11/09/2026
🤝🏐 O Concello da Pobra do Brollón asina un convenio de colaboración co Clube de Voleibol Ribeira Sacra.
O alcalde Xosé Lois Maceda e o director técnico do Clube, Manuel López, asinaron o convenio o pasado martes coa finalidade de promover a práctica deste deporte na Pobra do Brollón. 💪
Así, os nenos e nenas de Primaria van ter a oportunidade de recibir clases de voleibol dúas veces por semana no Pavillón municipal con persoal titulado e todos os equipamentos necesarios. 🌟
👀 Informaremos proximamente dos horarios e todos os detalles para a inscrición!