07/07/2026
🏁 𝗔 #𝗔𝗥𝗲𝘃𝗼𝗹𝘁𝗮𝟮𝟬𝟮𝟲 𝘁𝗮𝗺𝗲́𝗻 𝘀𝗲 𝗰𝗼𝗻𝘀𝘁𝗿𝘂́𝗲 𝗱𝗮 𝗺𝗮𝗻 𝗱𝗮𝘀 𝗲𝗺𝗽𝗿𝗲𝘀𝗮𝘀 𝗾𝘂𝗲 𝗮𝗽𝗼𝘀𝘁𝗮𝗻 𝗽𝗼𝗹𝗼 𝘁𝗲𝗿𝗿𝗶𝘁𝗼𝗿𝗶𝗼 🤝
Grazas a O Enredo por formar parte da Revolta Irmandiña como patrocinador e por encargarse da barra durante toda a fin de semana. Sen empresas que cren nos proxectos da súa comarca, iniciativas coma esta simplemente non existirían.
E parabéns polo premio ao Mellor Sabor no Pincho Irmandiño! 🏆 Aproveitamos tamén para agradecer aos cinco establecementos que decidiron implicarse nesta iniciativa e demostrar que a hostalaría tamén pode formar parte da Revolta.
03/07/2026
🏁 𝗔 #𝗔𝗥𝗲𝘃𝗼𝗹𝘁𝗮𝟮𝟬𝟮𝟲 𝘀𝗼́ 𝗲́ 𝗽𝗼𝘀𝗶𝗯𝗹𝗲 𝗰𝗼 𝗮𝗽𝗼𝗶𝗼 𝗱𝗲 𝗾𝘂𝗲𝗻 𝗰𝗿𝗲 𝗻𝗼 𝘁𝗲𝗿𝗿𝗶𝘁𝗼𝗿𝗶𝗼 🤝
Grazas un ano máis a Concello Monterrei por volver apostar pola Revolta Irmandiña e permitirnos descubrir, a través do deporte, algúns dos recunchos máis especiais do seu patrimonio, como o Forte da Atalaia e os camiños históricos da contorna 🏃🏰
E un agradecemento especial polo traballo de limpeza e acondicionamento dos camiños, imprescindible para que a carreira poida desenvolverse nas mellores condicións.
02/07/2026
🏁 𝗔 #𝗔𝗥𝗲𝘃𝗼𝗹𝘁𝗮𝟮𝟬𝟮𝟲 𝘀𝗼́ 𝗲́ 𝗽𝗼𝘀𝗶𝗯𝗹𝗲 𝗰𝗼 𝗮𝗽𝗼𝗶𝗼 𝗱𝗲 𝗾𝘂𝗲𝗻 𝗰𝗿𝗲 𝗻𝗼 𝘁𝗲𝗿𝗿𝗶𝘁𝗼𝗿𝗶𝗼 🤝
Grazas un ano máis a Xunta de Galicia por apoiar un proxecto que entende que a Revolta Irmandiña é moito máis ca unha carreira. Durante toda unha fin de semana, deporte, patrimonio e gastronomía únense para amosar todo o que Verín e Monterrei teñen que ofrecer 🏃🏰🍷
Co apoio de Deporte Galego e Turismo de Galicia.
01/07/2026
🏁 𝗔 #𝗔𝗥𝗲𝘃𝗼𝗹𝘁𝗮𝟮𝟬𝟮𝟲 𝘀𝗼́ 𝗲́ 𝗽𝗼𝘀𝗶𝗯𝗹𝗲 𝗰𝗼 𝗮𝗽𝗼𝗶𝗼 𝗱𝗲 𝗾𝘂𝗲𝗻 𝗰𝗿𝗲 𝗻𝗼 𝘁𝗲𝗿𝗿𝗶𝘁𝗼𝗿𝗶𝗼 🤝
Grazas un ano máis ao Concello de Verín por volver apostar polo deporte e pola Revolta Irmandiña! Verín é o noso punto de partida para correr o resto do percorrido coñecendo os camiños que oculta a nosa comarca!
