30/08/2026
🏆 VITORIA NA PRIMEIRA RONDA DA COPA GALICIA! 💙🧡
O Sala Ourense comeza a competición oficial cun triunfo ante o Viñariño F.S. por 4-6, que nos permite superar a primeira eliminatoria da # # Copa Galicia. 💪
⚽ Os goles do Sala foron obra de Gon, Álex (2), Samu, Chema e Pablo.
Primeiro partido oficial da temporada e unha vitoria que nos permite seguir avanzando na competición e sumando minutos de cara ao inicio da liga.
🔥 Seguimos traballando. Seguimos competindo. Imos, Sala!
30/08/2026
📋🏆 CONVOCATORIA PARA A # # COPA GALICIA
Todo preparado para o primeiro compromiso oficial da temporada. Esta é a convocatoria do Sala Ourense para afrontar este domingo a eliminatoria da # # Copa Galicia ante o Viñariño F.S.
⚔️ Viñariño F.S. 🆚 Sala Ourense
📅 Domingo, 30 de agosto
🕠 17:30 h
📍 Pavillón Municipal de Viana
🧤 Porteiros: Samu e Ender.
⚽ Xogadores: Chema, Álex, Raúl, Gon, Pablo, Fer, Casti e José Carlos.
👔 Corpo técnico: Isidro, Champi e Josiño.
💙🧡 Primeiro reto oficial. Imos, Sala! 🦁
30/08/2026
🏆🔥 HOXE É DÍA DE PARTIDO!
Esta tarde comeza oficialmente a temporada para o noso primeiro equipo coa disputa da eliminatoria da # # Copa Galicia Sénior Masculina.
⚔️ VIÑARIÑO F.S. 🆚 SALA OURENSE
📍 Pavillón Municipal de Viana
🕠 17:30 h
Despois das semanas de traballo de pretemporada, chegou o momento de volver competir e afrontar o noso primeiro reto oficial do curso. 💪
💙🧡 Imos, Sala!
Grazas a Recoletas Salud polo seu apoio e por seguir acompañándonos nesta nova temporada.
28/08/2026
UN EQUIPO MOITO MÁIS GRANDE DO QUE SE VE NA PISTA 💙🧡
Este domingo o Sala Ourense afrontará ante o Viñariño F.S. o primeiro compromiso oficial da temporada, correspondente ás eliminatorias da # # Copa Galicia.
📅 Domingo, 30 de agosto
🕠 17:30 h
📍 Pavillón Municipal de Viana
Coa nosa cartelaría queremos tamén poñer en valor a todas as empresas, entidades, patrocinadores e colaboradores que confían no Sala Ourense e que nos axudan a facer posible o noso proxecto temporada tras temporada.
O seu apoio permítenos seguir competindo, medrando e levando o nome do Sala Ourense alí onde xogamos.
🙌 Grazas a todos pola confianza, por formar parte deste equipo e por acompañarnos unha temporada máis!
💙🧡 Este partido tamén é voso.
25/08/2026
🏆 PRIMEIRO COMPROMISO OFICIAL DA TEMPORADA! 💙🧡
A # # Copa Galicia Sénior Masculina marca o inicio da competición oficial para o noso primeiro equipo.
Este domingo desprazarémonos ata Viana para afrontar a eliminatoria ante o Viñariño F.S.
⚔️ VIAÑARIÑO F.S. 🆚 SALA OURENSE
📅 Domingo, 30 de agosto de 2026
🕠 17:30 h
📍 Pavillón Municipal de Viana
Despois das primeiras semanas de pretemporada, chega o momento de volver competir. 🔥
Imos, Sala! 💪🦁
Grazas a Recoletas Salud polo seu apoio e por seguir acompañándonos nesta nova temporada.
25/08/2026
💙🧡 SEGUIMOS SUMANDO! A CAMPAÑA DE SOCIOS 2026/2027 CONTINÚA ABERTA
Cada vez queda menos para que comece a competición e queremos volver sentir o voso apoio desde a bancada. Se aínda non tes o teu carné, a campaña de socios do Sala Ourense segue activa!
💶 Prezo: 20 € por toda a temporada.
🎟️ Podes facerte socio no despacho de entradas dos partidos.
📞 Tamén contactando connosco no 618 21 78 34 por teléfono ou WhatsApp.
