UD Santa Mariña

UD Santa Mariña

Compartir

Páxina Oficial de Facebook da UD Santa Mariña. Fundada en 1947. Referente no fútbol base galego.

Photos from UD Santa Mariña's post 20/08/2026

O noso equipo Xuvenil A hoxe realiza unha actividade de integración grupal nas Pozas de Moura , conectando coa natureza !

❤️

20/08/2026

Grazas a Naturmos pola súa colaboración cos nosos porteiros que dispoñerán de balóns novos para os seus adestramentos.

Moi agradecidos por esta doazón !!

❤️

Photos from UD Santa Mariña's post 25/06/2026

COMUNICADO OFICIAL

Ante os feitos ocorridos a Unión Deportiva Santa Mariña desexa expresar que os comportamentos acontecidos non representan nin comparten a forma de entender o deporte e a educación que caracterizaron á nosa entidade desde a súa fundación.

O club desvincúlase por completo do sucedido e reitera o seu firme compromiso cos valores do respecto, a deportividade e a formación integral dos nosos xogadores.

Tras analizar o sucedido, o club tomou a decisión de prescindir do corpo técnico do equipo Benxamín. Trátase de persoas novas, cun longo camiño por percorrer tanto no ámbito deportivo como no persoal, e dende a entidade temos claro que esta situación sirve como unha oportunidade de aprendizaxe e reflexión.

No fútbol, como na vida, todos cometemos erros e o verdadeiro crecemento prodúcese cando somos capaces de asumilos, aprender deles e volver levantarnos sendo mellores. É a mesma mensaxe que trasladamos cada día aos nosos xogadores de canteira: equivocarse forma parte do proceso de formación, pero o verdadeiramente importante é extraer un ensino de cada erro e convertela nunha oportunidade para mellorar.

A U.D. Santa Mariña cumpre o ano que ven 80 anos de historia, oito décadas nas que traballamos cun firme compromiso pola formación, o respecto, a educación e os valores do deporte por encima de calquera resultado.

Ese traballo constante e esa maneira de entender o fútbol son os que permitiron que numerosos xogadores formados na nosa canteira chegasen ao fútbol profesional, converténdose no mellor exemplo da labor que fai este club.

Seguiremos defendendo os nosos principios coa mesma firmeza de sempre, porque entendemos o fútbol base como unha ferramenta de formación de persoas antes que de deportistas.

Xunta Directiva
UD. Santa Mariña

10/06/2026

🏆CAMPIÓNS DE COPA 🏆 .

O Benjamín B titúlase Campión de Copa !

Seguimos sumando !!

❤️

09/06/2026

🏆 CAMPIÓNS DE COPA 🏆

O Iinfantil C titulouse Campión de Copa tras vencer ao ED Val Miñor 3 goles a 1 no Campo Federativo de Coya.

Impresionante o partido que fixeron os nosos xogadores!!

Parabén a todos!! ⚽️💪

❤️

03/06/2026

⚽🔥 TODO POR SEGUIR SOÑANDO 🔥⚽

Tras un intenso empate 1-1 no partido de ida, o noso Infantil A afronta este sábado o partido máis importante da tempada.

🏆 Volta da primeira eliminatoria de ascenso
🆚 Pabellón Ourense
📍 Cotogrande
🗓️ Sábado
⏰ 11:30 h

Noventa minutos para decidir quen continúa no camiño cara á División de Honra.

Os nosos xogadores darano todo sobre o terreo de xogo. Agora precisamos que a nosa afección xogue o seu partido desde a bancada.

💙 Ven animar, ven empurrar, ven crer.

Xuntos somos máis fortes!
Enchamos Cotogrande e sigamos soñando co ascenso! 💪⚽

29/05/2026

Chegou a hora! 💪⚽️

A loita polo ascenso a División de Honra Categoría Infantil comeza mañá sábado na primeira eliminatoria de ida e volta!

O noso equipo Infantil A viaxará a Ourense a enfrontarse ao Pabellón , décimo terceiro clasificado de División de Honra que busca manter a categoría.

O partido xogarase no Campo de Fútbol Miguel Ángel- Os Remedios ás 11:30 h.

Todo o apoio para o noso equipo que demostrou durante a tempada un alto nivel competitivo.

TODOS A APOIAR ao noso INFANTIL A !!!

❤️

21/05/2026

Xa O Infantil A xa ten Rival para a Fase de Ascenso a División de Honra!

Enfrontaranse ao , Décimo Terceiro Clasificado de DH de Honra.

Datas da fase : 31 de Maio e 6 de Xuño

❤️

17/05/2026

IMOS CON TODO A POLO ASCENSO!

O Infantil A competirá na Fase de Ascenso a División de Honra, logo de completar a liga con 73 puntos e unha participación sobresaínte desde o inicio da tempada.

Comeza un novo camiño a partir do 30 de maio con 4 partidos en formato eliminatoria!!

Mentres o equipo prepara a fase, que a afección se prepare para dar todo o seu apoio desde a bancada!!

Todos unidos somos máis fortes!!

❤️

16/05/2026

Co Xuvenil A, quedámonos ás portas dos play off , pero estamos orgullosos do traballo deste equipo que deu todo ata o final !

Somos U.D. Santa Mariña !!

❤️

¿Quieres que tu empresa sea el Gimnasio mas cotizado en Vigo?

Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.

Localización

Categoría

Dirección

Vigo

Horario de Apertura

18:30 - 20:00