17/05/2026
Bo peche de tempada dos nosos cunha vitoria na casa fronte a Lume de Beltane 💛🖤🏐
Club de Fútbol Gaélico de Ourense, con equips tanto feminina, masculina e xuvenil. Club de Fútbol Gaélico de Ourense, con equipas tanto feminina como masculina.
Os nosos adestramentos son abertos a toda persoa que queira participar, e teñen lugar os martes ás 21:30 h, os mércores ás 20:30 h e os venres ás 21:30 no campo Universitario.
17/05/2026
Bo peche de tempada dos nosos cunha vitoria na casa fronte a Lume de Beltane 💛🖤🏐
Vamos non me jodas
Como dixo un gran filósofo e pensador da nosa época, Ronaldo Nazário: “perdemos porque non gañamos”.
E define a túa mellor forma de ser do Auriense. Porque se me desen a escoller entre ser de calquera outro equipo da face da terra ou ser do Auriense… aínda que perda, sempre💛🖤
25/04/2026
Familia auriensá 💛🖤
Onte estivemos presentes nunha nova xornada de , dando a coñecer o fútbol gaélico en Ourense.
Seguimos levando o noso deporte a máis xente, dentro e fóra do campo.
Isto medra 🏐
16/03/2026
Orgullo Auriense na Celtic Cup!🤍💙
Este sábado celebrouse en Santiago de Compostela a IV edición da Celtic Cup. Ata alí desprazáronse parte das nosas: Vicky e Iria representaron á Selección Galega A, mentres que Nicolle, Maria, Marivi e Lucía deron o máximo no grupo B.
08/03/2026
Os nosos rapaces xogaron hoxe na casa contra Keltoi Estibadores nun encontro moi disputado de principio a fin. O partido decidiuse por pequenos detalles e acabou caendo do lado visitante por só dous puntos.
11/02/2026
Esta fin de semana os nosos equipos volveron demostrar o compromiso co gaélico galego 💙
O equipo feminino desprazouse o sábado ata A Coruña para enfrontarse a Fillas de Breogán, mentres que o masculino viaxou ata Boiro para medirse contra Lorchos FG.
Foron dúas xornadas pasadas por auga, pero queremos parabenizar a todas as xogadoras e xogadores porque, pese ás condicións do día, saíron ao campo a demostrar o verdadeiro espírito do fútbol gaélico galego.
Orgullo de equipo, orgullo de deporte!
02/02/2026
Segue segunda volta da tempada para os nosos 💛🖤
Nesta fase competimos na categoría Shield, xunto a Keltoi Estibadores, Lume de Beltane, Lorchos e Estrela Gaels.
Tras xogar na casa contra Lorchos, tocou facer quilómetros: Poio fronte a Lume e Vigo contra Keltoi Estibadores. Dúas xornadas duras, con moito traballo e aprendizaxes, aínda que os resultados non acompañaron.
Seguimos competindo, seguimos medrando. Isto non para 💪🏐