29/04/2026
II TIRADA DA FABA DE OURO, celebrada nas instalacións do Real Aeroclub de Lugo, reuniu a case un cento de tiradores chegados de Castela e León, Asturias e da nosa comunidade galega.
Os gañadores foron:
En damas: Verónica Amado Figueredo, do Real Aeroclub de Lugo.
En veteranos: Darío Piroscia Penado, do Club O Castro de Ferrol.
En sénior: o berciano Santiago Ríos Orallo, tamén do Real Aeroclub de Lugo.
Todos eles levaron o premio grande: unha faba de ouro.
A entrega de trofeos tivo lugar no Pazo de Tovar, un restaurante do concello de Lourenzá situado en San Adriano, que conta cun encanto especial. No acto participaron a alcaldesa de Lourenzá, dona Rocío López, e o presidente da Federación Galega de Tiro, don Julio Rivas.
Os asistentes puxeron en valor o labor organizativo e levaron como agasallo fabas de Lourenzá.
Na organización botouse en falta a presenza dun dos participantes, José Manuel Moirón, que se atopaba convalecente dunha intervención cirúrxica, a quen lle desexamos unha pronta recuperación.
27/03/2026
¡Noraboa, Airi Rodríguez ! 👏🥇
Un orgullo verte recibir o premio á Mellor Deportista Feminina da Coruña e Comarca 2025. Este galardón premia a túa espectacular traxectoria e todos os logros acadados nestes anos de esforzo e puntería.
Sigue brillando e deixando o tiro galego no máis alto. ¡Es un exemplo, campioa! 🔫✨
***la
10/03/2026
Provincial de Pi***la 9MM
O domingo día 8 celebrouse nas instalacións do Club de Tiro o Castro o provincial de Pi***la 9mm, onde por parte do Club de Tiro Carral participo Alberto Pérez Cotos que logrou a quinta posición.
02/03/2026
Héctor Murado, do de Tiro San Froilán , proclamouse campión na categoría senior, mentres que Beatriz Pereira, do Club de tiro del Real Aeroclub de Lugo , fíxose co triunfo na categoría damas, no Campionato Galego de Pi***la Velocidade Aire.
Ambos xa foran gañadores hai tres semanas no Campionato Galego de Aire Estándar.
Parabéns aos dous polos éxitos acadados!👏👏
02/03/2026
É certo que o traballo, a constancia e o esforzo pagan a longo prazo. Parabéns por estar entre os finalistas.👏👍🥇
Bien ciertos es que el trabajo, la constancia y el esfuerzo a la larga trae su recompensa. Muchas felicidades por estar entre los finalista. 👏👍
https://www.laopinioncoruna.es/deportes/deporte-corunes/2026/02/28/definidos-finalistas-viii-gala-deporte-127367963.html?utm_campaign=mrf-twitter-laopinioncoruna&mrfcid=2026022869a2c10c63f0d226db4ddf96