Club Atletismo Lucus Caixa Rural Galega

Club Atletismo Lucus Caixa Rural Galega

Compartir

Facendo, ensinando e amando o atletismo desde 1984 en Lugo. Equipo deportivo
Facendo, ensinando e amando o atletismo desde 1984 en Lugo.

Podes atoparnos aquí 👇
Pistas de Atletismo - Estadio Gregorio Pérez Rivera, Lugo 27002

27/08/2026

📣 𝗧𝗘𝗠𝗣𝗔𝗗𝗔 𝟮𝟬𝟮𝟲/𝟮𝟳 - 𝗩𝗢𝗟𝗧𝗔 𝗔́𝗦 𝗣𝗜𝗦𝗧𝗔𝗦 𝗗𝗘 𝗔𝗧𝗟𝗘𝗧𝗜𝗦𝗠𝗢
Xa está dispoñible toda a información para a Tempada 2026/27 da nosa 𝗘𝘀𝗰𝗼𝗹𝗮 𝗱𝗲 𝗔𝘁𝗹𝗲𝘁𝗶𝘀𝗺𝗼, que dará comezo o próximo 𝗺𝗮𝗿𝘁𝗲𝘀 𝟴 𝗱𝗲 𝘀𝗲𝘁𝗲𝗺𝗯𝗿𝗼 nas pistas do Estadio Gregorio Pérez Rivera, en Lugo.

✅ 𝗣𝗿𝗼𝗯𝗮 𝗴𝗿𝗮𝘁𝘂𝗶́𝘁𝗮 e sen compromiso en setembro
✅ Horario de martes a venres 𝗮́𝘀 𝟭𝟴:𝟬𝟬 𝗵𝗼𝗿𝗮𝘀
✅ 𝗖𝗼𝘁𝗮 𝗿𝗲𝗱𝘂𝗰𝗶𝗱𝗮 𝗲 𝗱𝗲𝘀𝗰𝗼𝗻𝘁𝗼𝘀 𝗲𝘀𝗽𝗲𝗰𝗶𝗮𝗶𝘀 para familias
✅ 𝗠𝗮́𝗶𝘀 𝗳𝗮𝗰𝗶𝗹𝗶𝗱𝗮𝗱𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝗽𝗮𝗴𝗼 para reducir a volta das vacacións

Se estás interesado/a, reserva a túa praza! Consulta a información na nosa web ou contacta con nós en ...
✉️ Email: 𝗲𝘀𝗰𝗼𝗹𝗮@𝗮𝘁𝗹𝗲𝘁𝗶𝘀𝗺𝗼𝗹𝘂𝗰𝘂𝘀.𝗼𝗿𝗴
📞 WhatsApp: 𝟲𝟲𝟰 𝟯𝟮𝟭 𝟯𝟬𝟮
📲 Información: 𝗵𝘁𝘁𝗽𝘀://𝘄𝘄𝘄.𝗮𝘁𝗹𝗲𝘁𝗶𝘀𝗺𝗼𝗹𝘂𝗰𝘂𝘀.𝗼𝗿𝗴/𝗲𝘀𝗰𝗼𝗹𝗮-𝗮𝘁𝗹𝗲𝘁𝗶𝘀𝗺𝗼/

.. E SE TES 13 ANOS OU MÁIS?
Para atletas do 𝗮𝗻𝗼 𝟮𝟬𝟭𝟯 𝗲 𝗮𝗻𝘁𝗲𝗿𝗶𝗼𝗿𝗲𝘀, consulta a información do 𝗖𝗹𝘂𝗯 (categorías SUB16 en adiante), os adestramentos darán comezo en setembro!
✉️ Email: 𝗶𝗻𝗳𝗼@𝗮𝘁𝗹𝗲𝘁𝗶𝘀𝗺𝗼𝗹𝘂𝗰𝘂𝘀.𝗼𝗿𝗴
📞 WhatsApp: 𝟲𝟲𝟰 𝟯𝟮𝟭 𝟯𝟬𝟮
📲 Información: 𝗵𝘁𝘁𝗽𝘀://𝘄𝘄𝘄.𝗮𝘁𝗹𝗲𝘁𝗶𝘀𝗺𝗼𝗹𝘂𝗰𝘂𝘀.𝗼𝗿𝗴/𝗰𝗹𝘂𝗯/

