categoría

Teléfono

Dirección


Galicia
Santiago De Compostela