Rítmica Arnela

Rítmica Arnela

Compartir

Club de Ximnasia Rítmica
Vilaboa, Moaña e Cangas

02/09/2026

✨QUERES FORMAR PARTE DA NOSA ESCOLA? ✨

No Club Arnela xa estamos preparando todo para dar comezo aos adestramentos este mes de setembro. 🤸‍♀️

Se queres formar parte do Arnela e practicar ximnasia rítmica, xa podes realizar a túa inscrición para a tempada 2026/27. E se aínda non estás seguro/a, tamén tes a opción de vir probar un día nas nosas Xornadas de Portas Abertas e coñecer de primeira man o que facemos. 💙

Non é necesaria experiencia previa! Só precisas ganas de aprender, desfrutar e facer deporte.

📍 Vilaboa, Moaña e Cangas
👧 A partir dos 3 anos, sen límite de idade

👉 Escolle a opción que prefiras:
- Inscrición para a tempada 2026/27
- Inscrición para as Xornadas de Portas Abertas (8 e 9 de setembro)

📲 Se tes dificultades para realizar a inscrición a través do formulario do QR, podes facela enviando un WhatsApp ao 684 78 85 59 ou escribíndonos directamente por Instagram: Club Arnela.

Photos from Rítmica Arnela's post 12/07/2026

Campionato Galego Interescolar 🩵🤩

Pechamos a tempada cunha das citas máis importantes do calendario, e non podemos estar máis orgullosas das nosas ximnastas. Todas elas demostraron o traballo, a constancia e a ilusión que levan construíndo durante toda a tempada, acadando os obxectivos marcados

Parabéns a todas! Estes foron os seus resultados:

🥉 Conxunto Xuvenil: executou un impecable exercicio de mazas, conseguindo un merecido 3º posto.

🥈 Trío Benxamín: superaron os nervios e acadaron un 2º posto.

🥇 Conxunto Iniciación: coroou unha tempada espectacular mantendo o 1º posto que defenderon ao longo de toda a tempada.

🎖️Olivia Vecoña: logrou situarse entre as 7 mellores ximnastas de Galicia

🎖️ Dúo Alevín: soubo defender o seu exercicio e, sobre todo, gozalo ata o final, acadando un 5º posto.

Grazas ás familias polo apoio incondicional e parabéns, unha vez máis, a todas as nosas ximnastas e adestradoras por facer que esta tempada quede para o recordo. Seguimos medrando xuntas. 🩵🫶🏻

Photos from Rítmica Arnela's post 10/07/2026

Campionato Galego Promoción 🩵🔝

Unha fin de semana máis de nervios, ilusión e moita rítmica. As nosas ximnastas volveron demostrar todo o aprendido durante a tempada, competindo con confianza e deixando moi boas sensacións sobre o tapiz.

🥈 Conxunto Xuvenil Promoción: un 2º posto, premio ao esforzo e ao gran exercicio realizado

🎖️ Tamén queremos felicitar ao Conxunto Alevín e ao Conxunto Infantil, que defenderon os seus exercicios con moita entrega e representaron ao club da mellor maneira.

Parabéns a todas 👏🏻🤗

Photos from Rítmica Arnela's post 10/07/2026

✨ E chegou o momento de subir ao tapiz

A exhibición de fin de tempada puxo o broche de ouro a unha tempada inesquecible, na que todas as nosas ximnastas tiveron a oportunidade de amosar o traballo, a ilusión e o esforzo de todo un ano. 🤸‍♀️🩵

Grazas a todas as ximnastas, familias, adestradoras e patrocinadores que nos acompañastes durante esta tempada. O voso apoio e compromiso son parte fundamental de todo o que conseguimos.

Porque, máis alá das coreografías e dos resultados, o máis valioso é todo o que construímos xuntos: bos recordos, compañeirismo, aprendizaxe e unha gran familia chamada Arnela

Vémonos na próxima tempada! ✨🤸‍♀️

Photos from Rítmica Arnela's post 10/07/2026

Antes das actuacións da exhibición de fin de curso da tarde, vivimos unha mañá moi especial de convivencia entre as ximnastas do club.🩵

As mais pequenas compartiron adestramento, xogos, sorteos e moitas risas coas máis veteranas, que son, sen dúbida, unha gran fonte de inspiración para elas.
Unha xornada para desfrutar e seguir creando vínculos que fan do noso club unha gran familia.🫶🏻

Ao longo de toda a xornada, entre a mañá e a tarde, participaron máis de 120 nenas, enchendo o pavillón de ilusión, compañeirismo e moita ximnasia.

