19/05/2026
Familia celeste 🩵
Este sábado 23 de maio vémonos para vivir xuntos o Celta-Sevilla e despedir unha tempada inesquecible como mellor sabemos: facendo peña 💪🍻
Agardámosvos para unha festa chea de música con varios DJs convidados 🎶, obradoiros de baile tradicional 🪗 e moitas ganas de celebrar todo o vivido este ano arredor do Celta ⚽
Bebida, boa xente e ambiente único para pechar unha tempada que quedará para sempre na memoria 🩵
Non faltedes, imos facela grande 💥
16/02/2026
Dende 2005 sendo unha penya creativa, bailonga e traballadora.
Aínda non te uniches a nós? Veña, a que esperas? 🩵
13/02/2026
⚠️ Ante a inxustiza do reparto de entradas visitantes polo Espanyol, coa complicidade da LFP, a Blaucel non vai pasar polo aro! 💪
Esta decisión privaranos de ver ao noso equipo na nosa propia cidade… pero iso non nos vai deter: xuntámonos na sede para unha xornada de confraternidade, petiscos, cerves e boa música, coa actuación de DJ Xaniño. 🎶
Todos os nosos peñistas están convidados. Porque se non podemos animar ao Celta no campo… nós animamos ao Celta e á nosa amizade na sede! 🩵✌️
11/02/2026
🎭🔥 ENTROIDO BLAUCEL🔥🎭
Familia, xa temos data marcada 💙
Este venres 13/01 ás 20:30 no Somy celebramos o Entroido como se merece:
👉 disfraces, música, pinchos e a mellor afección 😏
👀 Ademais, teremos convidados especiais representando ao Celta, así que motivo extra para non faltar ⚽💙
🥇 Haberá regalo ao mellor disfrace: unha camisola desta tempada do Celta 🎁🔥(só para peñistas), ide pensando algo potente.
En breves compartimos o plan do sábado, pero este día é moi importante estar e facelo grande xuntos 💪🍻
03/02/2026
📢 *Atención seareiros*: o que vai pasar con este partido é inxusto e necesita solución inmediata.
24/12/2025
Felices festas, familia!
Sempre Celta 🩵