19/09/2026
🔴⚫ O BALONMÁN XA VIBRA NO ARENA!
Primeira xornada na casa para os nosos equipos sénior, cunha vitoria e unha derrota:
🤾♂️ Disiclín Balonmán Lalín 29–25 Balonmán Poio Artai
O sénior masculino estrea a competición cun triunfo diante da nosa afección! 💪
🤾♀️ Disiclín Fem. BM Lalín 18–21 Indupor BM Porriño
As nosas sénior non puideron sumar a vitoria nesta primeira cita de copa. Toca seguir traballando e medrando xuntas. Isto non fixo máis que comezar! ❤️🖤
🤝 Nesta xornada tivemos o pracer de contar no Arena con Javier, de Disiclín, acompañando os nosos equipos nos dous partidos. Grazas pola túa presenza e polo apoio de Disiclín ao noso club. Ter ao noso patrocinador ao noso carón, tamén nas bancadas, é un orgullo!
🙌 Grazas á afección por acompañarnos neste inicio de competición. Seguimos xuntos!
🔥 FURA LALÍN!