Grazas a todas as familias!🩵🌟🤩

Photos from Rítmica Arnela's post 10/07/2026

Antes das actuacións da exhibición de fin de curso da tarde, vivimos unha mañá moi especial de convivencia entre as ximnastas do club. ☀️🩵

As máis pequenas compartiron adestramento, xogos, sorteos e moitas risas coas máis veteranas, que son, sen dúbida, unha gran fonte de inspiración para elas. Unha xornada para desfrutar e seguir creando vínculos que fan do noso club unha gran familia.

Ao longo de toda a xornada, entre a mañá e a tarde, participaron máis de 120 nenas, enchendo o pavillón de ilusión, compañeirismo e moita ximnasia. ✨

Grazas a todas as familias!

09/07/2026

Queres probar a ximnasia rítmica? Esta é a túa oportunidade!

O 20 de agosto, de 10:00 a 11:00 h, faremos unha Xornada de Portas Abertas no Pavillón do Toural (Vilaboa)

📝 Para asistir é necesario cubrir previamente o seguinte formulario de inscrición:
https://forms.gle/vxq181a9wL1FDgRg9

✨ A sesión será moi semellante a un adestramento habitual, adaptada ao nivel de cada participante.

🤍 Podes vir tanto se nunca practicaches ximnasia rítmica como se xa a fixeches ou mesmo competiches e che apetece formar parte da familia Arnela. Durante a xornada, valoraremos o nivel de cada nena ou neno para incorporalo ao grupo que mellor se adapte ás súas características e experiencia.

👧👦 Dirixida a nenas e nenos nacidos a partir de 2023.

🎒 Que hai que traer?
• Roupa cómoda.
• O pelo recollido.
• Unha botella de auga.
• E moitas ganas de pasalo ben! 💙

📍 Importante: a xornada de proba realizarase unicamente no Pavillón do Toural (Vilaboa). Durante a tempada, as clases impártense en Vilaboa, Moaña e Cangas, polo que despois poderás escoller a escola que mellor che conveña.

💙 Agardámoste para compartir unha mañá de deporte, aprendizaxe, amizade e moita ilusión!

30/06/2026

Levamos desde o luns vivindo unha semana incrible de ximnasia rítmica e non podemos estar máis orgullosos de todo o que estades a dar 🫶🏻

E isto aínda non rematou…

🔥 ANUNCIAMOS 2 NOVAS INVITADAS SORPRESA 🔥

Dous nomes que van facer estes últimos días aínda máis especiais…

Preparádevos para seguir gozando ata o final do campus ✨

E se este ano non puideches apuntarte, quédate co nome de Arnela Camp porque este proxecto só acaba de comezar. Cada edición imos ir a máis, medrando con máis ilusión, máis sorpresas e máis ximnasia rítmica

21/06/2026

¡HOXE É O GRAN DÍA! FESTA DE VERÁN DO CLUB ARNELA ☀️
Chegou o momento de desfrutar de todo o esforzo desta tempada! Hoxe celebramos a nosa gran Festa de Verán e queremos compartir este día tan especial con todos vós.
🕒 Horarios e actividades:
11:30 da mañá ➡️ XORNADA DE PORTAS ABERTAS GRATUÍTA: Queres probar a ximnasia ou coñecernos por dentro? Ven á nosa xornada matinal e trae un amigo ou amiga contigo! Pasarémolo en grande.
4:30 da tarde ➡️ GRAN FESTA E EXHIBICIÓN: Agardámosvos a todos no Pavillón de Reibón! As nosas ximnastas van celebrar a fin de curso ensinando todos os seus exercicios, coreografías e trucos. Vai ser espectacular!

📍 Onde? Pavillón de Reibón.
👥 Para quen? Para todo o mundo! Familias, amigos e calquera que queira g***r da ximnasia.

Grazas ao Concello de Moaña Oficial por colaborar sempre e a CM Vilaboa polo apoio incondicional e inesgotable

13/06/2026

✨ Campionato Galego de Promoción Memorial Antonio Prada✨

Hoxe asistimos a unha cita moi especial que se celebra no pavillón dos Remedios en Ourense.

Moita sorte a todas as ximnastas

Toca desfrutar 🤸‍♀️

¿Quieres que tu empresa sea el Gimnasio mas cotizado en Pontevedra?

Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.

Localización

Categoría

Teléfono

Dirección


Pavillón Do TOURAL S/N, Vilaboa, PO
Pontevedra
36141