23/08/2026
Coasteering – Aventura na costa 💦
Saída ás 9:00h dende Pontevedra. Punto de encontro e inicio na praia de Canelas.
🗺️ Actividade de dificultade moderada. Duración aproximada: 4 horas. As viaxes de ida e volta farán que a actividade se alongue mais aló do mediodía. Os horarios e a actividade están suxeitos ao nivel da marea e ao estado da mar. A previsión de comezo é ás 10:30 horas aproximadamente (recoméndase vir ben almorzado).
🎒 MATERIAL: Casco (obrigado) e neopreno (obrigado), calzado con bo agarre (botas ou zapatillas). O Club pode proporcionar casco a aquel que non posúa, existen a disposición un número limitado de neoprenos curtos e longos (recoméndase longo).
⚠️OBRIGATORIO: Saber nadar. Os menores de idade (16 e 17 anos) terán que vir acompañados de titor/a responsable.
💲O CUSTO INCLÚE: Guiado benévolo da actividade e seguros obrigatorios
As dúbidas resolveranse con Angel por correo-e [email protected] ou por whatsapp no teléfono 609 454 110.
Inscricións na nosa web 📝
20/08/2026
Seguimos aproveitando o verán como máis nos gusta! Desta volta trasladámonos ata O Rosal para desfrutar dunha actividade de barranquismo no Rego do Sal. 💦
12/08/2026
MONTAÑISMO FAMILIAR - Xurés e Río Caldo ☀️
📍Lugar: O Xurés (Lobios-Entrimo)
👥Organiza: Carmen Iglesias e Manuel Beloso
🗓️Saída.- Sábado 29 dende o Pavillón dos Deportes de Pontevedra ás 9:30 h
Desenvolvemento.- Faremos viaxe o mesmo sábado 2 (2 ½ horas aprox.) ata as inmediacións do río Caldo. Baño e xantar á beira do río. Marcharemos arredor das 19:00 h ao Camping Viña Grande, cear e durmir. 🏕️
O domingo 30 pola mañá tralo almorzo faremos unha pequena camiñada ata as pozas da Corga da Frecha (ou algún roteiro similar), onde nos bañaremos e xantaremos, baixada de volta e retorno arredor das 18:00 h para chegar a Pontevedra contra ás 21:00 h. 🥾💦
Inclúe organización, cea do sábado, pernocta do sábado en bungalow camping Viña Grande, almorzo do domingo e seguro para Non Federado. DESPRAZAMENTO e resto de comidas por conta do participante. 🚘🥪
Material necesario.- Gorra, crema solar, roupa de baño, calzado para auga (chanclas pechadas na taloneira para bañarse no río cheo de cons), chuvasqueiro se o tempo o precisa, calzado e roupa para camiñar, algo de roupa de abrigo e moitas gañas de desfrutar.
Máis información e inscripcións na web. 📜
05/08/2026
Os nosos rapaces e rapazas da escola de escalada de verán desfrutando das vías exteriores e o bo tempo 🧗☀️
04/08/2026
Barranquismo: O Rosal – O Rego do Cal 🏞️
Actividade de dificultade moderada, con duración aproximada de 4 horas. As viaxes de ida e volta poden facer que a actividade se alongue mais alo do mediodía. A previsión de comezo é ás 10:30 horas aproximadamente (aconséllase vir ben almorzado). O barranco da actividade pode variar polas condicións do río. 💦
Prazas limitadas.- Idade mínima de 16 anos (acompañado), os menores de idade terán que vir acompañados de titor/ora maior de idade. 👥
Material individual necesario.– Casco (obrigado), neopreno (obrigado), calzado con bo agarre (botas ou zapatillas), arnés, mosquetón e descensor. 🎒
IMPORTANTE ‼️
O Club porá a disposición dos participantes o material colectivo necesario, material individual até fin de existencias. Aconséllase traer todo o material individual posible.
É obrigatorio saber nadar.
Mais INFO contactar con Angel no correo-e [email protected] ou no teléfono 609 454 110 (whasapp).ℹ️
Inscripcións na web. 📜
03/08/2026
Sendeirimo en Pontemaceira. Unha agradable xornada en boa compañía con praia fluvial incluída, q mellor plan para estes días de verán? 😉🥾💦
28/07/2026
Fantásticas fotos que nos chegan dende a Costa da Vela 🪸🌊
Activiade de coastering - Domingo 26 de Xullo
27/07/2026
SENDEIRISMO - Ponte Maceiras e Río Tambre 🥾
Monitores: Segundo Querejeta e Ramona Abellas.
🚘Saída: Ás 09:00 h dende o Pavillón dos Deportes de Pontevedra.
🚶♀️➡️Inicio do Roteiro: Ponte Maceira (Ames) a 63 Km de Pontevedra
ℹ️ Ponte Maceira, un dos pobos máis bonitos de España, une os municipios de Negreira e Ames separados polo Río Tambre.
Iniciamos o roteiro en Ponte Maceira, atravesando a ponte (datado do século XIII) e o Pazo de Baladrón penetrámonos no “bosque máxico”, cheo de castiñeiros, carballos, piñeiros e outras especies autóctonas. Tras finalizar este primeiro tramo o roteiro condúcenos a marxe do río Tambre. O carreiro acompaña ao río, ancho, caudaloso e silencioso. O río escóndese tras unha beira con abundante vexetación que nos permite desfrutar de forma moi intermitente das vistas do río Á altura de Portochán a ponte permítenos cambiar de marxe e iniciar o regreso. Na área recreativa de Tapia aproveitaremos para comer e se o tempo acompaña darnos un baño.
A volta acompañando o descenso do río realízase por carreiros, algún tramo estreito e sinuoso, e outros veces ancho e doado de camiñar.
🔶DIFICULTADE: Baixa, aproximadamente 22 km.🔶
Máis información e inscripcións na web. 📜
21/07/2026
Lola e Pedro, socios de AROMON, participaron durante tres días no Campamento Infantil de Montañismo da Escola Galega de Alta Montaña Escola Galega de Alta Montaña e da Federación Galega de Montañismo Federación Galega Montañismo. Experiencia que compartiron con outros catorce nenos e nenas de toda Galicia. 💪🏼🏕️
Montañismo, orientación, sendeirismo, primeros auxilios, medio ambiente, escalada, rapel e descenso de barrancos, foron os temas tratados durante os días de campamento entre o refuxio de Club Montañeiro Celtas no Monte Aloia la Serra do Galiñeiro e el río Cerves en Melón. ⛰️💦
Esperamos que desfrutárades da experiencia, a seguir aprendendo así! 🙌🏼
20/07/2026
Aromones polo mundo! 3 dos nosos socios participaron recentemente na competición "5 días de Bulgaria" 🧭
Noraboa polo voso traballo, un gusto tervos no noso equipo! 💪🏼