Atl.arnoia

Atl.arnoia

Compartir

Equipo de 3ª RFEF

07/06/2026

⚽️ NOVAS REDES ⚽️💚🤍

23/05/2026

🔥OFICIAL | Novo adestrador para o Atlético Arnoia 🔥

O Atlético Arnoia ten o pracer de anunciar a incorporación de Marcos Álvarez para esta nova tempada na Preferente. ⚽

Un proxecto ilusionante que comeza en A Queixeira, coa ambición, o traballo e o compromiso como sinais de identidade. 💚🤍

Desexámoslle moita sorte nesta nova etapa defendendo as cores do noso club.
Benvido á túa nova casa, Marcos! 🙌

📍 A Queixeira
Benvido ForzaArnoia

Photos from Atl.arnoia's post 20/05/2026

DESPEDIDAS

Noelia Aparicio pon punto e final á súa etapa no Atlético Arnoia tras unha longa e destacada traxectoria formando parte do corpo técnico da entidade. Noelia converteuse nunha figura moi relevante dentro do club, sendo unha das poucas mulleres -ou posiblemente a única- adestradoras de Nivel 3 que permaneceu durante 300 partidos no banco dun equipo de fútbol masculino como Atlético Arnoia, colaborando con distintos corpos técnicos e destacando sempre pola súa profesionalidade, esforzo e compañeirismo.

Desde o Atlético Arnoia quérese agradecer publicamente a súa dedicación durante todos estes anos, ao tempo que se lle desexa a maior das sortes nos seus futuros proxectos persoais e deportivos.

Menos tempo que Noelia estiveron Chus Bello e Uxía Iglesias,pero a súa impronta logo as fixo importantes no organigrama do clube e foron dende o principio membros activos da familia do Atlético Arnoia. Para elas tamén, o noso recoñecemento do excelente traballo realizado e sobre todo, pola súa humildade e profesionalidade. Para ambas, o agradecemento público do clube pola súa adicacion nesta tempada e a mellor das sortes no futuro persoal e profesional.

Grazas !!!

Photos from Atl.arnoia's post 19/05/2026

DESPEDIDA DO MISTER

Manel Vázquez non seguirá no Atlético Arnoia. O clube quere destacar o traballo desenvolvido polo técnico e seus axudantes dentro da entidade, onde acadaron os 100 partidos consecutivos á fronte do primeiro equipo, converténdose nun referente de dedicación e identificación co clube.

Xunto a Manel, deixan o clube Julio Novoa e Santi Ferrón, todos cunha traxectoria marcada pola estabilidade, o compromiso e os éxitos deportivos.

Manel deixa una mensaxe a todo o clube: “Orgulloso de ter defendido este escudo e a súa xente neste tempo. Forza Arnoia”.

O clube agradece os servizos prestados e deséxalle a mellor das sortes, tanto no aspecto deportivo, como no persoal.

Grazas a todos

Photos from Atl.arnoia's post 17/05/2026

Preferente Futgal Xornada 34

Atlético Arnoia, 4 - CD Choco, 2

⚽️ ⚽️
⚽️
⚽️

Victoria no último partido de Liga dunha gran tempada.

Moito ánimo o que hoxe perdeu a categoría na Queixeira.

Noraboa os clubs que conqueriron plaza de ascenso á 3RFEF.

17/05/2026

DÍA DE PARTIDO !!!!!

Xornada 34 Preferente Futgal.

🗓️ Domingo, 17 de maio
⏰ 18.00 h
⚽️
🏟️ A Queixeira

13/05/2026

VINDEIRO PARTIDO!!!!!

Xornada 34 Preferente Futgal.

🗓️ Domingo, 17 de maio
⏰ 18.00 h
⚽️
🏟️ A Queixeira

10/05/2026

🏆 O B, campión da Liga Provincial

Noraboa corpo técnico, xogadores, directivos e colaboradores. Grandísima tempada e gran traballo.

Photos from Atl.arnoia's post 10/05/2026

Preferente Futgal Xornada 3

Pontevedra B, 3 - Atlético Arnoia, 3

⚽️ ⚽️
⚽️

Partidazo e execelente imaxe dos nosos nun gran escenario como Pasarón cun ambientazo.

Noraboa o polo título de Liga e o ascenso a 3RFEF.

¿Quieres que tu empresa sea el Gimnasio mas cotizado en Orense?

Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.

Localización

Categoría

Dirección


A Queixeira, S/N
Orense
32417