25/08/2026
⚔️ Estamos de volta para afrontar unha nova tempada co Muralla Rugby Club 💪🏉
Este ano, debido ás obras de cambio do tartán en As Pedreiras e a que San Fiz se atopa actualmente en período de licitación para acometer as obras do novo campo, aínda non contamos coas condicións mínimas necesarias —vestiarios, iluminación, etc.— para desenvolver os adestramentos con normalidade.
Por este motivo, tanto a Academia como a Escola do Muralla Rugby comezarán os seus adestramentos nas pistas da Cidade Cultural de Lugo, mantendo os seus horarios habituais.
Pola súa banda, o equipo sénior masculino realizará os adestramentos de pretempada en Rábade.
🖤💛💚🏉 Comezamos unha nova tempada con moitas ganas, ilusión e enerxía! Animádevos a formar parte da familia do Muralla RC.
Se tedes calquera dúbida sobre horarios, localizacións ou inscricións, non dubidedes en poñervos en contacto co club. Estaremos encantados de axudarvos.
💪 Preparade as botas, traede as ganas de pasalo ben e vémonos no campo! Forza Muralla! 🏉🔥
17/08/2026
Máis do mesmo👏🏻👏🏻👏🏻👏🏻👏🏻 noraboa Aviron Bayonnais😺
📄 Xa esta dispoñible a acta de proclamación provisional de candidatos a presidencia da FGR na web do
👉 rugby.gal/eleccions2026/
14/08/2026
⚔️ Estamos de volta! O vindeiro 18 agosto o equipo senior masculino dará comezo aos adestramentos de pretempada!
24/07/2026
O rugby ensinounos que ningunha batalla se gaña en solitario. Galicia tamén se constrúe así: con persoas que empurran xuntas, que respectan as súas raíces e que miran ao futuro con ilusión.
Feliz Día de Galicia a toda a familia do Muralla Rugby Club e a todos os clubs que fan medrar o noso deporte na nosa terra!
🤍🩵🤍🩵🤍
21/07/2026
⚔️ Únete a nós na batalla! 🏉👕 Xa podes mercar de novo a túa camisola do Muralla RC! Fai a reserva no formulario. Data aproximada de entrega: principios de setembro. A recollida realizarase preferentemente no noso Local Social. Comunicarase a dispoñibilidade por correo electrónico. Pódese descargar a guia de tallas no formulario. ➡️ https://tally.so/r/KYyE98
09/07/2026
⚔️ Únete a nós na batalla! 🏉👕Xa podes mercar de novo a túa camisola do Muralla RC! Fai a reserva no formulario.
➡️ Data aproximada de entrega: principios de setembro. A recollida realizarase preferentemente no noso Local Social. Comunicarase a dispoñibilidade por correo electrónico.
➡️ Pódese descargar a guia de tallas no formulario
➡️ https://tally.so/r/KYyE98
28/06/2026
💪🏻 Máis fortes cando cada persoa pode ser ela mesma. Hoxe e todos os días, o respecto forma parte do noso equipo 🏳️🌈