14/09/2026
⚪️🔴 SENIOR B - SEGUNDA FUTGAL A COSTA 🔴⚪️
Crónica | SD Sofán B 1-0 Corme CF
Primeira xornada de liga no Carral e primeira vitoria para o noso Senior B. O Sofán levou o control do partido desde o inicio, cun Corme replegado e buscando saír ao contraataque. As ocasións máis claras foron para os nosos, con Iraitz kre Marcos rozando o gol, mentres os visitantes apenas inquietaron a portería máis aló dalgunha acción a balón parado. Ao descanso, o marcador seguía sen moverse.
Tras o paso polos vestiarios, o equipo deu un paso adiante. Os cambios deron máis ritmo ao xogo e o Sofán seguiu acumulando chegadas e ocasións, cunha moi clara de Diego Blanco que se atopou cunha gran intervención do porteiro. O gol facíase esperar, pero os nosos seguiron insistindo ata o final.
E cando parecía que o 0-0 sería definitivo, chegou o premio. No último minuto, un gran centro de Dani atopou a Diego Blanco, que puxo o 1-0 para facer estalar o Carral. Tres puntos sufridos, traballados e merecidos para comezar a liga da mellor maneira. Parabéns aos rapaces polo esforzo, especialmente nunha tarde de moita calor. 💪🏻
Esta vitoria vai tamén para Dani Calvete. Un dos nosos, que terá que afastarse dos terreos de xogo por mor da lesión sufrida nesta pretempada. Todo o Sofán está contigo e deséxache moito ánimo nesta recuperación. 🤍❤️⚽️
🤍❤️ IMOS SOFÁN💪🏽💪🏽