Non queda nada para volver ás pistas, anímaste? VÉMONOS PRONTO! 🙌

--


Photos from Club Atletismo Lucus Caixa Rural Galega's post 10/08/2026

🏆 𝗗𝗼𝘀𝗶 𝗣𝗚 𝗻𝗼 𝗖𝗮𝗺𝗽𝗶𝗼𝗻𝗮𝘁𝗼 𝗱𝗼 𝗠𝘂𝗻𝗱𝗼 𝗦𝘂𝗯-𝟮𝟬 𝗲𝗻 𝗢𝗿𝗲𝗴𝗼́𝗻

O atleta e fisio do Club, Dositeo Pena Gómez, volveu acompañar ao 𝗲𝗾𝘂𝗶𝗽𝗼 𝗻𝗮𝗰𝗶𝗼𝗻𝗮𝗹 𝗦𝘂𝗯-𝟮𝟬 como parte dos 𝘀𝗲𝗿𝘃𝗶𝘇𝗼𝘀 𝗺𝗲́𝗱𝗶𝗰𝗼𝘀 𝗱𝗮 𝗥𝗙𝗘𝗔 no Campionato do Mundo que tivo lugar en Oregón os días 5 ao 9 de agosto 🙌

Sen dúbida continúa sumando aprendizaxes en competicións internacionais, o que supón un recoñecemento ao seu traballo diario e ampla experiencia.

Moitos parabéns, .sr! Moi orgullosos 💚

--

10/07/2026

📢 𝐂𝐚𝐦𝐩𝐢𝐨𝐧𝐚𝐭𝐨 𝐝𝐞 𝐄𝐬𝐩𝐚𝐧̃𝐚 𝐒𝐮𝐛-𝟐𝟑

Esta fin de semana, Estela Díaz participará no Campionato de España Sub-23 en Cáceres, participando nos 1500 metros femininos:

📺 As probas poderanse seguir en directo:

📅 Sábado 11
🕣 Semifinais a partir das 20:25 h
🔗 https://www.rtve.es/play/videos/directo/deportes/atletismo-campeonato-espana-sub-23-tarde/

📅 Domingo 12
🕗 Final ás 20:10 h
🔗 https://www.rtve.es/play/videos/directo/deportes/atletismo-campeonato-espana-sub-23-tarde-12-julio/

🔗 Toda a información do campionato: https://atletismorfea.es/calendario/campeonato/campeonato-de-espana-sub-23-0
🔗 Resultados en directo: https://smarttrackrfea.es/sch/2026EXT65585

Moita sorte, Estela! 💚💛

03/07/2026

🏆 𝐂𝐚𝐦𝐩𝐢𝐨𝐧𝐚𝐭𝐨 𝐝𝐞 𝐄𝐬𝐩𝐚𝐧̃𝐚 𝐒𝐮𝐛𝟏𝟖 | 𝐂𝐚𝐬𝐭𝐞𝐥𝐥𝐨́𝐧

Esta fin de semana o Club Atletismo Lucus estará representado no Campionato de España Sub18 por catro atletas que competirán nos 1500 m lisos:

🟢 Xaime Abeledo
🟢 Lucía Cando
🟢 Sara Muñoz
🟢 Lucas Santiso

📅 𝐒𝐚́𝐛𝐚𝐝𝐨 𝟒 𝐝𝐞 𝐱𝐮𝐥𝐥𝐨
🕗 Series clasificatorias a partir das 20:00 h.

