01/09/2026
🥊 O boxeo profesional chega a Taboadela!
📅 Sábado, 5 de setembro
⏰ 19:30 h
📍 Pavillón Municipal de Taboadela (Ourense)
⭐ Wilson Tavares será o gran protagonista dunha noite histórica, levando por primeira vez o boxeo profesional a este pavillón.
🖤 A velada contará tamén cunha emotiva homenaxe a Jesús López «Pijo», falecido recentemente durante a VII Subida a Taboadela.
Unha cita especial para o deporte e para toda a comunidade de Taboadela. 🥊
27/08/2026
🥇 OURO PARA ENMANUEL REYES PLA! 🇪🇸🥊
Enmanuel Reyes Pla é campión nos Xogos do Mediterráneo! Un novo éxito para o boxeo galego e para o deporte español.
Despois dun gran torneo, Enmanuel sobe ao máis alto do podio e conquista a medalla de ouro. 🏆🥇
💙 Parabéns, Enmanuel! Todo o boxeo galego está enormemente orgulloso de ti.
🥊🏆
24/08/2026
🥊 Enmanuel Reyes Pla, medalla asegurada
Enmanuel Reyes Pla foi o encargado de portar a bandeira no desfile inaugural dos Xogos do Mediterráneo, representando con orgullo ao deporte español.
Xa sobre o ring, Reyes, na categoría de -90 kg, superou a Kostovski por decisión unánime, nun combate no que dominou con claridade.
Con esta vitoria, Enmanuel pasa ás semifinais e asegura, como mínimo, a medalla de bronce. 🥉🔥
Na seguinte rolda enfrontarase ao francés Soheb Bourafia, buscando o pase á gran final.
🇪🇸 Parabéns, Enmanuel! Todo o boxeo galego está contigo! 🥊💪
18/08/2026
🥊📅 Calendario de veladas – Setembro
Despois dun mes sen grandes citas no calendario, setembro chega cargado de boxeo! 🔥
Déixámosvos o calendario das veladas confirmadas para este mes, para que non vos perdades ningunha das citas do boxeo galego.
📍 Gardade a publicación e preparádevos para volver vivir o boxeo en directo. 🥊
04/08/2026
🥊 Moito ánimo, Olmo!
Todo o boxeo galego está contigo. 💙 Sabemos o traballo e o esforzo que hai detrás de cada paso e estamos seguros de que seguirás loitando e medrando.
Forza, Olmo! Estamos contigo! 🥊🔥
31/07/2026
⚠️ IMPORTANTE | CAMBIO DE UBICACIÓN 📍 CAMBIO DE ÚLTIMA HORA
Por motivos alleos á organización, o Campionato de España entre Olmo De Paz e Ledesma trasládase ao ximnasio FightFactory.
🕒 O horario mantense sen cambios.
Pedimos desculpas polas molestias ocasionadas e agradecemos a vosa comprensión.
Vémonos esta tarde en FightFactory para vivir unha gran noite de boxeo. 🥊🔥