23/08/2026
🏀💚 As xogadoras Emma Casanova, Ana Tobio e Gadea Sieiro participaron onte no III Torneo 3x3 da Fegaba, celebrado en Santiago de Compostela.
Unha gran experiencia para seguir gozando do baloncesto, competir e compartir pista! 👏🔥
22/08/2026
💚 XORNADA DE PORTAS ABERTAS! 🏀
Queres descubrir o baloncesto, coñecer o noso club e vivir de preto o que significa formar parte da familia verde? 💚 Esta é a túa oportunidade! 🙌
Abrimos as portas do club para que podades probar, xogar, divertiros e coñecer as nosas xogadoras e adestradores/as.
🏀 Non importa se nunca xogaches antes: só precisas ganas de pasalo ben e desfrutar do baloncesto!
Ven probar e descubre todo o que temos preparado para ti! 💚
19/08/2026
Aldara Vázquez Méndez acudiu como fisioterapeuta a Íscar ca seleción U14 Femenina do 3 ao 9 de agosto👏👏👏
Parabéns Aldara, máis que merecido!💚💚💚
28/07/2026
👀 Sabemos que vos tivemos un pouco abandonados/as estas últimas semanas... pero era por unha boa razón. 💚🏀
Antes de nada, queremos darvos as grazas por todo o apoio que nos brindastes durante a pasada tempada. A vosa confianza e o voso ánimo son fundamentais para seguir medrando xuntos. 💚
Agora toca mirar cara á nova tempada. Levamos semanas traballando con moita ilusión para preparar todo o que está por vir e moi pronto comezaremos a compartir convosco todas as novidades.
Permanecede moi atentos/as... porque isto xa está en marcha! ✨🏀💚
23/07/2026
Al cerrar este curso deportivo, desde el Club Baloncesto Arxil queremos expresar nuestro más profundo agradecimiento al Plan Social de ENCE Pontevedra🌱. En un entorno donde conseguir apoyos para el deporte femenino sigue siendo un desafío, la aportación de ENCE ha sido el “oxígeno” que nos ha permitido seguir adelante🤝🤝.
Porque, como bien sabe ENCE, ¡el deporte base no es solo deporte! Es formación, es igualdad y es comunidad. Gracias por creer en nosotras y por ser el motor que nos permite competir. ¡El deporte base es mucho más que juego!🏀
¡Seguimos trabajando por un futuro donde cada niña tenga una canasta donde soñar!💚
21/06/2026
🏀 Onte, Cayetana Mariño Palomino participou na Xuntanza Preminibasket en Sada (A Coruña), tras ser seleccionada pola FEGABA para a xornada de xogadoras da xeración 2016.
Unha boa oportunidade para seguir aprendendo, desfrutando do baloncesto e compartindo experiencia con outras xogadoras💚👏
14/06/2026
🏀💚 Que ben o pasaron onte as nosas pequenas no torneo de Pontedeume organizado polo C.B. Pontumio. Unha xornada fantástica na que as rapazas dos tres equipos mini, Mini A, Mini B e Mini C, desfrutaron de varios partidos, pero sobre todo compartiron momentos de diversión, convivencia e moitas risas xuntas. 💚
Seguimos facendo equipo e creando recordos inesquecibles dentro e fóra da pista.
Grazas, como sempre, á organización do C.B. Pontumio por facelo todo tan ben e por facer posible unha xornada tan especial. 👏💚