30/08/2026
Un ano máis, malia a chuvia, GRAZAS por acompañarnos nunha nova edición!
O ano que vén, máis!
Esta é a páxina oficial da Carreira Popular de Pintos, que se celebra na parroquia de Marcón, lugar de Pintos.
Todos os anos, un sábado de agosto... permanece atent@ para comprobar a data e vén pasar un bo anaco con nós!
30/08/2026
Un ano máis, malia a chuvia, GRAZAS por acompañarnos nunha nova edición!
O ano que vén, máis!
29/08/2026
☀️ Hoxe é o día!
Desenfundade as zapatillas que esta tarde corre a parroquia enteira... e todas as forasteiras, que sodes benvidas!! 😁
⏰ Lembrade chegar a partir das 16-16.30 h para anotarvos.
Traede ganas de correr, de rir e de pasar a tarde xuntas.
Vémonos logo en Pintos! 🏃♂️💨 # # #
28/08/2026
Lembrade que mañá, aínda que chova, corremos igual!!!
🥧 E isto é así porque a carreira é importante... pero o que vén durante e despois tamén!
Porque en Pintos a proba remata, pero a festa sigue. Ao rematar as carreiras e a entrega de premios teremos:
🥤 Refrixerios para todas as participantes.
🍴 Empanada e petiscos para repoñer forzas e comentar a carreira.
🏆 Entrega de premios.
🎁 Sorteo de agasallos cos dorsais e as rifas.
Todo preparado. Mañá vémonos en Pintos! 🥳 # # #
28/08/2026
🌧️ QUE A CHOIVA NON NOS PARE! A CARREIRA DE PINTOS SEGUE ADIANTE 🏃♂️🏃♀️
Molladas ou secas, mañá corremos igual! A previsión dá algo de auga, pero iso en Pintos nunca foi escusa: para adiante.
📌 Lembrade:
🕔 Hora: A partir das 16:30 h abrimos inscricións!
👟 Consello: Traede muda (ou roupa de auga), calzado con bo agarre por se o chan está algo esvaradío e paraugas!
Témolo todo listo para pasar unha tarde de deporte e bo ambiente. Agardámosvos na liña de saída!
# # #
27/08/2026
⏰ Como participar este sábado? Moi fácil!
Aquí non hai complicacións nin rollos raros:
📝 Inscricións: No propio lugar da proba desde as 16 h.
🏁 Inicio das carreiras: A partir das 17.30 h e en función do tempo. Para as saídas, primeiro os nenos e nenas, e logo as máis maiores.
📍 Lugar: Pintos (Marcón). Punto de saída: https://maps.app.goo.gl/vaEqWrEmrYNRWS2V7 (lembrade que tedes que aparcar antes!)
Chegade con tempo para coller o dorsal con calma e quentar un pouco antes de saír. # # #
26/08/2026
👟 Dende os 0 ata o infinito: en Pintos corre todo o mundo!
Aquí ninguén queda fóra. Temos carreiras pensadas para todas as idades, dende a categoría dos máis miúdos (0-4 anos) ata os nosos veteráns máis incombustibles.
Traede aos nenos e nenas para que vivan a festa dende abaixo. A saída das pequenas sempre é o un dos mellores momentos da tarde! 👶👧👦
# # #
25/08/2026
Cantos anos levas vindo correr (ou mirar correr 😜) a Pintos?
Hai quen empezou de peque con catro aniños e hoxe vén correr cos seus propios fillos!
Hoxe queremos que nos digades nos comentarios:
❓Lembras cal foi a túa primeira edición?
❓Conservas na casa algunha camiseta vella, trofeo ou medalla daqueles primeiros anos?
Aceptamos fotos!! En Pintos o tempo pasa, pero a esencia segue intacta: suar a camiseta, botar unhas risas e rematar a tarde compartindo a empanada e o sorteo entre amigos.
# # #
🌙 Pregunta seria de luns á noite:
Cantas de vós xa sacastes as zapatillas do armario para ver se aínda serven para o sábado? 😂😂😂 Queremos respostas nos comentarios!
Como bonustrack, aí tedes chegando á meta ao noso speaker, Santi, chegando heroicamente á meta 🤣🤣
Que non vos entre o pánico de última hora: aínda quedan 5 días para a Carreira de Pintos 2026. Dá tempo de sobra a facer un adestramento suave... ou polo menos a ir mentalizándose para a subida.
Bulide que se fai tarde! 👟🏃♂️ # # #
23/08/2026
Imos entrar xa na semana da nosa carreira! Case catro décadas de tradición, de ver correr a avós, nais, fillos e netos no mesmo asfalto... aínda que chova a caldeiros, como o ano pasado.
Xa sabedes que este sábado 29 volvemos á carga: non fai falta que sexas profesional nin que veñas bater ningún récord mundial. Só fai falta ter ganas de suar a camiseta e botar a tarde cos veciños e veciñas.
Apunta a data e vai avisando á familia e aos amigos se aínda non o fixeches! 🗓️
28/07/2026
Un ano máis, e como manda a tradición, aquí estamos con outra edición da Carreira popular de Pintos!!💪
Este será o cartel deste 2026, onde xa estamos traballando duro para que poidades disfrutar dunha tarde de deporte, diversión, bo ambiente e sobre todo de reencontros de amigos e familiares no noso pobo de Pintos.,🙂😊
Así que gardade este día no calendario porque esperamos por tod@s vós!!!👍🏻
(PD: Se podes, comparte o noso cartel 😉)