29/08/2026
Campionato Xunta de Galicia Trail Running - Carreiras de Montaña
Folgoso do Courel
🤍🩵
Páxina da S.D. Compostela Atletismo
29/08/2026
Campionato Xunta de Galicia Trail Running - Carreiras de Montaña
Folgoso do Courel
🤍🩵
🩵🤍 AS ESCOLAS DEPORTIVAS DA SD COMPOSTELA ATLETISMO VOLVEN!🏃♀️🏃♂️
📅 O 7 de setembro damos o pistoletazo de saída a unha nova tempada chea de deporte, diversión e moitos quilómetros! 💪🏼
Se o teu peque quere descubrir o atletismo, facer novos amigos, aprender e, sobre todo, pasalo ben practicando deporte… este é o seu sitio! 🙌🏼
🏃 Carreiras
🏃♀️ Saltos
🎯 Lanzamentos
🤸♂️ Coordinación e habilidades motrices
💙 E moitas ganas de desfrutar!
Non importa se nunca practicou atletismo ou se xa leva tempo correndo: temos sitio para todos e todas! 🥰
👉 Anímate a formar parte da familia da SD Compostela Atletismo e descubre todo o que o atletismo pode ofrecer 🩵🤍
📩 Para máis información e inscricións, escríbenos!
Únete as Escolas Deportivas da SD 💪
👉 Podes manterte ao día de todo o que acontece no club na nosa web: www.sdcompostelaatletismo.com
14/08/2026
🩵🤍 CRÓNICA DE XULLO NA WEB ☀️🏃♀️🏃♂️
O verán non dá para máis! 😅 Entre carreiras, viaxes, vacacións e moitos quilómetros, decidimos resumir todo o vivido durante o mes de xullo nunha única crónica.
🏃♂️ Carreiras populares
⛰️ Trail
🏆 Podios e vitorias
👟 Moita participación do club
Xa podedes consultar na web todo o que deron de si estas semanas de verán.
E tranquilos… en agosto faremos o mesmo! 😉 Seguiremos recollendo todas as competicións e resumiremos nunha nova crónica todo o que vaia acontecendo durante este mes.
Agora toca seguir desfrutando do verán, das carreiras e, se se pode, tamén dun pouco de descanso 😎☀️
🩵🤍 Bo verán!
👉 Podes manterte ao día de todo o que acontece no club na nosa web: www.sdcompostelaatletismo.com
28/06/2026
VI CARREIRA 5K EL CANARIO-HOMENAXE JOSÉ NESPEREIRA🩵🤍
25/06/2026
📰 Nova crónica na web! 🩵🤍
Poñemosnos ao día! E esta vez toca repasar unha xornada chea de actividade por toda Galicia 👇
🏃♂️ Muxía
🌄 Os 21 do Camiño
🌙 EstraNoite
🏆 Carballedo
⛰️ Trail de Chandrexa de Queixa
💯 Os 100 do Barbanza
Con podios absolutos, vitorias por categorías, trail, media maratón, ultras e tamén a nosa canteira competindo unha fin de semana máis 💪🔥
Parabéns a todos os atletas que seguen levando as cores do Compos por cada recuncho de Galicia.
👉 Xa podedes ler a crónica completa na web: www.sdcompostelaatletismo.com
22/06/2026
📰 Nova crónica na web! 🩵🤍
Seguimos poñéndonos ao día cunha tempada que non para 😅
Esta vez repasamos unha fin de semana chea de éxitos para o Compos:
🏆 Títulos galegos máster en pista
🥇 Campioas galegas de trail por clubs en categoría Promoción
🥈🥉 Podios en Faro do Roncudo, As Forcadas e Vigo
⛰️ Grandes resultados en San Pedro de Rocas
🏃♂️🏃♀️ Presenza do club por toda Galicia
Unha vez máis, os nosos atletas demostraron que o Compos compite e loita en todas as disciplinas: ruta, trail e pista 💪🔥
👉 Xa podedes ler a crónica e manterte ao día de todo o que acontece no club na nosa web: www.sdcompostelaatletismo.com
15/06/2026
🩵🤍 NOVA CRÓNICA NA WEB 🏃♂️🏃♀️
Con algo de retraso (xa sabedes que o calendario non dá tregua 😅), xa tedes dispoñible na nosa web a crónica dunha fin de semana cargada de competicións e bos resultados.
📍 CorreSan de Conxo
📍 10K Carballo
📍 Semana Verde de Silleda
📍 San Sadurniño
📍 Corre por Ourense Centro
📍 Carreira da Cereixa
🏆 Vitorias absolutas, podios de categoría, moita participación das nosas escolas e, sobre todo, unha vez máis, moito Compos espallado por toda Galicia.
📲 Pasade pola web para descubrir todos os resultados e as actuacións dos nosos atletas.
⏳ E atentos, porque en breve tamén publicaremos a crónica deste pasado fin de semana... 😏💪
👉 Podes manterte ao día de todo o que acontece no club na nosa web: www.sdcompostelaatletismo.com