Auriense CA

Auriense CA

Compartir

⚽️ Perfil oficial do Club de fútbol Auriense CA.
📍Cidade de Ourense.
💙 Fomentando o fútbol base dende 2020.

Photos from Auriense CA's post 28/08/2026

VOLTARON / O equipo feminino voltou aos adestramentos, cos mente posta no debut na nova categoría: a segunda autonómica!

Bo ambiente entre as 22 integrantes que estiveron hoxe no primeiro día, con algunha cara nova, e moita coñecida nun equipo no que hai depositada moita ilusión.

🚂💙🤍

Photos from Auriense CA's post 28/08/2026

🏆 SUPERCOPA | O Senior xoga un encontro vital este domingo, e xogadores do equipo xunto co director deportivo e o vicepresidente, visitaron a rapaces cadetes e infantiles do Clubel!

Marcos Díaz, Baldo, Yonier, Adrián, Kian e Massi; compartiron anécdotas e conversa co futuro do Clube, e xunto con César Sánchez e Fer Núñez, convidáronos ao encontro do domingo!!

🚂💙

Photos from Auriense CA's post 27/08/2026

🔹Novo departamento no Clube: FISIOTERAPIA. Incorporamos a Angel, fisioterapeuta que coordinará o departamento, e traballará man a man con Anxo, para a tempada 26/27 no fútbol base e senior masculino e feminino do Clube.

Levamos a atención á primeira liña de campo, e haberá días pautados durante a semana, onde se atenderán a xogadores e xogadoras de todo o Clube. A intención, mellorar coidado e saude dos nosos deportistas.

A día de hoxe atópanse traballando, e este departamento fará ademáis un seguimento particular con Ángel no equipo senior, e Anxo no Juvenil de Liga Nacional, co que acudirá a cada encontro oficial.

Pequenas pegadas para a mellora do Clube, e así rendir na mellor das condicións. Coidar os procesos, tratamentos e recuperacións, favorecendo sobre todo no fútbol base, o proceso de medramento de cada cativo.

Benvidos Ángel e Anxo, e moitos éxitos, inda que vos desexamos o menor traballo posible.

🚂 💙

27/08/2026

🏆 SUPERCOPA | Chega a casa o soño do Clube por lograr a clasificación para desputar a Copa do Rei, logo do emocionante paso á final!

Os de Dani Prado xogarán a volta da FINAL da Supercopa, logo do empate 2-2 a domicilio, o domingo en Oira, a partires das 18:00h, diante da SD Negreira !!

🚂💙

Photos from Auriense CA's post 26/08/2026

⚽️ FOTOS | O Xuvenil A, fixo un grande torneo no XXI Memorial Jacobo Díaz Camino. Aquí deixamos algunhas fotos do triangular ante Calasancio e Deportivo!

🚂 💙🤍

📸 Moreira

Photos from Auriense CA's post 24/08/2026
23/08/2026

🏆 EMPATE / Partidazo do no camiño á Copa do Rei, empatando a domicilio á S D Negreira, na ida da final da Supercopa Galicia.

Na primeira metade, adiantámonos cun golazo de Adri, que tras un grande control, superiu a meta rival. Estabamos dominando e xerando perigo. Os locais, claros favoritos ao ascenso directo no grupo norte da Preferente, buscaron xogo directo e ocasións a balón parado. Empataría o rival cunha boa xogada por banda dereita, tras un centro ao área. Adrián mandou unha falta ao longueiro antes do empate, e así chegaríamos ao tempo de lecer.

Na segunda metade adiantámonos pronto novamente, logo dun gol de Baldo tras unha boa xogada de Fer pola banda esquerda. Saimos moi ben e xerando moito perigo. Xogada para a dúbida cando anularon por posible fora de xogo, o 1-3 qje poría Fer. Empatarían os locais a balón parado, e teríamos o 2-3 noutra xogada na que nos fomos en velocidade, e voltaron a sinalar fora de xogo. O marcador non se movería.

Todo por decidir na volta, que será o vindeiro domingo, a de tarde, no Municipal de Oira!

🚂💙

22/08/2026

🏆 SUPERCOPA | Continúa o soño do por lograr a clasificación para desputar a Copa do Rei, logo do emocionante paso á final!

Os de Dani Prado xogarán a ida da FINAL da Supercopa, mañá domingo en Negreira, a partires das 19:00h no Jesús García Calvo, diante da SD Negreira !!

🚂💙

Photos from Auriense CA's post 17/08/2026

🤝🏻 Xornada de visita. Abel Ruiz, da estructura do Deportivo Alavés, analiza estes días de primeira man o traballo do Clube, e estivo co plantel do senior, logo de visionar o pase de rolda á final da Supercopa Galicia, diante do Alertanavia.

A visita permitiulle coñecer e supervisar directamente, a laboura desenvolta polos nosos xogadores e técnicos, e é un primeiro paso no traballo conxunto entre ambas entidades.

Verbas de ánimo e confianza para xogadores e técnicos, nunha tempada que preséntase histórica e apaixoante.

Eskerrik asko konfiantzagatik!

🚂💙🤍

¿Quieres que tu empresa sea el Gimnasio mas cotizado en Orense?

Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.

Localización

Teléfono

Dirección


Orense
32001