📅 𝐃𝐨𝐦𝐢𝐧𝐠𝐨 𝟓 𝐝𝐞 𝐱𝐮𝐥𝐥𝐨
🏁 Final masculina: 19:55 h
🏁 Final feminina: 20:05 h

📺 Poderedes seguir a 𝐜𝐨𝐦𝐩𝐞𝐭𝐢𝐜𝐢𝐨́𝐧 𝐞𝐧 𝐝𝐢𝐫𝐞𝐜𝐭𝐨 a través de RTVE Play:

• 𝐒𝐚́𝐛𝐚𝐝𝐨 (𝐱𝐨𝐫𝐧𝐚𝐝𝐚 𝐝𝐞 𝐭𝐚𝐫𝐝𝐞): https://www.rtve.es/play/videos/directo/deportes/atletismo-sub-18-vespertina-castellon-4-julio/

• 𝐃𝐨𝐦𝐢𝐧𝐠𝐨 (𝐱𝐨𝐫𝐧𝐚𝐝𝐚 𝐝𝐞 𝐦𝐚𝐧̃𝐚́): https://www.rtve.es/play/videos/directo/deportes/atletismo-campeonato-espana-sub-18-manana/

📊 𝐑𝐞𝐬𝐮𝐥𝐭𝐚𝐝𝐨𝐬 𝐞𝐧 𝐝𝐢𝐫𝐞𝐜𝐭𝐨:
https://smarttrackrfea.es/sch/2026CVA65582

💚💛 Moita sorte aos nosos catro representantes. A desfrutar da experiencia e a dar o mellor de vós.

E unha mención moi especial para . Sabemos que esta vez non poderá estar na liña de saída por mor dunha lesión, pero estamos seguros de que volverá máis forte. Moito ánimo e unha pronta recuperación, Quique! 💪💚

Photos from Club Atletismo Lucus Caixa Rural Galega's post 29/06/2026

🏆 𝐂𝐚𝐦𝐩𝐢𝐨𝐧𝐚𝐭𝐨 𝐝𝐞 𝐄𝐬𝐩𝐚𝐧̃𝐚 𝐌𝐚́𝐬𝐭𝐞𝐫 | 𝐌𝐚𝐝𝐫𝐢𝐝-𝐕𝐋𝐋 𝐄𝐬𝐭𝐚𝐝𝐢𝐨 𝐝𝐞 𝐕𝐚𝐥𝐥𝐞𝐡𝐞𝐫𝐦𝐨𝐬𝐨

Grandes resultados dos nosos atletas no Campionato de España Máster:

🥇 Xabier Díaz Fernández proclamouse campión de España nos 3.000 m obstáculos (0,838 m) na categoría M50, cun rexistro de 10:42.55.

🥉 Ros Sureda González conseguiu a medalla de bronce en salto de lonxitude na categoría F60, cun mellor intento de 3.91 m. Quedou tamén 4ª nos 200 m F60, cun tempo de 32.43.

👏 Parabéns a ambos polo magnífico campionato 💚

📸 Fotos: RFEA

Photos from Club Atletismo Lucus Caixa Rural Galega's post 29/06/2026

🏆 𝐗𝐈𝐈𝐈 𝐂𝐓𝐎. 𝐗𝐔𝐍𝐓𝐀 𝐃𝐄 𝐆𝐀𝐋𝐈𝐂𝐈𝐀 𝐃𝐄 𝐂𝐋𝐔𝐁𝐒 𝐒𝐔𝐁𝟏𝟒 | 𝐕𝐢𝐠𝐨

Gran actuación do noso equipo feminino esta fin de semana, que rematou na 𝟔ª 𝐩𝐨𝐬𝐢𝐜𝐢𝐨́𝐧 cun total de 𝟏𝟓𝟔 𝐩𝐮𝐧𝐭𝐨𝐬. 💚

Estes foron os resultados das nosas atletas:

🥇 Carlota Neira foi 1ª nos 2.000 m cunha MMT de 7:33.16.

