02/07/2026
CAMPIÓNS GALEGOS!
Volvéronno facer… este mércores á tarde o noso equipo de veteráns +60 volveuse proclamar campión galego da División de Honra.
Logo de ter que suspender os partidos da final do domingo pola choiva, o marcador reflectía 2-2 nos primeiros sets dos partidos individuais.
O CCD Sanxenxo chegaba este mércores con gañas de arrebatarnos o título de mellor equipo +60 de Galicia. Fernando Pablos caía no super tiebreak, Deus non podía sumar o seu punto, Mon gañaba con solvencia e José Rodríguez perdía no súper. Rematábamos os individuais cun 1-3 en contra. Os de Sanxenxo só precisaban unha victoria nos dobles e nós, gañar os dous partidos.
A dupla 2, formada por Mon e José Rodríguez, facíase co primeiro set. Pero de nada servía porque a nosa primeira parella perdía 0-6 o primeiro set co potentísimo equipo de Sanxenxo.
Sacando a garra e o talento que caracteriza aos nosos xogadores, Fernando Pablos e Ángel Ríos comezaron unha remontada épica, amosando un xogo moi estable de fondo e inexpugnable na rede. Nun dramático desempate, Ángel culminou cunha sutil deixada de volea para rematar gañando 10-8 no super tiebreak.
Pola sua banda, o doble 2 que deixaramos ben encarrilado, con parcial de 1-0 a favor en sets, dubidaba, e os nosos rivais facíanse co segundo set. Todo quedaba a expensas do que pasara no último desenlace. Cun xogo irregular, os nosos dominaban o marcador por poucos puntos, e Mon non estaba disposto a ceder, así que aproveitando os potentes golpes de José e con movementos maxistrais na rede, conducíu ao noso equipo cara unha nova e antolóxica victoria. 4-3 para Redes, CAMPIONS GALEGOS!
Se cadra, aqueles rapaces que empezaron dándolle á pelota na praia, non imaxinaban daquela, que hoxe ían seguir escribindo unha das mais fermosas historias do tenis galego.
🥹🎾💚