Club BM Xallas

Club BM Xallas Páxina totalmente oficial do Club Balonmán Xallas.

🤾🏼 Anunciamos os partidos desta fin de semana ! 🤾🏼Moito balonmán fora da casa esta fin de semana !🗓  19/09/2026🟢 Infanti...
17/09/2026

🤾🏼 Anunciamos os partidos desta fin de semana ! 🤾🏼

Moito balonmán fora da casa esta fin de semana !

🗓 19/09/2026

🟢 Infantil Feminino
📍Pavillón CEIP Fogar – Carballo
🕙 10:45
🏆 Partido Amigable
E.D. Xiria 🆚️ Balonmán Xallas

🟡 Xuvenil Feminino
📍Pavillón Vila de Noia – Carballo
🕒 15:45
🏆 Partido Amigable
E.D. Xiria 🆚️ Balonmán Xallas

Primeira xornada da Copa Federación sénior feminina.Primeira proba desta tempada para as xogadoras de Seguros M. Vieito,...
14/09/2026

Primeira xornada da Copa Federación sénior feminina.

Primeira proba desta tempada para as xogadoras de Seguros M. Vieito, que viaxaban a Carballo para enfrontarse ao Calvo Xiria.

Como sempre, este derbi non decepcionou: intensidade e loita estiveron servidas durante todo o encontro.

Un partido no que as de Vieito foron de menos a máis. Na primeira metade, as locais chegaron ao descanso cunha vantaxe de cinco goles, cun marcador de 13-8.

Xa na segunda parte, as de Vieito fixeron sufrir ás locais, conseguindo igualar o encontro e chegar ao final cun 19-19.

As rotacións foron constantes e todas as xogadoras tiveron minutos.

Destacar tamén o bo traballo das xuvenís Isabella e Noelia, que debutaban na categoría sénior e deixaron claro que na canteira hai futuro.

💚💛💜 ORGULLO XALLEIRO

---

Partido amigable para as nosas infantís de primeiro ano, que por primeira vez xogaban a balonmán 7.

Un encontro no que as nosas nos sorprenderon gratamente e demostraron que teñen moito que dar de aquí ao final da tempada.

Moitas grazas ao Xiria por prestarse para disputar este amigable.

💚💛💜 ORGULLO XALLEIRO

💚💛💜 PECHAMOS A PRESENTACIÓN DOS NOSOS PATROCINADORES DO EQUIPO SENIORE facémolo agradecendo o apoio de Ferrocar e Recamb...
11/09/2026

💚💛💜 PECHAMOS A PRESENTACIÓN DOS NOSOS PATROCINADORES DO EQUIPO SENIOR

E facémolo agradecendo o apoio de Ferrocar e Recambios Fiber, dúas empresas da nosa contorna que tamén apostan polo equipo sénior do BM Xallas.

🏗️ Ferrocar, con máis de 50 anos de traxectoria, é unha empresa especializada no deseño, fabricación e montaxe de solucións en formigón prefabricado para proxectos industriais, agrícolas, gandeiros, de edificación e obra civil.

🔧 Recambios Fiber, desde Santa Comba, ofrece un amplo catálogo de recambios, accesorios e produtos para automoción, vehículos industriais e maquinaria, ademais de aceites, lubricantes, ferramentas e diferentes solucións para o mantemento e o traballo diario.

Dúas empresas diferentes, pero cun compromiso común: apostar pola nosa terra e polo deporte local.

🤝 Grazas a Ferrocar e Recambios Fiber por confiar no BM Xallas e por acompañarnos nesta tempada.

💚💛💜 Dentro e fóra da pista, este equipo facémolo entre todos.

SantaComba Xallas DeporteLocal

💚💛💜 SEGUIMOS PRESENTANDO A QUEN XOGA AO NOSO LADOHoxe queremos agradecer o apoio de Prefabricados Santa Comba e Cervecer...
09/09/2026

💚💛💜 SEGUIMOS PRESENTANDO A QUEN XOGA AO NOSO LADO

Hoxe queremos agradecer o apoio de Prefabricados Santa Comba e Cervecería D'Mara, dúas empresas da nosa contorna que tamén confían no proxecto do BM Xallas.