🥈 Claudia Álvarez acadou a 2ª posición nos 1.000 m con 3:19.22.

🥈 Aroa Eijo foi 2ª na final dos 80 m valados (0,762 m) con 13.71, tras gañar a súa serie.

🥉 Alicia Lasen conseguiu a 3ª posición en pértega cunha MMP de 1.80 m.

Noa Amor foi 4ª na final dos 80 m, despois de ser 3ª na súa serie con 11.34.

Belma García rematou 6ª na final dos 150 m, sendo 3ª na súa serie con 21.67.

Area Pérez foi 8ª nos 500 m, logrando MMP de 1:35.61.

Irene Díaz foi 9ª na final dos 220 m valados (0,762 m) con 39.32, tras finalizar 5ª na súa serie. Ademais, foi 6ª en salto de lonxitude con 4.21 m.

Gabriela Sánchez foi 9ª nos 1.000 m obstáculos, conseguindo MMP de 4:26.93, e 11ª en triplo salto con 7.59 m.

Alicia Lasén tamén foi 7ª en altura, cunha MMP de 1.24 m.

Ángela Rodríguez rematou 9ª en peso (3 kg) con MMP de 6.21 m.

Sara Paderne foi 8ª en disco (800 g) con 14.87 m e 9ª nos 2.000 m marcha con 14:41.17.

Carmen Pin foi 11ª en martelo (2 kg), logrando MMP de 14.62 m.

Mariña Pin acadou a 7ª posición en xavelina (400 g) cunha MMP de 16.99 m.

No relevo 4×80 m, o equipo formado por Noa Amor, Mariña Pin, Area Pérez e Belma García conseguiu unha MMP de 46.62, completando unha gran actuación colectiva.

👏 Parabéns a todas polo esforzo, a entrega e o excelente traballo realizado! 💚🏃‍♀️

💚🏃‍♀️

29/06/2026

📍 𝐃𝐨𝐬𝐢, 𝐜𝐨 𝐞𝐪𝐮𝐢𝐩𝐨 𝐧𝐚𝐜𝐢𝐨𝐧𝐚𝐥 𝐧𝐨 𝐂𝐚𝐦𝐩𝐢𝐨𝐧𝐚𝐭𝐨 𝐈𝐛𝐞𝐫𝐨𝐚𝐦𝐞𝐫𝐢𝐜𝐚𝐧𝐨 𝐒𝐮𝐛𝟐𝟎

O noso fisioterapeuta Dositeo Pena Gómez formou parte da expedición da 𝐬𝐞𝐥𝐞𝐜𝐜𝐢𝐨́𝐧 𝐞𝐬𝐩𝐚𝐧̃𝐨𝐥𝐚 𝐒𝐮𝐛𝟐𝟎 no 𝗖𝗮𝗺𝗽𝗶𝗼𝗻𝗮𝘁𝗼 𝗜𝗯𝗲𝗿𝗼𝗮𝗺𝗲𝗿𝗶𝗰𝗮𝗻𝗼 𝗦𝘂𝗯𝟮𝟬, celebrado do 19 ao 21 de xuño en Lima (Perú), exercendo como fisioterapeuta da delegación da RFEA.

Un orgullo para o club contar cun profesional que forma parte do equipo técnico da selección española en competicións internacionais.

