Galiza Nova Lugo

Galiza Nova Lugo

Compartir

Información de contacto, mapa y direcciones, formulario de contacto, horario de apertura, servicios, puntuaciones, fotos, videos y anuncios de Galiza Nova Lugo, Lugo.

Photos from Galiza Nova Lugo's post 23/07/2026

Por Moncho Reboiras.

Polo respecto da soberanía popular lucense.

Por unha Galiza ceibe e popular.

22/07/2026

Este xoves 23 poñemos fin ás actividades da Semana da Patria na comarca cunha foliada aberta.

Bailarmos, cantarmos e tocarmos tamén é facer país. É manter viva a tradición e cultura que nos deixaron os nosos devanceiros.

É coñecer e honrar a todas aquelas galegas que, tamén mediante a música e baile tradicional, denunciaron a persecución da nosa lingua e a nosa identidade.

Agardámosvos!

Photos from Galiza Nova Lugo's post 21/07/2026

Onte realizamos un roteiro polas nacentes do Rato da man de ADEGA | Ecoloxismo. Sobre estes terreos, de inmenso valor ambiental para o noso concello, preténdese urbanizar a ampliación do Polígono do Ceao.

En concreto, serían 32 as hectáreas afectadas, destruíndose regatos, zonas húmidas, charcas, bosques de ribeira e carballeiras.

Máis unha vez observamos como o modelo capitalista vixente intenta levar a cabo un proxecto especulador e nocivo para a nosa terra, escudándose novamente no lema de “desenvolvemento económico”, cando existen numerosas alternativas para a expansión industrial da cidade.

Adega está recadando fondos para poder frear este pelotazo pola vía xudicial. As doazóns pódense facer a través de https://adega.helpbysc.com/rioratosencemento.

Obrigado ás persoas que acudistes.

20/07/2026

O próximo mércores 22 de xullo temos o cuarto acto desta Semana da Patria.

Despregaremos o bandeirón da nosa nazón, o das causas xustas, para reivindicarmos máis un ano o noso dereito a decidir sobre o noso futuro.

14/07/2026

O próximo xoves 16 de febreiro temos a segunda actividade desta Semana da Patria, cunha visita guiada á Casa Museo Manuel María.

Coñeceremos de primeira man o corpus literario dun dos grandes referentes do século XX que, alén do seu valor artístico, representa a propia evolución da nación galega na súa realidade social, cultural e política.

Tamén recalcaremos no seu compromiso político co país, sendo unha das figuras que mellor entroncou o nacionalismo galego actual coa acción política de Castelao.

Agardámosvos!

11/07/2026

O próximo martes 14 de xullo teremos o primeiro acto da Semana da Patria organizada pola nosa comarca.

Contaremos con Elvira Lombao e Maite Ferreiro, que compartirán a súa experiencia como mulleres na militancia política.

Dende unha perspectiva feminista, abordaremos as dificultades adicionais ás que as mulleres aínda teñen que facer fronte unicamente polo feito de ser muller.

📍 Xardíns da Diputación
⏰ 20:00h

Agardámosvos!

11/07/2026

𝐒𝐄𝐌𝐀𝐍𝐀 𝐃𝐀 𝐏𝐀𝐓𝐑𝐈𝐀 2026!!

Un calendario que un ano máis referencia o noso compromiso coa emancipación do país.

Únete a nós‼️ nestas actividades organizadas pola mocidade nacionalista da comarca de Lugo para promocionar o noso día nacional

Viva Galiza Ceive!

21/05/2026

👀 Ollo!! Nova ubicación❗️📣

🚩 O próximo sábado 23 de febreiro celebraremos un acto público para presentarmos a nosa campaña “𝐀𝐬 𝐬𝐮́𝐚𝐬 𝐠𝐮𝐞𝐫𝐫𝐚𝐬, 𝐚 𝐧𝐨𝐬𝐚 𝐩𝐫𝐞𝐜𝐚𝐫𝐢𝐞𝐝𝐚𝐝𝐞”.

Fronte ao auxe belicista imposto polas “democracias” capitalistas, a mocidade nacionalista reivindicamos un modelo de paz e soberanía.

A barbarie actual levada a cabo sobre a Palestina, Venezuela, Cuba, Irán ou o Líbano obríganos a mobilizarnos como nunca antes, mostrando a nosa solidariedade interncionalista e repulsa ante calquera caso de inxerencia.

Tamén debemos sinalar publicamente aos actores principais que participan na industria armamentística, tamén no noso país.

Por isto e moito máis, agardámoste o próximo sábado 23 de maio ás 12:30h na Despensa do Saa (Rúa Salvador de Madariaga, 8, Lugo)

15/05/2026

🚩 O próximo sábado 23 de febreiro celebraremos un acto público para presentarmos a nosa campaña “𝐀𝐬 𝐬𝐮́𝐚𝐬 𝐠𝐮𝐞𝐫𝐫𝐚𝐬, 𝐚 𝐧𝐨𝐬𝐚 𝐩𝐫𝐞𝐜𝐚𝐫𝐢𝐞𝐝𝐚𝐝𝐞”.

Fronte ao auxe belicista imposto polas “democracias” capitalistas, a mocidade nacionalista reivindicamos un modelo de paz e soberanía.

A barbarie actual levada a cabo sobre a Palestina, Venezuela, Cuba, Irán ou o Líbano obríganos a mobilizarnos como nunca antes, mostrando a nosa solidariedade interncionalista e repulsa ante calquera caso de inxerencia.

Tamén debemos sinalar publicamente aos actores principais que participan na industria armamentística, tamén no noso país.

Por isto e moito máis, agardámoste o próximo sábado 23 de maio ás 12:30h na Rúa Soto Freire (ao carón do Vello Cárcere).

Photos from Galiza Nova Lugo's post 09/05/2026

🇵🇸 Presentes na manifestación de hoxe para reivindicarmos a recuperación da bandeira palestina no Vello Cárcere.

Lugo está co pobo palestino!

¿Quieres que tu empresa sea el Gimnasio mas cotizado en Lugo?

Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.

Localización

Dirección

Lugo