01/09/2026
⏳ Xa non queda nada! 🔜🤩
🌍 A Gran Final das Series Mundiais de Triatlón 2026 volve a Pontevedra! 🏊🏻♀️🚴🏻♂️🏃🏻♀️👏🏼
📅 Do 23 ao 27 de setembro
🌎 5.400 deportistas
🌍 100 países
📈 Máis dun 27% por riba das previsións iniciais
Pontevedra prepárase para converterse na capital mundial do triatlón 🏆🔥
👀 Estes serán algúns dos puntos clave ☝🏻
🙌🏼 Vémonos moi pronto!
ℹ️ Máis información: triatlon.pontevedra.gal
Concello de Pontevedra Fetri Triatlón World Triathlon Deporte Galego
01/09/2026
💜 Ola, rapazas!
Vémonos o vindeiro 19 de setembro, ás 17:45 h, no Pavillón dos Remedios (Ourense) para compartir unha tarde de deporte e bo ambiente.
🏊♀️ Realizaremos unha sesión de natación en piscina curta.
🏃♀️ Despois, gozaremos dunha sesión de carreira en grupo polo fermoso Paseo das Ninfas.
Se estás dubidando en apuntarte, esta é a sinal que estabas agardando. Tanto se queres iniciarte como se buscas mellorar a túa técnica de natación e carreira, esta actividade é para ti.🫵🏻
💜🏃♀️🏊♀️
Fetri Triatlón Club Natación Pabellón Ourense Fundación Deporte Joven Concello de Ourense Deporte Galego Xunta de Galicia
01/09/2026
🏊♀️🏃♂️ Quedada Amazonas e Promoción de Menores Ourense 👏🏼
O vindeiro 19 de setembro, ás 10:30 h, agardámoste no Pavillón dos Remedios (Ourense) para desfrutar dunha xornada lúdica e de tecnificación dirixida a rapazas e rapaces, federados/as ou non, nados/as entre 2009 e 2017.
Durante a actividade realizaremos sesións de natación e carreira a pé, nun ambiente divertido e formativo.
✅ Inscrición gratuíta
🗓️ Prazo de inscrición: ata o 17 de setembro ás 12:00 h
🔗 Inscrición: https://event.addon-sport.com/es/vii-edicion-programa-amazonas-vi-quedada-v-encontro-de-promocion-triatlon-en-idade-escolar-ourense
Club Natación Pabellón Ourense Concello de Ourense Fetri Triatlón Fundación Deporte Joven
01/09/2026
🥈 Parabéns aos nosos triatletas galegos!
Natalia Castro , do Club Deportivo Delikia , e Jarno Pousada Troitiño , do CIDADE DE LUGO-FLUVIAL , acadaron onte a medalla de prata nos Xogos do Mediterráneo na proba de remudas mixtas, formando equipo con Eduardo Blanco Molla e Alejandra Seguí ♥
Moitos parabéns a todo o equipo por este éxito! 👏🇪🇸
Fetri Triatlón Xunta de Galicia Deporte Galego Austral Sport Comité Olímpico Español
27/08/2026
🏊♀️🏃♂️ RIBEIRA, 6 DE SETEMBRO
Ademais do Tríatlon Concello de Ribeira – Campionato Xunta de Galicia de Tríatlon Súper Sprint CD/XV/JN-Inclusivo, tamén se celebrará o:
🌊 I ACUATLÓN CONCELLO DE RIBEIRA
🏅 Proba de promoción de menores (BX/AL/IN/CD)
🔥 PHO3NIX KIDS by Javier Gómez Noya
Unha gran oportunidade para que os máis pequenos desfruten do tríatlon e vivan o deporte en primeira persoa! 💪❤️
📝 Inscricións abertas:
🔗 https://fegatri.org/evento/i-acuatlon-concello-de-ribeira-proba-de-promocion-de-menores-bx-al-in-cd-pho3nix-kids-by-javier-gomez-noya/
📅 6 de setembro | Ribeira
27/08/2026
📢 ELECCIÓNS 2026 – MESAS ELECTORAIS
⚠️ Debido ao peche de verán do CGTD, a Mesa Electoral de Pontevedra trasládase a:
📍 Centro Deportivo Pontillón do Castro
Gavian, s/n, 36151 Verducido (Pontevedra)
🔗 https://maps.app.goo.gl/XDMjDaZPzgYSYfjs8
📍 Mesa Electoral de Santiago
Estadio Municipal Verónica Boquete
Avda. Fernando de Casas Novoa, 20 Baixo
15703 Santiago de Compostela
🔗 https://maps.app.goo.gl/dafYQom3q7WDzNRw8
🗓️ Votacións: 5 de setembro
Mais información: 🔗 https://share.google/SI0VH0BseTRat5GdV
Xunta de Galicia Deporte Galego
24/08/2026
Esta fin de semana, Mérida acolleu o Campionato de España de Tríatlon en distancia sprint.
🥈 Parabéns a Sara Guerrero Manso do AD Náutico De Narón , subcampioa de España na categoría elite feminina.
Ademais, top 10 para:
🔹 Natalia Castro (Club Deportivo Delikia ), 6.ª clasificada.
🔹 María Casals (CIDADE DE LUGO-FLUVIAL ), 9.ª clasificada.
Na categoría elite masculina, o primeiro galego en cruzar a meta foi Antonio Serrat Seoane , rematando nunha 13.ª posición.
Tamén queremos felicitar aos nosos triatletas paralímpicos:
🏆 PTVI
🥇 Carla Santoro (Triatlon Inforhouse Santiago )
🏆 PTWC
🥈 Emilio Agüera (Triatlon Inforhouse Santiago )
👏🏼 Recoñecemento especial para todos os deportistas que participaron no Campionato de España de Tríatlon Inclusivo.
👏🏼 E, por suposto, parabéns a todos os representantes dos grupos de idade que loitaron polos postos de honra, acadando medallas e defendendo as nosas cores no Campionato de España.
💙💪🏊🚴🏃
Xunta de Galicia Deporte Galego Austral Sport
14/08/2026
🚨 Xa están abertas as inscricións! 🚨
O vindeiro 6 de setembro celebrarase o Triatlón Concello de Ribeira – Campionato Xunta de Galicia de Tríatlon Súper Sprint CD/XV/JN-Inclusivo.
📋 Consulta toda a información e formaliza a túa inscrición na seguinte ligazón:
https://fegatri.org/evento/triatlon-concello-de-ribeira-cpto-xunta-de-galicia-de-triatlon-super-sprint-cd-xv-jn-inclusivo-circuito-super-sprint/
⏳ Non agardes ao último momento e asegura xa a túa praza!
Concello de Ribeira Deputación da Coruña Xunta de Galicia Deporte Galego