👏 Parabéns, Dosi, por este novo recoñecemento ao teu traballo. 💚

Photos from Club Atletismo Lucus Caixa Rural Galega's post 22/06/2026

🏆 𝐂𝐚𝐦𝐩𝐢𝐨𝐧𝐚𝐭𝐨 𝐝𝐞 𝐆𝐚𝐥𝐢𝐜𝐢𝐚 𝐀𝐛𝐬𝐨𝐥𝐮𝐭𝐨 | 𝐎 𝐏𝐞𝐫𝐞𝐢𝐫𝐨 𝐝𝐞 𝐀𝐠𝐮𝐢𝐚𝐫 🏃

Gran actuación dos atletas do Club Atletismo Lucus no Campionato de Galicia Absoluto, acadando 𝟕 𝐦𝐞𝐝𝐚𝐥𝐥𝐚𝐬 𝐞 𝐧𝐮𝐦𝐞𝐫𝐨𝐬𝐚𝐬 𝐌𝐌𝐏:

🥇 Iker Fernández Codesido proclamouse campión galego en 1500 m cunha nova MMP de 3:46.17.
🥈 Esteban Iglesia Vila foi subcampión galego en 5000 m cun tempo de 14:53.42 (MMT).
🥈 Iago Núñez Lugilde conseguiu a prata en 400 m valos cun rexistro de 53.77.
🥈 Estela Díaz Díaz foi segunda en 1500 m con 4:40.74.
🥉 Estela Díaz Díaz tamén acadou o bronce nos 800 m, mellorando a súa marca persoal con 2:14.19 (MMP).
🥉 Nicolás Arrojo Fernández foi terceiro nos 3000 m obstáculos cunha nova mellor marca persoal de 9:41.82 (MMP).
🥉 Eva Veiga Arribas conseguiu o bronce nos 5000 m marcha cunha MMP de 25:12.17.
• Enrique García García-Boente, 5º en 1500 m con 3:54.21.
• Lucas Santiso, 15º en 1500 m cunha MMP de 4:06.30.
• Juan Antonio Gude Vila, 9º en 5000 m cunha MMP de 15:52.08.
• Santiago Rozas Trastoy, 4º en 110 m valos con 14.71.
• Martín Vázquez López, 7º en 110 m valos cunha MMP de 15.47.
• Raúl Rodríguez Álvarez, 4º en lanzamento de martelo con 49.01 m.
• Paula Conde Carrelo, 9ª en 100 m con 12.46.
• Gisela González de Almeida, 16ª en 100 m con 12.88.
• Marcela Viro Méndez, 20ª en 100 m con 13.09.
• Lucía Cando Gómez, 7ª en 800 m con 2:16.66.
• Inés Méndez Seijo, 4ª en 5000 m cunha MMP de 19:32.77.
• Paula Pazo Castelao, 7ª en salto de lonxitude con 5.28 m.
• Antía Pernas Rodríguez, 8ª en triplo salto cunha MMT de 10.90 m.
• Marta García García-Boente, 6ª en 5000 m marcha con 29:17.18.

Parabéns a todos os atletas polo gran traballo e polos resultados acadados neste Campionato de Galicia Absoluto. 💚🖤

📸 Fotografías publicadas pola Federación Galega de Atletismo, .fotografias e propias.

Photos from Club Atletismo Lucus Caixa Rural Galega's post 14/06/2026

🏃‍♀️🏃‍♂️Este venres tivo lugar a nosa 𝐗𝐨𝐫𝐧𝐚𝐝𝐚 𝐏𝐚𝐢𝐬/𝐍𝐚𝐢𝐬 𝐯𝐬. 𝐅𝐢𝐥𝐥𝐨𝐬/𝐚𝐬: carreiras, saltos, lanzamentos, relevos e moitas ganas de participar nunha actividade que nos deixou grandes momentos e, sobre todo, moi bo ambiente.

Queremos agradecer a todos os pais, nais, familiares e atletas que se animaron a participar e a facer posible unha xornada tan divertida 💚

📸 Un agradecemento tamén para Celia S. polo fantástico reportaxe fotográfico 😉

Grazas a todos e todas pola bonita experiencia! 😊👏

¿Quieres que tu empresa sea el Gimnasio mas cotizado en Lugo?

Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.

Localización

Categoría

Dirección


Pistas De Atletismo/Estadio Gregorio Pérez Rivera
Lugo
27002