Athletics Centro de Entrenamiento

Athletics Centro de Entrenamiento

Compartir

Centro de entrenamiento especializado en entrenamiento personal y personalizado para cualquier edad y objetivo. Preparación oposiciones, OCR, competición,...

01/09/2026

Máis forte, si. Pero non só para levantar máis peso.

Para ter máis enerxía. Para moverte mellor. Para facer cousas que antes custaban. Para chegar aos teus días con máis de ti.

Athletics. Mellora o que importa. 💪

26/08/2026

🚨 Temos vacantes abertas.

Non pedimos experiencia, nin titulación, nin que saibas usar todas as máquinas.

Tampouco que veñas motivadísimo/a todos os días, que hasta nós vimos as veces sen ganas.

A cambio ofrecemos seguimento, adestramentos pensados para ti, bo ambiente e posibilidades reais de ascenso… de pesos.

O salario? Pois temos malas noticias: aquí pagas ti.

Sentes que es ti a quen buscamos? Contáctanos!

📍 Athletics Centro de Entrenamento

30/07/2026

Entón… Cando empezas?

Photos from Athletics Centro de Entrenamiento's post 26/07/2026

Seguro que algunha vez che pasou.

Estás facendo o mesmo adestramento ca outra persoa e, aínda así, parece que os resultados non chegan á mesma velocidade.

Pero progresar non depende só do que fas durante esa hora no ximnasio.

O descanso, a alimentación, o estrés, a experiencia previa ou incluso a forma de executar os exercicios tamén inflúen. Por iso dúas persoas poden seguir a mesma rutina e obter resultados diferentes.

Compararse cos demais adoita ser enganoso. O realmente importante é comprobar se ti estás mellor ca hai unhas semanas ou uns meses.

Ese é o progreso que merece a pena medir. 💪

Photos from Athletics Centro de Entrenamiento's post 23/07/2026

Pódese adestrar durante o embarazo? Na maioría dos casos, si.

Nun embarazo sen complicacións e coa aprobación do equipo sanitario, manterse activa adoita ser seguro e beneficioso. O exercicio pode axudar a manter a forza, reducir algunhas molestias, mellorar o benestar e chegar en mellores condicións ao parto e á recuperación posterior.

Obviamente, non se trata de seguir adestrando exactamente igual. Co paso das semanas é normal ter que adaptar exercicios, cargas, intensidade ou descansos.

Tamén inflúe moito de onde partes. Non precisa as mesmas adaptacións unha muller que leva anos adestrando ca outra que comeza durante o embarazo.

En resumo, seguir adestrando (ou incluso comezar) é o mellor que podes facer nesta etapa. Iso si, a supervisión e a adaptación vólvense totalmente imprescindibles.

20/07/2026

Sabélo ti, sabémolo nós 🫣

16/07/2026

Por que varían o número de repeticións nun exercicio?

Porque non sempre se busca o mesmo.

Cando traballamos con poucas repeticións, normalmente usamos máis peso e o obxectivo adoita ser gañar forza.

Coas repeticións medias buscamos un equilibrio entre forza e desenvolvemento muscular.

E cando facemos máis repeticións, podemos acumular máis traballo cunha carga menor, algo moi útil en determinados exercicios, para mellorar a resistencia muscular ou para seguir progresando sen sobrecargar tanto as articulacións e os tendóns.

Por iso non hai un número "máxico" de repeticións.

O importante é que cada serie teña un sentido dentro do adestramento. E iso é o que fai que unha planificación funcione de verdade.

13/07/2026

Os asistentes ao , á súa relación co adestramento e como andan de forma física para resistir un festival 😬

¿Quieres que tu empresa sea el Gimnasio mas cotizado en Orense?

Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.

Localización

Categoría

Dirección


Ribeira De Canedo 22 Sótano
Orense
32001

Horario de Apertura

Lunes 08:00 - 15:00
16:30 - 22:30
Martes 08:00 - 15:00
16:30 - 22:30
Miércoles 08:00 - 15:00
16:30 - 22:30
Jueves 08:00 - 15:00
16:30 - 22:30
Viernes 08:00 - 15:00
16:30 - 22:30
Sábado 10:30 - 14:00