📲 Ou realizando a alta directamente a través de Cluber:
https://app.cluber.es/clubs/2fcb197d558180eb1339cc8ad15ec786b2b130b7/members/join
Coa alta en Cluber terás dispoñible o teu carné dixital e poderás recoller o físico no despacho de entradas amosando o dixital.
🦁 Únete á familia do Sala e acompáñanos durante a 2026/2027. Ti es a nosa forza!
24/08/2026
👥⚽ MARTÍN SERANTES E JOSIÑO, NOVO CORPO TÉCNICO DO XUVENIL “A” 💙🧡
O noso Xuvenil “A” de Preferente Futgal xa ten novos responsables para esta temporada: Martín Serantes e Josiño.
Martín é un nome especialmente ligado á historia do Sala Ourense. Autor do primeiro gol da historia do club, desenvolveu unha ampla traxectoria no noso equipo sénior e agora afrontará unha nova etapa desde o banco.
Xunto a el estará Josiño, que exercerá como axudante técnico e compatibilizará esta nova responsabilidade co seu labor como delegado do primeiro equipo.
Dous homes da casa que coñecen o Sala e que agora estarán á fronte dunha das categorías máis importantes da nosa base.
💙🧡 Moita sorte aos dous nesta nova etapa!
Grazas a Recoletas Salud por continuar apoiando o proxecto do Sala Ourense.
21/08/2026
🔥 MORENÍN XA É SOCIO DO SALA OURENSE! 💙🧡
A familia do Sala segue medrando de cara á temporada 2026/2027. Morenín xa ten o seu carné de socio e estará ao noso lado nesta nova temporada. 🦁
E ti? Podes facerte socio por só 20 €:
🎟️ No despacho de entradas dos partidos.
📞 Por teléfono ou WhatsApp no 618 21 78 34.
📲 Ou a través de Cluber:
https://app.cluber.es/clubs/2fcb197d558180eb1339cc8ad15ec786b2b130b7/members/join
Se escolles Cluber, terás dispoñible o teu carné dixital e poderás recoller posteriormente o carné físico no despacho de entradas amosando o dixital.
💙🧡 Morenín xa forma parte da nosa forza. Únete ti tamén á familia do Sala!
20/08/2026
📅⚽ O SALA OURENSE XA COÑECE O SEU CALENDARIO PARA A TEMPORADA 2026/2027 💙🧡
Xa temos definido o camiño que percorrerá o noso primeiro equipo na 3ª División Futsal.
A competición comezará na fin de semana do 12-13 de setembro, coa visita ao Pecheches FS. Unha semana despois chegará o primeiro encontro na casa, no que recibiremos ao Sport Sala F.S.
Nas imaxes podedes consultar o calendario completo da primeira e segunda volta, con todas as xornadas dunha temporada que nos levará ata abril.
⚠️ Lembramos que as datas indicadas son orientativas. Poderán variar en función de se cada encontro se disputa en sábado ou domingo, así como por posibles cambios ou outras eventualidades que poidan producirse ao longo da competición.
💙🧡 30 xornadas por diante para seguir vivindo xuntos o Sala Ourense.
Grazas a Recoletas Salud polo seu apoio e por continuar acompañándonos unha temporada máis.
17/08/2026
🔥 XA ESTÁ EN MARCHA A CAMPAÑA DE SOCIOS DO SALA OURENSE 2026/2027! 💙🧡
Unha temporada máis queremos que formes parte da nosa familia e nos acompañes desde a bancada durante todo o curso.
💶 Faite socio por só 20 €.
📲 Este ano incorporamos unha importante novidade: xa podes realizar a túa alta como socio de maneira sinxela a través de Cluber.
https://app.cluber.es/clubs/2fcb197d558180eb1339cc8ad15ec786b2b130b7/members/join
Unha vez completada a alta terás dispoñible o teu carné dixital. Despois poderás recoller o carné físico no despacho de entradas dos nosos partidos, simplemente amosando o dixital.
Tamén podes facerte socio directamente no despacho de entradas ou contactar connosco no 618 21 78 34 por teléfono ou WhatsApp. 📞
Porque cada persoa que está na bancada tamén forma parte deste equipo.
💙🧡 Faite socio. Ti es a nosa forza!