Club Salesianos Coruña

Club Salesianos Coruña

Compartir

Club Deportivo da Casa Salesiana de A Coruña.

13/06/2026

Hoxe estamos de festa no Club: facemos 3 anos!!!

Moitas grazas a todos os que formades parte da nosa familia e nos axudades a crecer e a ser, entre todos, protagonistas da nosa historia!!!

Adiante, sempre adiante!!!




Photos from Club Salesianos Coruña's post 25/05/2026

Os nosos cadetes de baloncesto quedaron de segundos clasificados na segunda división tras vencer o sábado a semifinal e perder a final o domingo.

Sen dúbida, moito máis do que se lle podía esixir a un equipo que se estreaba esta tempada.

Noraboa, equipazo!!!

Adiante, sempre adiante!!!




Photos from Club Salesianos Coruña's post 23/05/2026

Hoxe algúns dos nosos judokas participaron no XLIV Torneo Liceo La Paz, o decano dos torneos escolares de judo de España.

Foi unha xornada na que puidemos desfrutar do judo con nenos e nenas doutros colexios e clubes. Pasámolo en grande!

Adiante, sempre adiante!!!




Photos from Club Salesianos Coruña's post 23/05/2026

Os nosos alumnos e xadrecistas Mateo, Gael e Juan quedaron hoxe subcampións da edición coruñesa de o Torneo de Xadrez Escolar que se xoga con pezas xigantes.

Un gran clima e un día longo para desfrutar do xadrez na praza de María Pita!

Adiante, sempre adiante!!!




21/05/2026

Xa está aquí! Unha das nosas festas favoritas do ano!!!

Temos uns días ben cargadiños de actividades na nosa Casa Salesiana en honra de María Auxiliadora!!!

17/04/2026

A actividade federada do Club está cofinanciada pola Deputación da Coruña

Adiante, sempre adiante!!!




13/03/2026

Xa está aquí o noso Campus de Semana Santa!!!

Vacacións, conciliación familiar e moito deporte!

Máis información na nosa web.

Adiante, sempre adiante!!!




28/01/2026

Son moitas as formas de celebrar Don Bosco como casa salesiana!!! Como son moitas as formas de vivir este carisma tan rico!!!

Únete a unha das nosas festas favoritas!!!


Photos from Club Salesianos Coruña's post 11/01/2026

Este sábado Breixo, o noso adestrador de judo e competidor polo , quedou 3° da súa categoría no Campionato Galego Júnior celebrado en Ferrol.

Noraboa, Breixo!!! Adiante, sempre adiante!!!




06/01/2026

Dende o Club Salesianos Coruña desexamos a todos os nosos deportistas que os Magos de Oriente lles trouxesen moitas ganas de seguir practicando deporte!!!

Nós pedímoslles a posibilidade de seguir educando en valores salesianos a través do deporte e... Axuda para conseguir unhas gradas novas para o pavillón!!!

Adiante, sempre adiante!!!




¿Quieres que tu empresa sea el Gimnasio mas cotizado en A Coruña?

Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.

Localización

Categoría

Teléfono

Página web

Dirección


Rúa Hospital, Nº 14
A Coruña
15002