29/08/2026
Xa están a disposición de todos os interesados as normativas e calendarios do CGA para esta tempada, na que o noso clube se incorpora como unha das sedes dos cadros B!!
Agardamos estar á altura e cumplir todas as expectativas, xa que como sempre, todos seredes ben recibidos no Clube de Billar Ordes💪🏻💪🏻
𝐂𝐎𝐌𝐏𝐄𝐓𝐈𝐂𝐈Ó𝐍𝐒 𝐃𝐄 𝐏𝐎𝐎𝐋 𝐅𝐆𝐁
Hola a todos!
Estamos a piques de comezar unha nova tempada nas competicións de pool.
Como xa todos saberedes, houbo un cambio na dirección deportiva das competicións de pool da Federación Galega de Billar.
O Club Billar Teo, despóis de moitos anos ó frente xunto coa AGP, das competicións de pool da FGB, deixa por vontade propia de estar na dirección deportiva.
Non cabe máis que agradecer a súa labor ó longo destes anos e cabe destacar que seguen dispostos a votar unha man no que faga falta a pesar de deixar de estar na primeira liña organizativa.
A AGP seguirá ó frente da dirección deportiva. A ésta incorpórase o xogador Francisco Javier Alonso Gutiérrez, no que confiamos sexa un excelente director deportivo da competición.
Polo tanto, se calquera club ou xogador ten calquera dúbida ou necesita calquera aclaración, pode dirixirse a:
Miguel Ángel Crespo de la Torre: 605 69 77 89
Francisco Javier Alonso Gutiérrez: 647 74 13 15
Correo-e: [email protected]
A continuación, deixámosvos o calendario do CGA e as bases da competición.
As modificación foron mínimas, pero por favor, votádelle un vistazo para que non haia malos entendidos.
Enviarase ós correos electrónicos de tódolos clubs tanto os calendarios como as bases da competición.
No caso de que non o reciban, por favor facilitade o correo electrónico do voso club na dirección de correo [email protected].
É preciso destacar que a asignación de sedes ás distintas competicións son susceptibles de cambios en base a participación en cada proba ou campionato.
No relativo as datas, tamén poden sufrir variacións no caso de que a RFEB cambie polo motivo que sexa algunha data dalgunha competición.
Saudos e boa tempada.
𝐂𝐚𝐥𝐞𝐧𝐝𝐚𝐫𝐢𝐨 𝐂𝐆𝐀 𝐓𝐞𝐦𝐩𝐚𝐝𝐚 𝟐𝟎𝟐𝟔-𝟐𝟕:
https://drive.google.com/file/d/1CAkOpnJkCx_pdIrmFHS5cS3KNYWCDpUL/view?usp=drive_link
𝐍𝐨𝐫𝐦𝐚𝐭𝐢𝐯𝐚 𝐂𝐆𝐀 𝐓𝐞𝐦𝐩𝐚𝐝𝐚 𝟐𝟎𝟐𝟔-𝟐𝟕:
https://drive.google.com/file/d/1xIR-BNXTjv7VJP0pxNDlgYKOsnomRRsw/view?usp=drive_link
𝐂𝐚𝐥𝐞𝐧𝐝𝐚𝐫𝐢𝐨 𝐅𝐆𝐁 𝐲 𝐑𝐅𝐄𝐁 𝐓𝐞𝐦𝐩𝐚𝐝𝐚 𝟐𝟎𝟐𝟔-𝟐𝟕:
https://drive.google.com/file/d/1NAHZjCbZ7LrptK4n6EFvCkyhxd--c7ko/view?usp=drive_link
28/07/2026
05/04/2026
17/02/2026