SD San Lázaro

SD San Lázaro

Compartir

Información de contacto, mapa y direcciones, formulario de contacto, horario de apertura, servicios, puntuaciones, fotos, videos y anuncios de SD San Lázaro, Equipo deportivo de aficionados, Lugo.

Dende 1950
- Senior Masculino 2a FUTGAL
- Senior Feminino 2a Futgal
- Categoría xuvenil e veteranos
- 2 Equipos Autonómica Senior F.S.

🎁 TENDA ONLINE: https://bidaclub.com/clubs/sd-san-lazaro/?utm_source=instagram&utm_medium=social&utm_campaign=generico

22/08/2026

! Presentamos a Adri que será o novo adestrador do senior feminino que competirá outro ano máis en segunda futgal. Adestrador xoven, con gañas de demostrar e que seguro que guiará as rapazas a conseguir moitas victorias. Moitas grazas por confiar no noso proxecto Adri, toda a sorte e confianza pola nosa parte. Imos con todo!

Dende aquí tamén agradecer o enorme traballo no banquillo de Rubén durante dous anos con este grupo, no que conseguiu un ascenso e unha permanencia, moita sorte na túa nova etapa.



#🩵

20/08/2026

! Presentamos ó novo adestrador da categoría xuvenil para esta tempada. Trátase de Manolo, un experimentado adestrador que procede da Comercial. Seguro que esta tempada con él, os rapaces seguen crecendo e formándose e ven cargada de éxitos. Grazas por aceptar o reto e xa sabes que tes toda a nosa confianza. Sorte Manolo!



#🩵

11/08/2026

! Comezamos a tempada cunha das novas que máis ilusión nos fai. Pablo Gómez collerá as rendas do primer equipo masculino en 2a Futgal despois de dúas boas tempadas no xuvenil. Non hai persoa máis indicada para continuar o proxecto e para seguir medrando como club. Confianza plena nun home da casa que tantas veces defendeu esta camiseta como xogador e capitán. Seguro que será unha tempada con moitos éxitos. Grazas por aceptar o reto ! Aproveitamos tamén a publicación para agradecer a Manel o seu gran traballo a tempada pasada no banquillo, conseguindo a permanencia na categoría. Imos con todo 🩵⚽️



#🩵

Photos from SD San Lázaro's post 09/07/2026

! Toca cerrar unha tempada para comezar outra nova. Dende aquí agradecer a todos os nosos xogador@s o esforzo,traballo e compromiso realizado esta tempada por esta camiseta, loitando ata o final para conseguir os obxetivos marcados o principio de tempada. Estamos moi orgullos@s de vós, representades moi dignamente a este escudo. Por outra parte, tamén queremos dar as grazas os nosos patrocinadores e colaboradores, que son un pilar fundamental para poder sacar este proxecto adiante e que os nosos xogador@s non lles falte de nada. Agora toca xa pensar na tempada que ven, con novos retos, cambios pero o mesmo obxetivo: seguir crecendo, sendo unha familia e disfrutar do que máis nos gusta…o FÚTBOL! Nos próximos días traeremos novidades, atento as nosas redes! 🩵

Photos from SD San Lázaro's post 16/06/2026

! Pechamos tempada 25/26 como máis nos gusta…EN FAMILIA! Cea chea de risas, sorteos e bo ambiente no noso gran patrocinador Hostal San Lázaro con posterior dixestivo en outro patrocinador como é a . Ano de cambios, nova directiva e novos proxectos pero continuando na liña do que xa estaba construído. Facendo balance estamos moi orgulloso do traballo feito. Coma sempre cousas que mellorar para seguir crecendo e crear sentimento de pertenza. Estamos no camiño correcto. Grazas a todos os directivos, patrocinadores, afeccionados, xogadoras/es e adestradores, sodes indispensables e parte deste escudo. Xunt@s somos máis forte e facemos máis grande este escudo. Seguimos nas próximas semanas anunciando novas. Un saudiño dos da Ponte. 🩵⚽️

03/06/2026

! Derradeiros resultados da tempada. Os veteráns caen eliminados en oitavos de final do campionato galego nun partido no que mereceron máis, aínda así moito mérito estar entre os mellores 16 equipos de Galicia. O feminino remata a competición na zona media da táboa sendo un equipo recén ascendido e con desprazamentos moi compricados, todo un orgullo. Nos seguintes días, resumo da tempada de todas as categorías.

29/05/2026

! Último partido de liga para as rapazas de Rubén, que despídense na casa das líderes xogándose o título. Partidazo para acabar con bo sabor de boca unha tempada fantástica para ser a primeira na categoría. Imos rapazas a dar a sorpresa! 🩵⚽️

28/05/2026

! Final da champions? Que é iso comparado cuns oitavos de final do galego de Vereráns? Nós o temos moi claro! Imos a Pontevedra a animar a esta tropa a ver se hai sorte e invitan a unha ronda máis. Vamos velliños ata o final!



#🩵

28/05/2026

! E para rematar a tempada, festa! Ven a disfrutar dunha fantástica cea no noso patrocinador Hostal San Lázaro xunto con todas as seccións do club o venres 12 de xuño a partir das 22:00 da noite. Unha noite para disfrutar e botar o peche a unha fantástica tempada no que volvemos a demostrar que o San Lázaro é máis que un club. A entrada á cea será de 25 euros e inclúe cartón de bingo para participar no sorteo de diversos premios como camisetas vintage. Consigue a túa entrada falando por insta ou ponte en contacto cun membro da directiva. Non faltes, imos acabar a tempada como se merece!

25/05/2026

! Resultados desta finde. Os veteráns pasan a oitavos do campionato galego e o feminino futsal remata a tempada cun subcampionato de copa. Noraboa.

¿Quieres que tu empresa sea el Gimnasio mas cotizado en Lugo?

Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.

Localización

Teléfono

Dirección


Lugo