🏗️ Prefabricados Santa Comba, con décadas de experiencia, desenvolve solucións en formigón para construción industrial, gandeira e diferentes tipos de proxectos, sendo unha empresa moi ligada á actividade económica da nosa comarca.

🥩 Cervecería D'Mara segue evolucionando a súa proposta gastronómica, cunha aposta especial polas carnes premium e maduradas, elaboradas con mimo, ás que se suman as súas suxestións do mes, menús especiais para grupos e o menú diario.

Un lugar para o día a día, pero tamén para sentarse á mesa, compartir e desfrutar dunha boa carne e dunha proposta diferente.

🤝 Grazas a Prefabricados Santa Comba e Cervecería D'Mara por apoiar o noso equipo sénior e confiar no deporte da nosa terra.

💚💛💜 O BM Xallas tamén medra grazas ás empresas que deciden formar parte del.

Balonmán Xallas

💚💛💜 EMPRESAS QUE MEDRAN CON NÓSSeguimos presentando ás empresas que fan posible que o noso equipo sénior siga competindo...
08/09/2026

💚💛💜 EMPRESAS QUE MEDRAN CON NÓS

Seguimos presentando ás empresas que fan posible que o noso equipo sénior siga competindo, medrando e levando o nome do BM Xallas alí onde xogamos.

Hoxe queremos agradecer o apoio de ELMEGA e MM Laysan, dúas empresas cunha importante vinculación coa nosa contorna e que decidiron apostar polo noso proxecto deportivo.

🐄 ELMEGA, desde Santa Comba, leva décadas desenvolvendo solucións e equipamento para o sector gandeiro, cunha filosofía baseada na experiencia, na innovación e no contacto directo coas necesidades dos profesionais.

🏗️ MM Laysan conta cunha ampla experiencia no sector das construcións metálicas, realizando estruturas, cubertas e cerramentos para proxectos industriais, comerciais e particulares.

Dous sectores moi diferentes, pero algo en común: traballo, compromiso e confianza na nosa terra.

🤝 Grazas a ELMEGA e MM Laysan por formar parte desta tempada e por apoiar ó BM Xallas.

💚💛💜 Seguimos medrando xuntos.

SantaComba Xallas DeporteLocal

💚💛💜 SEGUROS M. VIEITO, PATROCINADOR PRINCIPAL DO NOSO EQUIPO SÉNIORComezamos a presentar ás empresas que esta tempada ca...
07/09/2026

💚💛💜 SEGUROS M. VIEITO, PATROCINADOR PRINCIPAL DO NOSO EQUIPO SÉNIOR

Comezamos a presentar ás empresas que esta tempada camiñan ao lado do BM Xallas, e facémolo co noso patrocinador principal: Seguros M. Vieito.

Axente exclusivo de Generali en Santa Comba que aposta pola proximidade, o asesoramento personalizado e por ofrecer a cada cliente a protección que realmente necesita, tanto para particulares como para autónomos e empresas.

Pero hoxe queremos falar, sobre todo, doutra aposta: a que fan polo deporte da nosa comarca e polo noso equipo sénior.

O seu apoio permítenos seguir medrando, competindo e construíndo un proxecto deportivo cada vez máis forte.

Porque detrás dun equipo non están só as xogadoras e o corpo técnico. Tamén están as empresas que confían nel e deciden formar parte do camiño.

🤝 Grazas, Seguros M. Vieito, por confiar no BM Xallas e acompañarnos unha tempada máis.

💚💜 Seguimos xuntos.