E queremos facer un guiño especial ao persoal de obras, por aturarnos ás voltas co camión para montar os obstáculos!
30/06/2026
🏁 𝗔 #𝗔𝗥𝗲𝘃𝗼𝗹𝘁𝗮𝟮𝟬𝟮𝟲 𝘀𝗼́ 𝗲́ 𝗽𝗼𝘀𝗶𝗯𝗹𝗲 𝗰𝗼 𝗮𝗽𝗼𝗶𝗼 𝗱𝗲 𝗾𝘂𝗲𝗻 𝗰𝗿𝗲 𝗻𝗼 𝘁𝗲𝗿𝗿𝗶𝘁𝗼𝗿𝗶𝗼 🤝
Grazas á Deputación de Ourense por volver apostar por un proxecto que une deporte, patrimonio e promoción da comarca, convertendo Verín e Monterrei nun escaparate para centos de persoas chegadas de Galicia, do resto de España e de Portugal 🏃🏰
O seu apoio vai máis alá desta carreira, facendo posible tamén a Liga Aurum Terrae - , un circuíto provincial que impulsa as carreiras de obstáculos en diferentes puntos da provincia e reforza a colaboración entre eventos deportivos 💪
Seguimos demostrando que a colaboración entre institucións, entidades e empresas é o mellor camiño para facer medrar iniciativas que deixan pegada no territorio.
14/06/2026
⚔️❤️ MOITAS GRAZAS, IRMANDIÑOS
A Revolta Irmandiña 2026 xa forma parte da historia.
Hoxe, 480 irmandiños e irmandiñas aceptaron o desafío e converteron Verín e Monterrei nun escenario de superación, compañeirismo e diversión, facendo posible unha edición que superou as cifras da primeira convocatoria e consolidou o crecemento deste gran evento.
Nada disto sería posible sen o esforzo das persoas que estiveron detrás de cada detalle. Grazas ao noso equipo de traballo, ao voluntariado, ás asociacións colaboradoras, aos propietarios dos terreos, aos establecementos hostaleiros, Protección Civil, Servizos Sanitarios e a todas as persoas que contribuíron a facer posible esta aventura.
O noso agradecemento tamén ás administracións e entidades que apostan por este proxecto: Concello de Verín, Concello de Monterrei, Deputación de Ourense, Xunta de Galicia e Deporte Galego, cuxo apoio resulta fundamental para seguir facendo medrar a Revolta Irmandiña.
Grazas á veciñanza de Verín e Monterrei pola súa comprensión, colaboración e acollida durante toda a fin de semana.
E, por suposto, grazas aos verdadeiros protagonistas: cada participante que correu, saltou, reptou, superou obstáculos e cruzou a meta cun sorriso.
Porque a Revolta Irmandiña non é só unha carreira.
⚔️ 𝗘́ 𝗰𝗼𝗺𝘂𝗻𝗶𝗱𝗮𝗱𝗲.
⚔️ 𝗘́ 𝘁𝗲𝗿𝗿𝗶𝘁𝗼𝗿𝗶𝗼.
⚔️ 𝗘́ 𝗶𝗱𝗲𝗻𝘁𝗶𝗱𝗮𝗱𝗲.
⚔️ 𝗘́ 𝗼𝗿𝗴𝘂𝗹𝗹𝗼.
❤️ Grazas por formar parte da Revolta Irmandiña 2026.
⚔️ Ata o ano que ven!
13/06/2026
Estaremos na Perguiza agardando por vós!
É imprescindible presentar o dni. Se vés recoller o dorsal doutra persoa deberás facilitar unha fotografía do dni de dita persoa.
13/06/2026
🏃🏼♀️ Revisa ben en que tanda debes correr!
Deixámosche por eiquí os horarios de cada unha delas.
Queda pouquísimo para vernos 🥳