Club Alpino Ourensán

Club Alpino Ourensán

Compartir

Sociedad sin animo de lucro fundada en el año 1971, dedicada a la práctica y divulgación de los deportes en el entorno natural: Montaña, Escalada...

O Club Alpino Ourensán e unha etidade deportiva sen ánimo de lucro nacida co obxetivo da promoción e disfrute dos deportes de montaña, escalada, barranquismo, espeleoloxía...

30/08/2026

Ide reservando o 12 de setembro, en breve abriremos inscricións

Photos from Club Alpino Ourensán's post 25/08/2026

Rematamos a semana de Pirineos no Val de Chistau con ganiñas de máis e de seguir disfrutando das montañas

06/07/2026

Despois de choivas copiosas, nevadas a destempo, calores extremas e diversas mesteres, por fin conseguimos a aliñación astral necesaria, para xuntarnos en Picos. Nesta ocasión, roldámoslle á aresta das Tres Marías, unha bonita actividade que permite sobrevoar o Jou Santu polo leste e o Jou as Pozas por occidente. Unha serie de escaladas doados, un par de rápeles e un achegamento desde Vega Huerta maxestoso, deixáronnos unha gran sensación de desfrute montañeiro. Gran compañía e sempre gozando.

Photos from Club Alpino Ourensán's post 26/04/2026

O domingo diazo e espectacular ruta pola zona de Oia

Photos from Club Alpino Ourensán's post 26/04/2026

O sábado estuvimos escalando en Oia e se nos fixo de noite do ben que o pasamos... Foi unha xornada con moita escalada, moitas risas, ... Tamén concentración... E vistas, vistazas!!! Seguímonos vendo agatuñando por outras pedras

Photos from Club Alpino Ourensán's post 20/04/2026

Este pasado finde voltamos unha vez máis o Caurel.

O sábado fixemos un percorrido onde pasamos, como non, pola devesa de Rogueira pero facendo unhas variantes para non ser repetitivos. Comentar que fixo moita calor.

E o domingo fixemos unha pequena ruta duns 7 Km dende a Seara a Ferramulín aproveitando antigas levadas. 

Photos from Club Alpino Ourensán's post 05/04/2026

Semana Santa no Valle de Valdeteja, moita montaña e moitas risas.
# Clubalpinoourensan

Photos from Club Alpino Ourensán's post 16/03/2026

Este pasado domingo 15 voltamos, despoís duns cantos anos, a zona de Sistelo ou o Pequeno Tibet portugués para percorrer unha vez máis por eses trilhos de pedra que aínda se manteñen nesta zona. E comunican a multitud de brandas que hai coas súas peculiares construccións casi megalíticas.
Quero destacar a participación de Xan que me deixou moi abraiado ( non era unha actividade menor) Gañándose o meu máis profundo respeto. A compañía como sempre moi grata.
Félix

Photos from Club Alpino Ourensán's post 16/03/2026

Rematamos o curso de escalada no rocódromo, montas gracias a todos os participantes, vemonos na rocha.

Photos from Club Alpino Ourensán's post 07/03/2026

Conmemorando o día da muller repetimos a subida o Coto de Novelle. Inspiradas pola ascensión levada cabo no ano1964 por un grupo de mulleres aventureiras chamadas "As cucharitas", que anos mais tarde foron das primeiras socias do noso clube. Nesta ocasión na ruta participaron a filla e o neto de Ana, unha delas.
Naquel tempo fixeron a ruta en pantalóns pero a volta a casa tiñan que facela en falda.



¿Quieres que tu empresa sea el Gimnasio mas cotizado en Orense?

Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.

Localización

Categoría

Dirección


Rúa Ervedelo 32-34, Local 59 (Centro Comercial Couto)
Orense
32002