02/09/2026

💚💛💜 DÚAS NOVAS INCORPORACIÓNS PARA SEGUIR MEDRANDO

Chegan ao BM Xallas Antía Vilariño e Nazaret del Río, dúas xogadoras novas pero cunha traxectoria importante ás súas costas. 🤾‍♀️

Antía Vilariño chega procedente do Balonmán Cangas, club no que se formou e co que competiu en citas importantes das categorías de base, disputando varias Final Four e fases de sector nacional, ademais de destacar pola súa capacidade ofensiva e goleadora.

Nazaret del Río iniciou a súa formación no Balonmano Torrelavega e posteriormente continuou no BM Pereda, onde chegou a adestrar co primeiro equipo da Liga Iberdrola e debutou en División de Honor Plata sendo aínda xogadora xuvenil.

Durante a súa etapa de formación representou tamén a Cantabria nun CESA, logrando a sétima posición nacional, disputou sectores do norte tras proclamarse campioa de liga en Cantabria e participou, sendo aínda xuvenil, nunha fase de ascenso ante o equipo sénior do Anaitasuna.

A súa etapa sénior desenvolveuse en Galicia, formando parte do Balonmano Pabellón, en Primeira e Segunda Autonómica, e posteriormente do Saeplast Balonmano Cañiza, competindo en División de Honor Plata.

Dúas xogadoras con experiencia, ambición e moito balonmán ás súas costas que chegan para sumar e reforzar o equipo nesta nova tempada.

Benvidas ao BM Xallas, Antía e Nazaret.
Seguimos medrando. Seguimos facendo Xallas. 💚💛💜

01/09/2026

💚💛💜 CONTINUIDADE QUE SUMA

Un ano máis, Natalia Romero e Andrea Abad seguirán formando parte do BM Xallas.

Dúas xogadoras que continúan aportando ao club traballo, compromiso e implicación, valores fundamentais para seguir construíndo equipo tempada tras tempada. 🤾‍♀️

Grazas, Natalia e Andrea, por seguir con nós e por continuar defendendo estas cores.

Seguimos sumando.
Seguimos facendo Xallas. 💚💛💜

🔥💥 O campamento de Verán Bm Xallas 26 métese de cheo na súa recta final e este luns pechamos por todo o alto! 🚀🎯​Menuda ...
29/08/2026

🔥💥 O campamento de Verán Bm Xallas 26 métese de cheo na súa recta final e este luns pechamos por todo o alto! 🚀🎯
​Menuda semana levamos, isto foi unha auténtica locura de non parar: ⚡ partidas épicas de Datchball 🔴🔵 e Fortnite por equipos 🎮🔥 onde houbo nivelazo, dándolle a tope de caña ao balonmán 🤾‍♂️ e minibalonmán 🤾‍♀️, e sacando o noso lado máis artístico con eses marcapáxinas que son obras de arte puras 🎨📚✨.
​Pero esperade, que hai máis! 🍔 Os nosos mini chefs montáronse un cociñado de rollitos de Nutella que eran pura fantasía (para chuparse os dedos, literal 🍫🤤 chef total!), e a excursión ao Diverjump de Santiago foi de outro planeta 🚀 trampolíns, saltos mortais, risas e momentos épicos con participantes e monitores que o deron absolutamente todo 🤸‍♂️🤸‍♀️😂🎉.
​Aínda nos queda o luns para rematar o campa como se merece! 🤩 Que non decaia o ritmo, rapazada! 💃🕺💚🤾‍♂️

28/08/2026

💚💛💜 TRES RENOVACIÓNS MÁIS PARA SEGUIR SUMANDO

Bea Rebelo, Bineta Thiam e Iria Ferreiro continuarán unha tempada máis defendendo as cores do BM Xallas. 🤾‍♀️

Tres pezas fundamentais no equipo, polo seu traballo, compromiso e todo o que achegan dentro e fóra da pista.

Queremos agradecerlles a súa continuidade e a confianza para seguir formando parte deste proxecto.

Grazas por seguir con nós. Seguimos facendo Xallas! 💚💛💜

Dirección

Santa Comba
15841

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Club BM Xallas publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Club BM Xallas:

Atajos

Compartir

Categoría