14/09/2026
XA TEMOS OS HORARIOS DA TEMPADA 2026/2027! 📢❤️
As Escolas Deportivas e Culturais da A.C.D. Xove arrancan unha nova tempada! 🏀🎨🏸🛹
Nesta publicación podedes consultar os horarios, grupos e lugares das diferentes actividades.
📅 Comezamos esta semana con todas as actividades, agás algunhas excepcións:
• Xadrez: comezará o día 22.
• Pádel: comezará o día 28.
• Teatro: o grupo aínda está por definir e informaremos proximamente.
• Outras escolas, como Surf e Tenis de Mesa, comezarán máis adiante. Iremos dando toda a información nos seus respectivos grupos.
📲 Lembrade que, se aínda non estades nalgún dos grupos de WhatsApp, podedes solicitar a vosa inclusión a través da Comunidade.
Agora si… comezamos unha nova tempada! 🙌
Desexámosvos moita sorte e, sobre todo, que desfrutedes moitísimo de cada actividade. Para calquera dúbida, estamos á vosa disposición.
A.C.D. XOVE — Tempada 2026/2027