Hockey Berenguela

Hockey Berenguela

Compartir

CD Berenguela
Santiago de Compostela

07/09/2026

COMEZA A COPA GALICIA! 🏆

Hoxe as nosas xogadoras de OK Prata disputan o seu primeiro partido nesta competición, unha nova oportunidade para continuar coa preparación de cara á tempada 2026/2027. 🏑

📅 7 de setembro
🕘 21:00 h
📍 Pavillón Municipal de Vite

📺 O partido será retransmitido en directo por Partidos Hockey Galegos en YouTube.

Agardámosvos en Vite para acompañar o equipo! 🖤❤️

22/08/2026

XA CASE CHEGA SETEMBRO! 📆

E iso só pode significar unha cousa…
VOLVEN OS ADESTRAMENTOS! 🔥

Estamos desexando volver á pista, reencontrarnos e comezar unha nova tempada chea de ilusión, aprendizaxe e, sobre todo, moitas ganas de pasalo ben. 🤩

Queres formar parte da nosa familia?
Anímate e ven a descubrir o hockey patíns connosco!‼️

Aprende, adestra, divírtete e vive o hockey como nunca!
Agardámoste no C.D. Patín Berenguela!❤️🖤

📞 600 216 836

Photos from Hockey Berenguela's post 06/07/2026

Esta fin de semana estivemos en Portugal de torneo, gozando do hóckey e creando un grupo marabilloso, grazas a todas as familias que asistiron e moi bo verán para todos❤️🖤💪🏼

Photos from Hockey Berenguela's post 20/06/2026

Durante esta fin de semana as nosas rapazas Malena, Gemma, Luján y Ari, están representando a Galicia no torneo de seleccións sub 15 feminino, tédelo máis que merecido mozas! 👏🏼❤️
Estamos moi orgullosos de vós!💪🏼❤️🖤

06/06/2026

Chega o último partido da temporada ❤️🖤

Esta tarde, o DP Berenguela Axiltec disputará a derradeira xornada da liga fronte ao Imán Serroukh Alcalá Hockey.

🕕 18:00
📍 Alcalá de Henares

A g***r da pista unha vez máis e a rematar o curso facendo o que máis nos gusta 🏑

Photos from Hockey Berenguela's post 01/06/2026

As nosas infantís regresan da Copa de España cun meritorio cuarto posto ❤️🖤

Unha fin de semana inesquecible para un equipo que afrontaba por primeira vez unha competición destas características, compartindo pista cos mellores equipos do país e vivindo unha experiencia que seguro quedará para sempre na súa memoria.

Ao longo de todo o torneo demostraron personalidade, compromiso, compañeirismo e moitas ganas de competir, deixando unha imaxe fantástica dentro e fóra da pista.

Quedaron ás portas do podio, pero levan algo igual de importante: aprendizaxe, experiencia e a certeza de que o traballo realizado durante toda a temporada ten moito valor.

Grazas por facernos desfrutar e por representar estas cores con tanto orgullo.
O futuro é voso!!!! ❤️🖤🏑

01/06/2026

📆Chega xuño e xunto a el, xornadas de postas abertas para calquera pequeno ! 🛼
Anímache a probar o hóckey sobre patíns, se necesitas material aquí temos de todo ! ‼️
Calquera dúbida: 600216836 📞📨

30/05/2026

Orgullo absoluto destas rapazas ❤️🖤

O noso infantil feminino pelexou ata o último segundo nunha semifinal moi igualada que rematou cun axustado 2-1.

Ás veces o resultado non acompaña, pero hoxe volveron demostrar carácter, compromiso e unha capacidade de loita que nos fai sentir moi orgullosos delas.

Mañá ás 12:00 terán unha nova oportunidade para seguir competindo, no partido polo terceiro e cuarto posto do Campionato de España.

A cabeza ben alta e a seguir gozando dunha experiencia que xa é inesquecible ❤️🖤🏑

Photos from Hockey Berenguela's post 30/05/2026

Chega a hora da verdade ❤️🖤

Ás 20:30, o noso infantil feminino saltará á pista para disputar a semifinal do Campionato de España.

Un premio ao esforzo, ao traballo de toda a temporada e ás ganas de competir que este equipo leva demostrando durante todo o ano.

Agora toca desfrutar do momento, confiar no traballo feito e loitar cada bola ata o final.

Moita sorte, rapazas. Todo o club está con vós ❤️🖤🏑

30/05/2026

Esta tarde temos unha cita importante na casa ❤️🖤

Ás 20:00, o noso equipo feminino prata disputa o seu último partido como local desta temporada.

Unha campaña de esforzo, compromiso e moitas horas de traballo merece rematar coa bancada chea de apoio e ánimo.

Así que xa sabedes: vémonos na pista para empurrar xuntas ata o final 🏑

❤️🖤 Animade, gozade e facede sentir o calor da nosa afección.

¿Quieres que tu empresa sea el Gimnasio mas cotizado en Santiago de Compostela?

Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.

Localización

Categoría

Página web

Dirección


Santiago De Compostela