23/08/2026
🏆 TORNEO DO EMIGRANTE
Dentro das XLI Festas do Emigrante de Pol, este luns temos unha nova cita no Municipal.
🆚 S.D. Sarriana
📅 Luns 24 de agosto
🕢 19:30 h
📍 Municipal de Pol
Un día especial na casa e o último partido dos nosos no Municipal antes de que comece a liga.
Así que xa sabedes, a desfrutar das festas e ás 19:30 vémonos no Municipal! Agardámosvos 👏⚽
🔴
💙
🏘️
21/08/2026
⚽ Final en Becerreá | 1-3
Vitoria nun novo amigable de pretempada fronte á S.D. Becerreá.
Seguimos sumando quilómetros e minutos nesta posta a punto. 💪
Desexámoslle sorte á S.D. Becerreá para esta tempada. 🤝
O seguinte encontro será na casa, na Festa do Emigrante. Nos próximos días daremos máis información sobre o encontro e o seu horario.
Agardámosvos no Municipal de Pol! 👏
🔴
💙
🏘️
21/08/2026
⚽ Novo amigable de pretempada!
Hoxe venres, o noso primeiro equipo desprázase ata Becerreá para disputar un novo encontro de preparación fronte á S.D. Becerreá.
🆚 S.D. Becerreá
🕘 21:00 h
📍 Municipal de Becerreá
Unha nova proba para seguir collendo ritmo de cara ao inicio da competición. 💪
🔴 orgullopolense
💙 rfgf lugo galicia
🏘️ concellodepol
19/08/2026
⏱️ Final no Acebreiro | 3-1
Derrota fronte ao R.C. Villalbés nun novo amigable de pretempada.
Máis minutos para o peto e un novo encontro que nos serve para seguir afinando de cara ao comezo da competición. ⚽💪
Desexámoslle moita sorte ao R.C.Villalbés para esta tempada.
🔴
💙
🏘️
19/08/2026
⚽ Novo amigable de pretempada!
Hoxe mércores desprazámonos ata A Pastoriza para enfrontarnos ao R.C.Villalbés no Acebreiro.
🆚 R.C. Villalbés
🕗 20:00 h
📍 O Acebreiro – A Pastoriza
Un novo test para seguir collendo ritmo e continuar medrando de cara ao que vén. 💪
🔴
💙
🏘️
16/08/2026
👕 A nosa camiseta xa está aquí!
Moitos preguntastes por ela e por fin podemos poñela á venda. A primeira equipación da S.D. Pol, a camiseta que representa a todo o noso concello.
💶 35 €
✍️ 40 € se a queres personalizada con nome ou número.
Nela están todos os pobos do Concello de Pol. Porque é moito máis ca unha camiseta: é a nosa pel, o noso equipo e o orgullo de ser polense.
📲 Para pedila, só tedes que entrar na ligazón do perfil ou no seguinte ligazón e cubrir o formulario.
https://tally.so/r/pbN2My
🔴 Unha camiseta para todos os que senten Pol con
14/08/2026
🚜 O filial xa está en marcha!
Esta semana comezaron os adestramentos para poñer a punto o equipo de cara á nova tempada. Por diante, varias semanas de traballo antes do comezo da liga na segunda metade de setembro.
Ilusión, traballo e moitas ganas do que vén! 💪
🔴
💙
🏘️
14/08/2026
⚽ Segundo amigable da pretempada!
Este venres, 14 de agosto, recibimos no Municipal de Pol aos nosos veciños do Meira F.C.
🕗 20:00 h
📍 Municipal de Pol
Seguimos collendo ritmo e preparandonos para o que vén 💪
🔴
💙
🏘️
13/08/2026
🔴 Nova fichaxe para o filial!
⚽ Martín Botana Gómez
Centrocampista procedente do A.D. Matela, onde militou durante as dúas últimas campañas. Anteriormente formouse na base do Sporting Coruñés, club no que desenvolveu a súa etapa formativa.
👏 Benvido e moita sorte nesta nova etapa, Martín!
🔴
💙
🏘️
12/08/2026
⚽ Primeiro amigable da pretempada!
Boas sensacións do grupo neste primeiro encontro fronte ao Viveiro C.F.
Grazas a toda a xente que se achegou hoxe ao Municipal de Pol para acompañarnos. 👏
💪Seguimos!
🔴
💙
🏘️